Tocou madrugar e ás 10 comenzamos nas Eiroas. Boa primeira parte do equipo que nos 20 primeiros minutos chegou con prerigro, sobre todo dúas ocasións de Vega, una delas quitadas moi ben polo porteiro do San Román. Ao final da primerira parte sobre o minuto 40 adelantamonos no marcador por medio de Suso. Roubo de balón pase en profundidade e Suso definiu moi ben. Fomos ao descanso con boas expectativas.
Na segunda parte as cousas cambiaron radicalmente, eles van sempre a gañar, meteron xente arriba, empuxaron, presionaron, e acorralarónos no noso campo, aínda así e todo non tiveron ninguna ocasión clara de gol: tiros desde fora da área, presión....pero nada máis. Pola nosa parte bastante fixemos con capear o temporal e non creamos perigro ningún, polo menos ata o minuto 34 no que novamente Suso buscou a portería contraria.., pero o San Román e moito San Román, teñen fé neles, e a base de forza, de insistir e insistir, conseguiron empatar cando faltaban 8 minutos para o final, nunha xogada absurda con centro-chut incluido que entrou na portería.
A partires de aquí, como nos sucede moitas veces, transformámonos cando deberíamos ter a mente fría, pensar contra quen xogabamos e que un empate non era mal resultado, pero en dous erros clamorosos o San Román rematounos,. Demasiado premio para o que se viu no campo. Só un equipo grande gaña estes partidos tan axustados, porque saben estar e pelear e nós facemos o que podemos, pero o equipo noso por veces baise a outra galaxia e non parece estar no campo.
En definitiva, nova derrota e xa van dúas seguidas, e o próximo domingo o Bergantiños en Paiosaco. Debemos de ter pacencia porque o noso obxectivo que é o de permanecer un ano máis na elite, case está a punto de cumplirse. Estes tres partidos que temos seguidos : San Román (hoxe), Bergantiños (o domingo), e Nantón (o siguiente domingo) non son a nosa liga, son eles os que teñen que matarse entre eles e nós a dar a sorpresa se podemos, . Hoxe non fomos capaces, sobraronnos 10 minutos de partido, pero tampouco nos pasaron por enriba, aínda que para competir con esta clase de equipos fáltanos media marcha máis e sobre todo fé en nós mesmos.
Antes finalizar quero felicitar sinceramente ao árbitro do partido: RAMA. Para mín fixo un perfecto arbitraxe: 10 sobre 10. "Al César lo que es del César .........". E felicito tamén aos xogadores de ambos equipos que aínda que loitaron con bravura e pundonor apenas houbo xogadas violentas nin protestas, así teñen que ser os partidos de veteranos.
AQUÍ TEDES UNHAS FOTIÑOS DA DERROTA CONTRA O SAN ROMÁN: