Despois de una semana de "reflexión" e de "oración" para o domingo que ven xa temos liga outra vez, e de verdade que xa se botaba de menos, así aproveitamos e ímos a tomar os viñotes. Os nosos xogadores estiveron facendo "exercicios espirituales", e inclusive participaron activamente nas procesións, con un fervor inusitado. Na foto que se acompaña vense algúns deles "cargando" devotamente con un paso, e non escolleron precisamente o máis pequeno, non señor, estos homes comen touciño y teñen agallas e forza, ¡ver para creer!, a ver se se aínda lle quedan folgos para correr o domingo detrás dos xogadores do bergan. Esperemos que sí. ¡Ata o domingo compañeiros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario