XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 5 de julio de 2009

UN DIA TRISTE E LUCTUOSO

Hoxe é un día moi....moi....triste para todos nós.
 O benquerido compañeiro e amigo JOSE 
LUIS finou esta noite do sábado. Dende aquí 
o noso máis sentido pésame a toda a familia. 
Sempre te lembraremos e te levaremos no 
noso corazón. 
D.E.P.

7 comentarios:

Manolo Trigo dijo...

Rematou de andar o amigo José Luis García Facal, FACAL DE CANCES, de Bergantiños.Sempre exerceu de home de Cances, de home de fútbol, e, sobretodo de boa persoa... Os camiños que andamos significan as canles, as veas, as artérias polas que corre e polas que pasa e vén a vida. Un deses camiños tiven a sorte de camiñalo contigo case que corenta anos máis tarde de haber tido o privilexio de facelo, algunha que outra vez, con Plácido, teu pai, cando nos acompañaba a Esteiro de Muros ao Americano, Manolo de Casal,Luís de Casal... Foron tempos magníficos que despois tiven a sorte de repetir convosco e cos compañeiros de Cances, cos que temos experimentado como ninguén esa afección e devoción polo fútbol que tantas xornadas de ledicia nos ten deparado. Benvido, Facaliño, xa que nunca te irás, a este camiño, que, partindo daquel pasado, é a artéria do futuro, unha das principalísimas xustificacións do noso existir. Ata sempre, amigo.

Rafa. Cabana Veteranos. dijo...

Desde Cabana un fortísimo abrazo para todos vós e para a súa familia. Por cousas do traballo, tuven a sorte de tratalo de cerca. Un gran tipo, amable e conciliador. No campo era ese que cando saltaba unha chispa collía o xerro de auja para enfriala. Que descanse en paz.

Unknown dijo...

Hola
Desde aquí abaixo un forte abrazo para todos e moitos ánimos.

jesus villar dijo...

Quero expresar o meu mais sentido pesame, para a familia de Jose Luis, e tamen quero darlle un fortisimo abrazo a cada xogador e diretivos do xuventude de cances.
moitos animos amigos.

Anónimo dijo...

Facal era dos auténticos. Sinto moitísimo. Ánimo a familia e os compañeiros de Cances. Descanse en paz.

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

O noso mais sincero pésame para toda a sua familia e os seus compañeiros.
Unhas cantas veces veu entrenar con nos o Pinguel, un gran amigo, amigo de todos e sobre todo un cabaleiro no campo.

"Facal de Cances"
D.E.P.

edu dijo...

Dende Nanton queremos mandar o noso mais sentido pesame a familia e aos amigos e compañeiros de Cances .