XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 7 de diciembre de 2008

¡¡¡POR FIN PRIMEIRA VICTORIA!!!! BERGANTIÑOS 0 -- XUVENTUDE 1

primeiraemptyemptyemptyemptyemptyemptyvictoriaempty
Hoxe para nós é un día grande ¡¡por fin conseguimos a A PRIMEIRA VICTORIA!!. Xa non nos vamos a ir a Segunda División sen saber o que é gañar este ano. Toda a mala sorte que tivemos noutros partidos parece que hoxe virou é  puxose do noso lado. Marcamos  un gol dos chamados "tontos" (vese nunha foto como o balón traspasa a linea de meta ),  despois poidemos matar o partido por dúas veces, pero unha vez máis fallamos. As pantasmas da derrota empezaron a rondarnos e coma sempre, ao non rematar o partido marcando nós,   foron eles os que poideron gañar porque tiveron un penalti a favor que parou o noso porteiro Cuba nunha gran estirada. ¡Lastima que na  foto non se vexa cando mete a man ao balón! . No tramo final tivemos varias contras que non aproveitamos pola ansiedade que nos embarga, e foron novamente eles os que tiveron unha oportunidade de empatarnos, pero un compañeiro (non sei cal)  quitou a pelota debaixo dos paus. Alegrome por todos, polo equipo, por ser unha piña e non rendirse ante a adversidade (hoxe había un montón de xente no banquiño) e porque sen pecar de presuntuosos, non estabamos merecendo uns resultados tan humillantes. Espero que non sexa a última victoria. Vamos recuperando xogadores importantes: Richard, Javier Ferreiro, Joaquin,  e ainda que tamén temos varias baixas: Ramón, Antonio, Garcia, intentaremos facer una segunda volta o máis digna posible....
PARA QUE DISFRUTEDES DESTA PRIMEIRA VICTORIA, QUE ESPERO QUE NON SEXA A ÚLTIMA, DEIXOVOS COAS FOTOS QUE QUITEI. SON TODAS DO DESCANSO E DA SEGUNDA PARTE. A disfrutar porque xa non me acordaba do último partido oficial que gañaramos...Ahi van.....
femptyoemptytemptyoemptys
Para ver todas as fotos:
1.-Pinchade na que vedes.
2.-Saírá o album completo.
3.-Se queredes ver a fotos máis grandes, pinchade en cada unha delas  ou pinchar en: PRESENTACION DE DIAPOSITIVAS, situado no album arriba a izquierda.
PRIMEIRA VICTORIA DA TEMPADA 2008-2009

9 comentarios:

Unknown dijo...

Noraboa pola primeira victoria, xa vexo que si que ides mellorando.
Ademais ganaste un duelo de rivalidade, que aínda gusta máis, jejeje.

POr certo aquí tamos no verán e fai bastante calor, aínda que de vez en cando caen unhas tormentas bastante grandes.

Saúdos

Anónimo dijo...

Así, que por ahí estalas "pasando negras" je..je..je.., con tanto calor eh? pois tes sorte porque aquí esta semana caeron "chuzos de punta": frio, auga, de todo, menos mal que o domingo xogamos as 12 e nin choviu nin fixo frio. E sí por fin.....ganaos un partido, tivemos algo de sorte, pero que vai por outras veces que nos dou a espalda, iso que nos faltou o crak da túa familia. E efectivamente foi un "derbi" e ata parece que sabe millor a victoria....Como xa estamos en segunda cos dous pes a ver se polo menos lle damos a lata aos demáis equipos antes baixa.....O importante é que nos divertimos e onte eran unha foliada deles non banquillo co cal eu xa nin ve cambiei e dediqueime a sacar fotos....por unha vez fotografiei unha victoria. Sauuuudoooos e coidado coa calor

Anónimo dijo...

enhoraboa boa por a vosa primeira victoria,eu alegrome ben polo equipo,sobre todo por algunha xente que ben que o merece,(sobre todo directivos),que ainda que non tea con vos sigovos todo o fin de semana.VILY

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Noraboa polo triunfo, pero sobre todo por ese grupo que formades.

Tamen aproveitamos para desexarvos unhas felices festas a todos os que formades ese XUVENTUDE.

Anónimo dijo...

enhoraboa pola victoria. e agora, a gañalos todos seguidos.

Anónimo dijo...

Gracias, xa sabedes o que se dí: o que, nada ten con pouca cousa se conforma, e para nós despois de catro meses de competición se gañar un partido, é como se gañaramos a Liga, a Champións e a Intercontinental, todo xunto. A ver se nos acostumbramos a partir de agora e imos ser o equipo revelación na segunda volta. jajaja..O importante é que polo menos vamor catorce ou quince aos partidos, e iso, cos resultados que acadamos xa é de nota......
Ah! e a tí Vily está ben que nos sigas e que te alegres das victorias, pero tamén estaría ben que cando poidas te vestiras de corto para darlle unhas patadillas ao balón e disfrutaras ti tamén das victorias, xa ata agora solo che tocou sufrir nas derrotas. Xa sabes o que tes que facer...non?

CARIOCA dijo...

Noraboa, a salvación está a 8 puntiños, dous partidos e pico.....cousas peores se viron no futebol...

Anónimo dijo...

Gracias, A OITO PUNTOS? Iso se os outros non gañan.....esa é un batalla que xa dimos por perdida fai dúas ou tres semanas, pero nós vamos a intentar seguir insistindo a ver se polo menos facemos máis de dez puntos....O barco xa está afundido desde fai varias xornada, só no queda disfrutar desta "champions" así que po ano que ven algúns non vades poder visitar o Vinculeiro Stadium....je.je.....

txpngz dijo...

Sí señor, a primeira victoria nun derbi ainda gusta máis. Esperemos que esta sexa a primeira dun carro delas que tedes encargado para a segunda volta. A salvación é posible!!