XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 30 de marzo de 2010

COPA: DIA 11 DE ABRIL, CORCUBIÓN -- XUVENTUDE

Onte ás 21,30 horas con unha puntualidade case que británica comenzamos a asemblea. Depois de pasar relixioxamente a pagar as sancións empezamos a desenrolar os seguintes puntos da orde do día. Unha vez máis, e é de agradecer, todo foi coma un tiro, decisións rápidas. A copa a "caida", e dicir, a verdadeira copa, partido de ida e volta con valor dobre dos goles en caso de empate. O primeiro partido é o día 11 e a final será en Castriz, equipo que se prestou a organizar a final o día 6 de Xuño. Que teñan sorte coa organización. A nós tócanos xogar o día 11 en Corcubión e o partido de volta será o 18. A esquerda, podedes ver o que deparou o sorteo de daceseisavos de final do que quedaron exentos cinco equipos para octavos. A dereita podedes ver as estatísticas que nos entregou a Asociación, na que constan as tarxetas, goles, etc, de cada xogador. Para poder velas millor pinchade nelas. Finalmente vamos a deixarvos, como case sempre unha reportaxe gráfica da asemblea de onte, na que houbo unha participación case do 100 por 100, isto parece millorar. ¡¡viva o fútbol de veteranos!!
ASAMBLEA 29-03-10

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que morto está isto non?