XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 24 de agosto de 2009

A REUNIÓN DE MALPICA

Hoxe celebrouse a reunión dos equipos participantes na liga 2009/10.
Inscribironse catro equipos novos: AT. MILAGROSA de Carballo, AGUALADA de Coristanco, CERQUEDA de Malpica e CASTRIZ de Santa Comba. Como consecuencia de iso o noso equipo quedará en Primeira División, que estará
formada por 14 equipos, os 12 da pasada tempada máis os dous que ascenderon: Club de Mar e Vimianzo. A Segunda División estará formada por 13 equipos, na que se incorporarán os 4 novos.
A Liga se non o entendín mal comenzará o 20 de Setembro, e no primeiro partido tócanos xogar contra o Cabana no campo deles, pero falta que o Comité o confirme. Unha das grandes novidades de esta Asemblea foi a presenza por primeira vez de una Delegada, a que representa ao At. Milagrosa: Carmen Vila,
benvida querida compañeira a estas labouras e vamos a ver se cunde o exemplo e se van incorporando novas directivas.
O torneo de copa xogarase cando remate a liga que está previsto que sexa para finales de Marzo. O formato decidirase nunha nova Asemblea.
No que respecta aos demáis
puntos do día o máis significativo é que a cuota de inscripción e a mesma ca do ano pasado: 200 euros, e a tarifa
arbitral tamén será a mesma: 50 euros por partido. Con respecto as sancións tamén se manteñen.
A esta reunión case que acudiron todos os equipos que van a forma parte da liga como se pode apreciar por esta fotografía.
No apartado de rogos e preguntas case que non houbo nada que destacar, salvo dicir que foi unha das reunións máis
tranquilas nas que eu participei, polo que todos debemos de felicitarnos.

2 comentarios:

M@rko dijo...

Todo moi ben, pero no da liga a data de comenzo é o día 20 de setembro.

Un saudo.

xuventude dijo...

Tes razón Marko. Gracias por avisarme. Saudos desde Cances