XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 11 de mayo de 2008

UNHA MANITA E......MENOS MAL...XUVENTUDE 0 ---- NANTÓN 5

Hoxe o final non se puido quitar a foto porque soamente aparecemos nove xogadores no VINCULEIRO STADIUM, e xogamos oito pola lesión de Ramón, así que os de Nantón golearonnos facilmente. A propósito, este invento-bodrio de liga tan competitiva en veterans fai que a adrenalina a veces nos saía polas orellas, e o normal e que o contrario te machaque se pode, tanto psicologicamente, como físicamente, e se che poden marcar vinte goles non quedan en quince, pois ben, neste deporte, aínda quedan caballeros-deportistas que ven o fútbol de veterans como un pasatempo, un deporte no que todos vamos a gañar, pero que cando o rival polas circunstancias que sexan está diezmado, como nos pasou a nós hoxe, non te machaca, limítase a cumprir coa súa obriga que é a de gañarte, pero sen humillarte. Por iso hoxe O EQUIPO DE NANTÓN E TODOS OS SEUS XOGADORES, E DIGO TODOS SEN EXCEPCIÓN, TIVERON UN COMPORTAMENTO SUPERDEPORTIVO COS NÓS E DENDE ESTE FORO EU PERSOALMENTE, E FÁGOME PORTAVOZ DE TODO O EQUIPO, QUEROOS FELICITAR POR SER UNS AUTÉNTICOS DEPORTISTAS que saben entender isto coma un deporte para divertirse. ¡GRAZAS POLO VOSO COMPORTAMENTO!. Cando saíamos do campo o meu benquerido Romero, o noso super-delegado (¿qué sería de nós sen él?) fíxo unha apreciación que a mín me pasara desapercibida, en todo o tempo que durou o partido non saiu nin un só balón do recinto, cando o normal é que haxa que ir a buscar as leiras colindantes dez ou viente, con iso está todo dito: O Nantón veu a xogar o fútbol, a gañar o partido que era a súa obriga, e dadas a circunstancias puido meternos unha goleada de escándalo se apretaran un pouco, pero só se limitou a xogar e gañar. Porque unha cousa é que che gañen por oito ou dez goles tendo once xogadores cada equipo, e outra cousa é xogar contra o contrario que só ten oito xogadores. Só por xogar con equipos coma este que saben entender o obxectivo desta liga, só por existir un equipo así, vale a pena seguir xogando ao fútbol ainda que teñas os anos que teñas. Polo demáis desexarlle aos resto dos compañeiros unha pronta recuperación e a ver se podemos quitar a foto "oficial" noutra ocasión...e.. que o domingo xuntemos once....... porque para nós non é un partido importante, pero para os de Bértoa sí, e nós non queremos dar lugar a suspicacias, o que teña que gañar que o gañe no campo. Sorte ao Bértoa e ao Zas ..que gañe quen o mereza. Agora vamos a mostravos una fotos nas que algúns dos nosos disfrutan da "sauna" que temos instalada nos vestiarios......ahí estamos na nosa saaaaaallllllsaaaa...je....je.

No hay comentarios: