Victoria por 3-2 ante o Corcubión. Partido moi difícil (coma case que todos os que nos esperan sobre todo en Cances) no que remontamos por dúas veces. Comenzou marcando o Corcubión 0-1. Empatou Suso 1-1 e con ese resultado fómonos ao descanso. Mediada a segunda parte adiantouse novamente o Corcubión 1-2 e empatou Alberto dous minutos despois. É de significar que por fín marcamos a balón parado ¡xa era hora!. Cando faltaban cinco minutos démoslle a volta ao marcador novamente a balón parado, falta que sacaou Moi cara o vértice dereito da área do Corcubión, Bernardo de cabeza metiuna cara o centro e Isidro que debutaba na liga marcou a pracer. Tres goles dos cales dous os marcaron os defensas. Parece que pouco a pouco vamos asimilando o sistema do novo míster. Calquera dos dous equipos tivo opción para levarse a victoria pois houbo oportunidades nas dúas áreas. Tres puntiños para a buchaca que dado os resultados que se deron nos outros partidos fai que esteamos empatados a puntos cos de arriba. O novos fichaxes cada vez están máis integrados.....só lles falta pasar a proba do churrasco......jejejejejeje, pero paréceme que dentro de pouco xa podrán demostrar a súa habilidade diante dun prato....jejejejejeje. O importante é ir sumando.
Agora déixovos con unhas fotiños que saquei durante o partido, xa que ese é no novo cometido que me diron os mandamais do club, antes "corría" (bueno iso é un dicir) pola banda detrás de pelota, agora corro para sacar fotos. O importante é facer deporte dunha forma ou de outra..
Xa sabedes para poder ollalas pinchade e volvede a pinchar.
2 comentarios:
Noraboa!!! De todas formas tiñamos ó noso porteiro un pouco durmido. Firmado: un de corcubión.
Gracias, pero o partido pudo caer de un lado ou de outro, tivemos ocasións ambos....esta vez a sorte decantouse do noso lado..despois de catro ou cinco derrotas consecutiva con vós. Sorte e saúdos desde Cances
Publicar un comentario