XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
lunes, 31 de marzo de 2008
CAIU O LÍDER E NÓS GAÑAMOSLLE AO BERGANTIÑOS 0 -XUVENTUDE 3
Caiu o líder. Era o único equipo invicto nas dúas competicións e caiu na casa ante os oleiros por 2-3. Xa o outro día en Cances estuvo algo froxo, tendo en conta todos os partidos que gañaron, que foron todos menos os dous empates connosco. O novo líder son os nosos veciños de Bértoa. ,Cando empezou esta liga eu xa dixen que estes iban en serio e así é. En canto a nós gañamos en Peisaco (como dín os de alí) a todo un Bergantiños, e por un resultado contundente 0-3. Non vos vou a facer crónica algunha porque eu non asistin ao partido, pero todo parece indicar que as fichaxes de última hora deron un resultado estupendo. Tanto Ricardo como Milito, éste con dous goles no seu estreno, parece que se adaptaron perfectamente ao equipo. A ver se se animan e veñen a partires de agora con máis asiduidade. Os que parece que están contentos coas novas chegadas son os "misteres" que xa teñen novos "motores" e estos non son diesel precisamente. Hai que agradecer a xestión inestimable de "Viliña" nestas dúas fichaxes e a tenacidade do delegado Romero para que se uniran ao noso equipo. Darlle tamén a benvida novamente a VEGA que reapareciu despois da súa grave lesión que o fixo pasar polo quirófano. E eu dende aquí non teño máis que dicirvos, soamente felicitar a todos os que colaboraron no triunfo do domingo e que se queredes mirar as clasifiacións acudide a páxina web do comité. Dexesarlle aos "lisiados" unha pronta recuperación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario