XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 13 de mayo de 2008

DOMINGO 18 DE MAIO ÚLTIMO PARTIDO: BERTOA -- XUVENTUDE EN PAIOSACO AS 10,30 HORAS

DOMINGO AS 10,30 HORAS PARTIDO CO BÉRTOA EN PAIOSACO. Este foi o comunicado que me fixo o adestrador do Bértoa, así que aínda que teñamos que madrugar un pouquiño máis, compensámolo despois cos callos na feira. Ao parecer os dous que disputan o título non van xogar a mesma hora..... é tampouco algúns involucrados no descenso.......eu sinceramente non entendo nada....de nada..........en fin......"allá cada uno". Nós ao noso...a xogar.....e a disfrutar da feira.... e dos callos, do pulpo.... vamos aproveitar que agora xa se rematou a "champions" e nada de dietas nin caralladas.....Bueno,, ainda falta a copa......e o festorro final que por certo non ten data. A ver se espabilamos "cabezas pensantes" que despois de tanto sofremento ben merecemos un churrascote para celebrar que xogaremos para o ano na elite...así que a poñerse as pilas........porque vexo que o de celebralo NA FONTE DO PICHO non tuvo aceptación....je...je.. Por outra banda o VENRES 16 DE MAIO AS 21,30 HORAS NO CENTRO CIVICO DE MALPICA (ALÍ NO VENTORRILLO ONDE ESTÁN AS ESCOLAS) ASEMBLEA XERAL, co seguinte orde do día: 1ª Apertura de la Asamblea por parte del Comité. 2º Pago de sanciones Liga 3º Información final de la Liga a falta de una jornada 4º Tema de acumulación de tarjetas y otros 5º Estudio y aprobación de los candidatos a organizar la final de Copa 2008 6º Sorteo de Copa. 7º Todos los equipos tienen que estar al corriente de pago antes de empezar la otra liga. 8º Ruego y preguntas.
E como dicía o outro ....."sobre isto non teño máis que dicir"......
Por certo aquí que nadie faga comentarios eh, non sea que vos vaian a quedar os dedos tullidos de tanto escribir. Se é moi fácil, pinchades en comentarios, escribides o que sexa (menos insultos e menosprezos) e senón queredes poñelo nome, inventádeo o poñede anónimo. Joder que aburrimiento......Vou a ter que cerrar o chiringuito ...ou ¿será que e un blog aburrido? Igual teño que cambiar de estilo.....vamos a ter que estudar phothoshop......e .....veña leña o mono..
ULTIMAS NOVAS: No blog do Comité dí que o periodo de inscripción de equipos alárgase ata o 29 de junio......(isto publico para ......xa sabes quén.......así que o novo equipo do "barrio do Hospital" ainda ten tempo de sobra para anotarse). O equipo de investigación desta publicación despois de árduas pesquisas tivo coñecemento de que xa hai CATRO equipos novos dispostos a entrar na liga de fútbol veteran da costa....e non son de moi lonxe...De confirmarse a noticia e despois de alargar o período de inscripción vaia ser difícil que naide perda a categoría na "champions" así que todos tranquilos...

5 comentarios:

CARIOCA dijo...

Tes razón que a xente non se anima nada a teclear. Quitalle a verificación de palabra que aljún sejuro que non escribe por non pasar ese traballo.
Noraboa o Canceslautern pola súa tempada. Vémonos na copa.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Grazas carioca, sorte para o domingo e a ver si nos vemos na copia e tamén na liga o ano que ven. En canto os comentarios "os meus" son moi tímidos......para escribir...porque para outras cousas ¡pa jodelos!, pouquiño a pouco vanse metendo neste mundo cibernético, sei que leen o blog, pero no de escribir ainda non se soltaron. ¡Felicidades polo voso blog! de verdade que da gusto velo ¡menuda imaxinación! A seguir así...e repito sorte o domingo.

Anónimo dijo...

pois si hai que escribir escribimos e o carallo. Viva o Canceslautern, o Cabanarsenal e todos os equipos que teñen blog....xa hai que ter moral e tempo pa andar espenikando a cabeziña nestas cousas. A liga de veteranos está viva!!!! Qué sija moitos anos

Anónimo dijo...

Pois si, administrador, escribimos pouco porque falta carallada coma no do Cabana ou no do Ponteceso antiguamente (volveuse moi serio).
O que si que fai falta é un do Malpica como di o Carioca. Se fai falta eu tamen estudo o fotoxop ese e o carallo.
Tiñan que dar puntos extra polo traballiño que pasades.
Saudos

Anónimo dijo...

abofé que sí. Eu polo menos cajo de risa, e da justo que haxa xente así que mate o tempo en adivertirnos. Se nos damos conta que ese debe ser o fin desta liga, será todo mais doado.
saludos a todos, sorte os que lle faja falta na xornada crucial do domingo e bo sorteo de copa.