XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 30 de mayo de 2011

OUTRO REPASO MERECIDO EN PAIOSACO: BERGANTIÑOS 6 -- XUVENTUDE 1

Antes de rematar as crónicas da tempada vou FELICITAR AO BERGANTIÑOS polo ben que nos gañou nesta eliminatoria. Mereceron pasar, son mellores e ante iso non temos nada que facer, salvo intentalo para outro ano e con outros argumentos. NORABOA.
Tamén quero FELICITAR ao AT. MILAGROSA pola brillante campaña realizada na copa. Noraboa e sorte
A eliminatoria xa se decidira o domingo pasado en Cances, pero de todos os xeitos intentámolo. O mister decidiu arriscar e saimos o campo con 3 defensas: Pedro, Alberto e Moi, dous medios: Isidro axudando a defensa e Joaquín intentando organizar,  Pallín de media punta e nas bandas Bernardo e Roberto, arriba Manolo Sorribas e Vega. Presionamos ata quedar sin alento, e incluso xogamos  certo tempo no campo deles. A defensa adelantada case que no centro do campo supuxo que eles incurriran unha e outra,e outra vez en fora de xogo,  pola contra ao asumir riscos tamen chegaron un par de veces con facilidade diante de Chuspo. Nunha fallaron un gol cantado que pegou no largueiro. Así  aguantamos ata o minuto 35 máis ou menos. Aquí xa morreu o conto. O trencilla desde o circulo central estimou que Chuspo lle fixera penalti a Ambrosio,  pitouno e enseñoulle a tarxeta o noso porteiro. Marcou Victor o 1-0. Non tuvo o mesmo criterio cando Isidro, unha vez máis, foi derribado na área deles.
O final desta primeira parte o mister puxo a catro defensa e reaxustou o equipo. O cansancio xa empezaba a facer mella nalgúns xogadores, e o gol acabou de matarnos.
Na segunda parte pintamos o ridículo. Empezamos coa caraja habitual deses 15 minutos que non sabemos nin onde estamos. Máis que un equipo fomos unha banda, cada un xogou a seu aire, donde quixo e como quixo, bueno o de xogar e por dicir algo. O segundo gol cainos nunha perdida de balón no campo deles, atrás quedaron solo Suxo e Alberto, e como eles non son tontos colliu a pelota  Victor foise por patas e 2-0. A partir de aquí o único que fixemos foi divertir aos contrarios. No banquillo deles xa estaban os pesos pesados, Chilin, Pea, Alexo..todo dios o pasou en grande, xogadores, directivos, aficionados, todos, a superioridade era tan manifiesta que nós por corriamos coma polos sen cabeza detrás deles. Poideron meternos 10 goles sin despeinarse, era tal a facilidade que lles demos que incluve un xogador deles nos metiu dous "pases de peito" sen tocar a pelota. Cando eu me tuven que marchar do campo ibamos perdendo 6-0. O resultado fina foi 6-1. Desde logo os contrarios non sufriron moito para golearnos porque por non meter nin metemos o pé, se algún contrario se lesionou foi porque resbalou e caiu. Sintoo por Chuspo, para min quizas o millor porteiro da liga, porque debiu de desesperarse vendo como as hordas do Bergantiños chegaban ante él sin que nadie o impedira. Pero nós somos así todo bondade.
Pitou Gerardo, asistido nas bandas de José-Antonio e Juan. Sen comentarios porque de onde non hai non se pode quitar. 
Esta non era a imaxen coa que debiamos despedir esta tempada pero o fútbol é así, de todos os xeitos gracias a todos os xogadores polo esforzo realizado, e tamén polos resultados acadados, foi un ano moi bó....si señor.
TAL E COMO PROMETIU O PRESIDENTE O 18 DE XUÑO TEREMOS A CEA-BAILE NO CENTRO SOCIAL DE CANCES. NUN PRIMEIRO AVANCE CONTAMOS CON TODOS OS XOGADORES, DIRECTIVOS, COLABORADORES, e algo moi importante, esto tamén inclue AS MULLERES, NOIVO/A, ETC, ECT.. HABERA QUE CONFIRMAR A ASISTENCIA E DICIR CANTOS VEÑEN, PARA PODER FACER A CEA. O MENÚ NON O SEI.
TAMÉN PODERA ASISTIR XENTE QUE NON ESTEA VINCULADA A ASOCIACIÓN, PREVIO PAGO DE 12 EUROS. Seguirei informando.
Agora coma sempre unhas fotiños para recordar:

BERGANTIÑOS 6 - XUVENTUDE 1

27 comentarios:

suso xxl dijo...

Quero darlle a noraboa a todos os compañeiros do Xuventude, pola boa tempada que fixemos,ahora a disfrutar do bo tempo, das vacacions e da familia.
SAUDOS

xogador do Bergantiños dijo...

PA SINDO:Solo quero felicitaros por estar ahí ata o final,tanto na liga como na copa,non se vos poden quitar méritos,nin de coña.Noraboa por todo eso,e por ser un equipo limpo,que anque ti digas que non levamos patadas dos vosos,eso e de agradecer,creo que pa xogar o futbol non se precisa lesionar a nadie,e vos de feito non sodes dos que arreades,por eso vos felicito,De todolos xeitos sempre hai xogadas fortuitas e detalles que deciden os encontros,(refirome o penalty de Chuspo),pero anque non sexa penalty,creo que no global da eliminatoria fomos un pouco superiores,de todas maneiras esto xa tarda en rematar,o que mais e o que menos está deseando parar e tomar un relax.Ahora a ver se non o estropeamos na final,costounos moito chegar ata aqui,e eso merece gañala,pero.....o Milagrosa irá coa misma idea,(ser o campeón),eso queda claro,jejeje.Saudos e noraboa pola temporada,Sindo

Sindo dijo...

Sorte para os dous equipos e que gañe o que o mereza. O At. Milagrosa xa pasou unha liga jodida e polo menos ten a recompesa de poder xogar unha final. Repito sorte para os dous e noraboa a ambos.

Anónimo dijo...

At milagrosa na final?...algo falla neste conto

Seguidorciño dijo...

XXL eres o máximo:disfrutade do bo tempo,das vacacións e da FAMILIA.Acojonante!

Un de cances dijo...

Sindo pareceme moi mala cronica pa rematar a temporada pola tua parte tamen, moi desafortunada....
Durante toda a temporada a minima que o equipo non estivo ben non dudaches nunca en meter caña a esta xente que se merece un monumento.
Pareceme que tedes moi mala memoria e vos estades a acostumbrar bastante mal.
Terceiros na liga e semifinalistas da copa, eso volo din fai dous ou tres anos e algun diria que toleachedes.....
O bergantiños e o San Roman teñen mellor equipo que vos e se me apuras tanto Nanton, Corcubion, Bertoa, ponteceso ou Zas non teñen nada que envidiarvos e ainda asi quitando os dous mellores conseguistes quedar por encima deles.
E che vou dicir outra cousa, nesta vida hay que ser realista, e como exemplo este ultimo partido....
Manolo sorribas de diantiero, no bergan Victor e Roberto ou sexa igualiño, na defensa na segunda parte o mister deixa a Suso de ultimo contra xente coma a nombrada antes e Alberto e moises non hay que estar moi cego pa saber que levan xa varios partidos xogando tocaos...
Pa mais xente coma pallin, joaquin, Vega e algun mais xa fai tempo que se lles fixo largo esto....
Amigo Sindo os sorribas, susos, pedros, javieres, garcias, etc... habia que facerlles un momunento porque saen a un campo de futbol a competir con xente coma victor, roberto, nicanor, ambrosio, molk, joaquin, pea...
De que carallo estades a falar.
O bergan, San Roman ou Nanton fan plantillas pa gañar non pa pasalo ben e vos con outra xente e outra filosofia estades ahi...
Pa o ano os demais van fichar xente pa mellorar, e vos?
O verdadeiro triunfador este ano chamase Xuventude de Bergantiños e pa min o CANCES...
Disfrutade e valorade o que tendes que pareceme a min que cando se vaian seis ou sete que tendes por ahi estaredes a falar doutras cousas....

Curioso dijo...

moi interesante eso dos pases de peito sin tocar o balon gostariame si non tes inconvinte que o explicases si e posible explicalo

un amigo dijo...

Quero darlle un dez o amigo que se fai chamar UN DE CANCES.

un de buño dijo...

e eu un Once. Se todos pensaran coma ti esta liga iba ser outra cousa. A filosofia do bergan, do nanton e do san roman que a metan polo cu (con perdon). Os titulos a estas alturas sobran...para min ten merito ver equipos coma o CAnces ou o Malpica con xentes de corenta tantos e cincuenta tantos anos dando o callo (e os callos) todos os domingos. chapó.

pallin dijo...

Hola a todos, eu queria darlle a noraboa a toda a plantilla do xuventude, que fixemos unha gran tempada, 3º na liga e semifinais de copa contra o millor equipo da liga eu penso que non esta mal, e si contaramos ata o final con xogadores coma susito gary ou ivan que levan tempo de baixa ainda dariamos mais guerra, pero eu penso que pa o ano xa firmamos o desta tempada.
Tamen felicitar o Bergantiños que ten un equipazo e penso que non vai ter problemas pa facer o doblete.
E veña animadevos que o xuventude xoga pra pasalo ben, que xogando todos mira ata donde chegamos e non houbo ningun problema e dimos guerra ata final, eu penso que poucas criticas se poden sacar pero bueno.....Un abrazo a todos e
AUPA XUVENTUDE.

SINDO dijo...

Non teño por costume de meterme en "guerras" cos comentarios que se fan. Se a tí non che gusta a crónica que fixen, respeto a túa opinión, pero a mín non me gusta que o equipo para o que traballo perda por goleada e sea humillado solamente por non ter orden no campo. Non sei como entendes tí o fútbol seguramente serás dos que pensas que solamente correndo para diante, cara a porteria contraria, se pasa ben xogando o fútbol. Eu non son desa oponión o fútbol tamén se pode pasar ben sen marchar 8 xogadores cara a porteria contraria deixando a súa a merced dos contrarios. Desde que crei este blog sempre fixen unha crónica dos partidos en que nos golearon no mesmo sentido, porque case sempre nos golearon, ou ben por falta de xogadores ou ben por estar mal posicionados no campo. Jodiame cando era xogadores e agora tamén me jode como espectador. Finalmente vouche a dicir que non debes de leer o blog moi a miudo, porque as gracias aos xogadores xan llelas dín en infinitas ocasións, e non só este ano que foran as cousas ben, senon tamén cando as cousas foron mal e descendemos. AH! e para zanjar a cuestión quero dicir que non solamente fomos triunfadores este ano polos resultados que se acadaron, levamos sendo triunfadores desde que se formou o equipo por outros motivos que nada teñen que ver cos triunfos, pero sí teñen que ver coas persoas. Esé é o verdadeiro triunfo e o título máis preciado.

SINDO dijo...

Por certo o anterior e como contestación a UN DE CANCES que sei seguro que non é de Cances.

xogador dijo...

PA UN DE BUÑO:Xa tardaban os maleducados coma ti,eso que estabamos moi ben sin xente asi,espero que solo seas ti,o final haste fartar de que te ignoremos.
¿Sabes ti algo de filisofía?Dudo moito,ti solo sabes de vacas e leiras,respetando moito mais os labradores,jejeje.
Nesta liga pelexan todos por ser os campeóns,o que cambia e a idea e as ganas que pon cada un,e tamen a xente que xuntan pa poder gañar,(e sin pagar),non flipes.Nos tamen temos xente cun lote de anos,un par deles de 52 aniños,casi nada neno,e de 40 moitos un lote deles,e coma nos outro tanto os que nombraches,a ver se solo pasan os anos pos que ti dís.
Que eres de Buño xa mo parecía,de barro vexo que tes tamen as ideas.
Non e preciso que me contestes,pois seguro que vou pasar de ti e dos teus comentarios,e se che contestase......mellor seria que te sentases pa ler o que poño,anque seguro que o sacarían da paxina,(eu faríao).Saudos pos que non son coma ti,osea.....o resto dos seguidores do blog.

Carballes dijo...

Pa un que di que e de Cances.¿Ti ves a edad da xente do Bergantiños?,a maioria pasa dos 40,¿cando falas de que fan equipo pa gañar a que te refires? que teñen mais ganas,o San Roman igual a xente que mais rinde pasa dos 40 anos.Equipos que teñen xente caso toda de pouco mais de 30 e na rascan,e xa sei que me vas decir que esta xente xogou a un nivel moi alto,blablabla.....un tio de 30 anos a un de 45 ten que queimalo..se quere...O Nanton por plantilla posiblemente sexa o mellor equipo e ten xente xoven,pero.......e claro que e moi bonito xogar os domingos pola mañan e todo eso,pero se non ganas a xente pasa de ir a xogar todo son problemas.

Curioso dijo...

pois voume quedar sin saber como se pasa un balon co peito sin tocalo.....haber si hay sorte

rojo e do bergan dijo...

bueno o Bergan ten que rematar a faena. Eu espero que asi sexa... posto que a pesar de todolos pesares o final sempre estan ahi, hoxe por hoxe practicamente son imbatibles...inad asi eu espero que se tomen a final como é ,coma unha final.poño un incombinte o campo,perdon pero eu no vexo axeitado, ainda que considere que os de Sofan faran que esté o millor posible ,pero as dimensions son as que son.Aupa bergan.

outra peli dijo...

Este rojo non ten outra cousa que facer, veña xa estades na final sodes imbatibles, sodes uns fenomenos, tocadela moi ben ,sodes moi vos ,guapos, atletas, cojonudos, marabillosos etc ,etc........
Despois de ganar liga e posiblemente a copa sempre e cando o Milagrosa vos deixe. Que?????????????????


AchampiOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOn je, je, je ,je ,je ,je....

Anónimo dijo...

Noraboa o cances pola tempada que fixeron,e sorte para os dous finalistas.AH!e algun so comenta para meter caña,(nin puto caso).

Anónimo dijo...

Enhoraboa o milagrosa din que non ten vo equipo. pero me parece que nunca foron menos de 15 a mingun canpo.eso e o que teñen que empezar a pensar a malloria de equipos.si se gaña gaña,e senon perdese.pero non se pode ir polos campos 10 cando non van menos.

Anónimo dijo...

Tes razon Sindo cando dis que non che gusta ver o equipo pa o que traballas que sexa humillado por non ter orden no campo, pero o millor en vez de criticar os xogadores que e moi facil deberiades de ver tamen que hai un responsable que fai o equipo e que ao millor se equivocou no plantexamento na segunda parte e vendiu os xogadores porque digo eu e por poñer un exemplo que pouca culpa tera o central suso cando o mandan sair a xogar asumindo moitos risgos, practicamente de ultimo defensa e se lle planta diante ca defensa no medio campo un home coma roberto.....
Nunca se fala dos que mandan, sempre dos que xogan e as veces e mais en veteranos os que mandan tamen teñen algo de culpa do que pasa no campo.
E tamen hai que ver as circunstancias as veces porque segun teño entendido tamen habia varios xogadores que estaban tocaos, e pa mostra un boton, na primeira parte un cero e de penalty inventao e na segunda cinco un e paseo militar...
Alguen lle preguntou algun xogador si estaba en perfectas condicions?
Xuntade todos estes factores e empezamos a repartir a culpa a que teña parte dela e xa veras Sindo coma que un equipo xogue sen orden e perdido non e so culpa dos que xogan....

Anónimo dijo...

Carballes ta claro que ti non xogaches o futbol na tua vida, entendes moi pouquiño desto meu, o si xogaches debias ser moi turron porque un home de 45 anos que este a un nivel fisico aceptable e xogue ben o futbol contra un home de 30 que corra moito pero lle de pa diante non ten color meu e mais ainda se os que te rodean tamen xogan ben o futbol como e o caso do bergantiños.
Este ano no deportivo gracias o mais bello da plantilla qye tirou do carro xogando con autenticos torce botas estivo a punto de salvar o equipo senon xa facia un mes que estaban en segunda...
Aprende algo de futbol antes de falar......

Anónimo dijo...

Hola

FELICITAR A TODOS OS COMPAÑEIROS, COLOBARADORES E INCLUSO O ENTRENADOR POLA TEMPORADA QUE FIXEMOS.

XOGADOR 25 DO CANCES dijo...

HOLA

Felicitar a todos os xogadores, colaboradores e incluso o entrenador pola temporada que fixemos.
O IMPORTANTE COMO SE SOE DICIR E PARTICIPAR TODOS E NON LEVAR UN GOLPE.E ESO É DO QUE NON NOS DEBEMOS OLVIDAR NUNCA. E creo que este ano o conseguimos.
saúdos
p.d.- Suso Garygar recuperate pronto.

susoxxl dijo...

Sinto moito que por culpa miña fora o 2-0 ,teño 49 anos e sempre intentei xogar sin dar patadas a nadie .Temos un bo equipo e con algua incorporacion daremos moita guerra para o ano que ben.
Saudos a todos e vemonos na cea do equipo e reitero a miña noraboa o equipo po la estupenda temporada que fixemos e un abrazo para todos e en especial po meu querido amigo Sindo que o dia 10 todo saia moi ben.

Anónimo dijo...

con dous ou tres dos mais vellos do berjantiños xa peleabades polo titalo

Anónimo dijo...

Suso a culpa non e túa, e o resultado, hai que arriesgar e descuidas máis a defensa e vas o ataque por que hai que marcar 3 goles e sempre podes levar un gol en contra

chuspo dijo...

Moi boas querovos invitar a q veñades a ver a final da copa de arteixo xogamola o PALLEIRO GARYGAR terceiro na liga regular contra o CACIQUE segundo clasificado sera o sabado 11 as 18:00 no campo municipal "PONTE DOS BROZOS" de arteixo.Sera un partido gustoso de ver por xente q sabe de futbol...Sodes todos benvidos...Ah sindo si ves non olvides traer esa amiga miña q tes na casa " A CAMARA " JEJEJEJEJE un saludiño