XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 22 de marzo de 2010

DOBLE XORNADA: VIERNES E DOMINGO: DÚAS VICTORIAS

Como se dí por estos lares está todo o pescado vendido,.Coa excepción de saber quen será o campión, todo o demáis xa está arranxado. Os dous últimos clasificados son o Club de Mar e o Buño, e só falta saber quen será o gañador desta liga que se convertiu nun "duólogo" entre o Bergantiños e o San Román. A última xornada decidirá quen é o campión. Os demais só nos estamos a xogar pachangas, e nótase nos marcadores abultados producto da relaxación xeral dos equipos que non se xogan nada. A nós tocounos xogar venres contra o Vimianzo 8-4 e domingo contra o Club do Mar 1-4. Son os inconvenientes de ter partidos aprazados, e así algúns dos nosos xogadores case se converten en xogadores da "Premier League" e xogaron moitos deles tres partidos en tres días. Non estaría demais ter en consideración o de deixar unha xornada tanto na primeira coma na segunda volta para solventar estos partidos, ou como fan noutras ligas: xogar a copa o último domingo de cada mes, co cal se quedas eliminado tes un fin de semán libre. As donas seguro que o agradecerían, pero eso terá que ser decidido na asemblea, e son os delegados os que teñen a palabra. Vamos a ver cal é o formato que se acorda para xogar a copa. Espero que non sexa o fiasco do ano pasado, e que se volte a "copa de verdade" con eliminatorias a caida, porque senón esto vaise eternizar. Antes de nada felicitar ao Castriz que xa é equipo de primeira, queda pendiente a segunda praza, e a esperar a resolución do campionato en primeira no que un empate chegarialle o Bergantiños para proclamarse campión. Acabo de leer o primeiro comentario e doulle as grazas ao seu autor, porque efectivamente o At. Milagrosa tamén conseguiu o ascenso de categoria, felicidades, en especial a súa Presidenta Carmen Vila, conseguíchelo a primeira querida compañeira.¡¡Felicidades!! Agora unhas fotiños dos partidos do venres e domingo.
XUVENTUDE-VIMIANZO 19-03-10
FOTOS
CLUB DE MAR 1- XUVENTUDE 4, 21-03-10
DO DOMINGO:

12 comentarios:

Anónimo dijo...

o Milagrosa tamén xa é de primeira non?...salvo que o Coristanco faga 5 puntos no ultimo partido...todo pode ser

Anónimo dijo...

Que ganas de criticar eh
Logo non pode gañar o Coristanco e que por calquera razon lle quiten 3 puntos o Milagrosa?
Pero o caso e criticar!

xuventudecances dijo...

Gracias pola información non me decatei de que só faltaba unha xornada e o At. Milagrosa xa é matemáticamente equipo de primera división.

Anónimo dijo...

bueenoo...foi por axudar non por criticar. A capacidade periodística deste blog está fora de toda duda.
Aproveito xa para darvos a noraboa pola campaña.

susoxxl dijo...

Noraboa a todos polo resultados do venres e domingo ,penso que fixemos uha gran campaña .Tuvemos uha diretiva buenisima, un adestrador con moita personalidade e uns xogadores e personas cojonudas.
Estou muy orgulloso de pertenecer a este grupo do Xuventude de Cances.
Saudos a todos.

Anónimo? dijo...

XXL,na "súa liña"...

Mª Carmen Vila Blanco dijo...

Gracias. Sindo eres un crack. Un bico. Estamos moi contentos pero aínda non temos renunciado ó campeonato. Aínda nos queda este Domingo. Pode haber algunha sorpresa, se cadra somos campeóns e todo. Un saudo do Atlético Milagrosa e vémonos na próxima temporada en primeira, aínda que nos quéda a Copa e vamos a polos grandes. Un saudo. Ciao.

Un aficionado dijo...

Noraboa o cances pola campaña tan boa que fixo, de acabar ultimo o ano pasado a estar entre os mellores este ano.
Tedes unha mezcla de forza e calidade moi boa e xogades bastante ben o futbol, quizais para estar peleando polo titulo faltavos ese plus dun goleador porque chegades moito pero tamen fallades moito.
Animo pa o ano que ven e haber se estades ahi outra vez ou incluso peleando o titulo.

Anónimo dijo...

Tende coidado os de cances pa o ano que ven que seguro que vos van tocar algun xogador...
Con iso de que moitos non son de ahi....

Anónimo dijo...

Noraboa pola campaña que fixestes,tendes un vo equipo as novas incorporacios deron moi vos resultados.
Espero que os salga moi ben a copa.

Anónimo dijo...

Noraboa pola campaña que fixestes,tendes un vo equipo as novas incorporacios deron moi vos resultados.
Espero que os salga moi ben a copa.

Chilín dijo...

Noraboa o Xuventude do Cances pola excelente campaña que fixéstedes. Desexo que continuedes nesta línea no torneo da copa. Aproveito pra felicitar ó Castríz e o Milagrosa polo seu ascenso a primeira. Vemonos para o ano.