XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

sábado, 27 de marzo de 2010

ULTIMO PARTIDO DE LIGA: XUVENTUDE -- ZAS, AS 11,00 NO VINCULEIRO STADIUM

Esto está acabando. Coa excepción de quen van a ser os campións de ambas ligas, que non é pouco, todo o demáis xa está decidido. Sorte para os catro equipos implicados. Pola nosa parte tócanos xogar o último partido en Cances a hora de sempre, as 11:00, contra o Zas, se conseguimos os tres puntos, conservaríamos a cuarta posición, e senón seriamos quintos, o mesmo resultado que conseguimos o primeiro ano que se desdoblaron as duas ligas, o cal no está mal. A tempada para nós foi fantástica, sobre todo despois da nefasta campaña que fixemos o ano pasado. A incorporación de novos xogadores fixo que o equipo se fixera más compacto e máis forte. O adestrador tamén creo que ten algo que ver nesto. O ano pasado, e os anteriores, fomos un equipo ao que se lle facían goles con facilidade, pero este ano, con excepción das últimas pachangas, conseguimos estar entre os cinco equipos menos batidos. Noraaboa a todos os xogadores, entrenador e delegado, polo seu esforzo e por estar ahí domingo tras domingo. Vémonos mañán en Cances ás 11:00, e acordarse que hai cambio horario, así levantarse pola hora nova.........

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tendes avantaxe de que saberedes o resultado do partido de Cabana - Nanton xa que se xoga o sabado as 6 da tarde , de todas as formas noraboa pola campaña que fixestes.

xuventudecances dijo...

Ah, eso está ben, pero un posto máis arriba o máis abaixo da igual, o obxectivo da tempada xa está cumprido. Gracias pola información