XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 4 de mayo de 2008

CUMPLIMOS O OBXECTIVO: BUÑO 2---XUVENTUDE 2

Cando se inventou este bodrio de liga (non entendo porque non se fixo un só grupo), e digo a título persoal, nadie daba un céntimo porque nós poideramos conservar a categoria, e eu teño que confesar que tamén tiña as miñas dúbidas, e non pola calidade dalgúns dos xogadores, senón porque nas situación comprometidas, a pesares de xogar ben, dábamos a impresión de ser un equipo débil psicológicamente, de feito ainda creo que somos un equipo que recibimos máis goles dos que deberíamos, pero finalmente conseguimos o obxectivo final que era conservar a categoría. Hoxe nun partido que tivemos dominado na primeira parte e que conseguimos ir gañando 0-2, unha vez máis sofrimos esos 10 minutos "tontos" e os oleiros empataronnos. De todos os xeitos quero felicitar a toda a plantilla porque independientemente do posto que logremos creo que fixemos unha gran campaña nesta "champión league", pero aparte do resultado quero felicitar a plantilla por ser unha piña, por ser amigos, colegas, o como queirades chamarlle, se de algo estou orgulloso neste equipo é que despois de terminar o partido todo o mundo, salvo raras excepcións, quedan a compartir un ratiño cos seus compañeiros, e iso non o fan todos os equipos, por iso por ser unha boa xente vale a pena xogar no Xuventude porque é millor ter bos compañeiros que conseguir títulos. ¡Gracias a todos por ser como sodes!

No hay comentarios: