XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 6 de mayo de 2008

¡¡¡¡¡ANTENCIÓN!!!!! O DOMINGO ÚLTIMO PARTIDO DESTA CHAMPION EN CANCES, ASÍ QUE: ¡¡¡¡¡FOTO OFICIAL!!!!!

MIRADE QUE BONITO E O ENTORNO DO NOSO VINCULEIRO STADIUM, LÁSTIMA NON FACELO UN POUQUIÑO MÁS GRANDE.....E SITIO AINO....AINO......E SENÓN BÚSCASE.....
O domingo xogamos o último partido desta liga no noso benquerido VINCULEIRO STADIUM (para o ano que ben non o vai a coñecer ninguén), e como o das fotos xa me dixestes moitas veces que daba mal fario, ata agora non saquei ninguna, pero como nós o obxectivo xa o cumprimos, o domingo "FOTO OFICIAL" DO EQUIPO, e FOTO INDIVIDUAL DE CADA UN DOS XOGADORES, DIRECTIVOS, ADESTRADORES, E SE APUNTA ALGÚN ESPECTADOR TAMEN SAE (total para os que temos) así que procurade ir ben afeitados e peinados, e por suposto duchados, ¡ah! e durmide para non sair cos ollos coma potes, porque eu aínda non aprendin a técnica que usan os nosos colegas de Cabana no seu excelente blog (felicitacións compañeiros da gusto visitalo), así que o que queira sair guapo que non ande por ahí de troula..e a ver se estamos vestidos dez minutos antes do partido para que haxa tempo de sacar o reportaxe como dios manda. Outra cousa, parece que as "cabezas pensantes" deste equipo están a argallar unha "festa-jolgorio" para despedir a tempada, así que xa podemos ir rascando o bolsillo e "poñernos o día" xa sabedes de que falo: "money, money" porque senón vamos ter que ir ao fiado e non están os tempos para iso, ademáis o noso crédito nalgúns sitios e máis ben limitado .......je....je.. . Bueno de todos os xeitos fontes non oficiais ainda me sopraron fai pouco que as arcas do club estan medio cheas, seguro que coa venta dalgún dos xogadores estrela na próxima tempada estarán a reventar (hai varios equipos detrás das nosas "estrelas"), e non vaiades a pensar que isto non vai en serio, por un deles xa me ofreceron a mín só en concepto de comisión: catro xamóns de pata negra, tres caixas de Rivera del Duero, e unha caixa de cigalas das grandes (eu xa aceptei agora se él non firma e problema del), pero é lóxico o tipo fixo unha progresión este ano que deixou perplexos a todos, incluido a él mesmo. Se tendes ofertas.....xa sabedes........hai que informar o club porque as claúsulas de recisión son "top secret" e están pechadas nunha caixa de máxima seguridade nunha entidad bancaria que por suposto non vou a dicir aquí...Ei,..vexo que todo dios vai a celebrar neste fin de tempada, nós tamén podíamos celebrar quedarmos en primeira, así que por non ser menos que os demáis podiamos ir a FONTE DO PICHO que a fonte máis representativa de Cances, hai que falar cos responsables para que lle poñan o andamiaje (para protexela) e na última xornada vamos a celebrar a fonte, só nos falta falar con Antonio para que nos leve no seu histórico Bus-Land-Rover descapotable.....sería a ostia....

No hay comentarios: