XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 3 de mayo de 2010

DIA 5 DE XUÑO AS 18,00: MEMORIAL A JOSE-LUIS GARCIA "FACAL"

O próximo día 5 de Xuño, sábado, ás 18,00 horas, vaise celebrar o MEMORIAL adicado a José-Luis García FACAL, a tal fin os integrantes desta Asociación (os de fútbol e os da chave) estamos a levar a cabo diversas reunións para preparar este evento. Os actos comenzarán no Vinculeiro onde temos previsto xogar un partido de fútbol entre os xogadores do Xuventude, non só os actuais, senón todos aqueles que xogaron neste equipo e queiran participar, e como equipo contrario pensamos en facer una especie de "Selección" de xogadores Veteranos que participen nesta Liga da Costa, que se encargará de confeccionar o amigo JORGE CALABANDA. Desde este foro agradecemos de antemán a colaboración de todos os que queiran participar neste acontecemento. Estamos pendientes de programar os actos do equipo da Chave ao que Facal tantas tardes dos sábados lle dedicou. Despois de terminados os actos no Vinculeiro, trasladarémonos a Cances da Vila, concretamente ao lugar donde se está a contruir o Centro Social, xunto ás Escolas. Alí nunha carpa continuaremos cos actos de homenaxe ao noso querido amigo FACAL. Pasaremos unhas diapositivas nas que intentaremos facer un percorrido pola vida fútbolistica do homenaxeado e uns penquenos vídeos del practicando o seu deporte favorito. Finalmente os asistentes poderán disfrutar de uns pinchos antes de finalizar o acto. Desde aquí agradecerlle de maneira significativa a colaboración inestimable dos amigos da ASOCIACIÓN SAN CAMPIO DE CANCES, que nos están axudando a organizar todo esto, aproveitando a súa experiencia, e tamén a súa infraestructura, xa que eles nos prestarán a carpa, os equipos de sonido e audiovisuales. ¡Gracias amigos! Finalmente, aínda que tarde, déixovos unas fotos do último partido xogado, o partido de volta da copa que gañamos ao Corcubión por 3-1, pero que non nos permitiu pasar a eliminatoria.
Xuventude 3 --Corcubión 1

3 comentarios:

O Bardo de Varcia dijo...

Sindo,xa teño iso feito.

O Bardo de Varcia dijo...

Xa vai un ano fóra desde o pasamento de José Luis García Facal,amigo dos amigos,pilar importante dese monumento que representa a amizade..Se souberamos cando e onde volveremos encontrarnos outra vez,esta nova despedida sería máis lixeira.
Un millón de palabras non poden facer que volvas.Sabémolo porque o intentamos.Tampouco un millón de bágoas,porque tamén choramos.
É posible que o que máis magoe,máis que dicirche adeus,sexa non haber tido a ocasión de despedirnos xa daquela.
As nosas lembranzas durarán toda unha vida.Gardamos as mellores,claro.Soñar como se estiveras aquí,coma sempre.
Os recordos constrúen un camiño que chega ata o corazón e logran que sempre os sinta un moi preto,anque,na realidade,estean moi lonxe un do outro.
Nunca digo adeus a ninguén.Nunca deixo que as persoas máis próximas se vaian.Lévoas á par de min,ata onde eu chegue.
Tardamos menos dun minuto en dicir hola,pero tardamos toda unha vida en dicir adeus.Hoxe dicímosche adeus,unha vez máis,para toda a vida,pero,toda a vida,seguiremos pensando en Ti.
Ata sempre.amigo.Manolo Trigo.

CALPITAS dijo...

Fai tempo que non leo un comentario que me puxera a pel de galiña coma este que escribio O BARDO DE VARCIA, seguro que dende o ceo estacho a agradecer, pois vexo que lle tiñas moito afecto.Siempre e bo que haxa xente que demostre os seos sentimentos hacia as persoas queridas.Oxala haxa alguen que escriba cousas tan boas de cada un de nos cando esteamos noutro mundo, boas noites.