XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 6 de abril de 2008

DERROTA MERECIDA: XUVENTUDE 1 --SAN ROMÁN 3

Una vez máis o Vinculeiro atragantousenos e perdemos merecidamente cos de San Román 1-3. Parece que non damos aprendido a xogar contra este equipo porque sempre non fan o mesmo, dous ou tres faltas ao borde da área chéganlle para gañarnos sen moita dificultade. Se a ese lle engadimos que correron moito máis ca nós, con iso está todo dito. Partido para olvidar, un desastre en todos os aspectos. Non é campo este noso do Vinculeiro para practicar fútbol de pase, aquí todos sabemos que hai que ir ao corpo a corpo, porque pretender controlar o balón e impensable nas condicións en que está o cesped, pero nos xa o sabemos e por iso tiñamos que ter ventaxe sobre os equipos visitantes. En fin, a ver se se van recuperando os lisiados, porque hoxe había polo menos media ducia deles vendo o partido (lástima de foto, iso que tiña a cámara no estadio). Tranquilidade, pero iso sí, sin durmirse, porque estamos todos nun pañuelo. Se queredes ver os resultados e a clasificación pinchade na web do COMITE.

No hay comentarios: