XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 16 de mayo de 2011

A SEMIFINALES: BÉRTOA 2- XUVENTUDE 1

Na Porta Santa de Paiosaco perdemos una vez máis. O Bértoa pese ao resultado do partido en Cances saiu pola eliminatoria e púxonos as cousas difíciles, moito máis do que parezca o resultado. Na primeira parte, minuto 15, 1-0, e sobre o minuto 30, 2-0. Co vento a favor eles apretaron e apretaron, correron moito de dios, e embotellaronnos no noso campo. Tiveron as súas opcións, porque a verdade e que nós non chegamos a portería deles nin unha soa vez.

Na segunda parte, e co vento a favor, a cousa cambiou. As forzas deles viñeron a menos, e nós xa empezamos a chegar a portería contraria con perigro. Avisou Isidro con un tiro o largueiro, despois de sacar un par de corners. Aínda así eles seguían apretando, correndo moito e loitando o indecible. Tiveron as súas ocasións, desbaratas por un dos millores poteiros desta liga: Chuspo.

Alá polo minuto 35 nun despiste defensivo noso, un dianteiro deles quedou diante do noso porteiro, intentou batilo por alto pero no foi capaz. O fútbol é así de caprichoso e na siguiente xogada un balón que loitou Javier Ferreiro no círculo central, regateou ao defensa e foise por velocidade, entrou na área, driblou a outro defensa e tocouna suave para que non lle chegara o porteiro deles, era o 2-1 e a eliminatoria estaba finiquitada. Gran gol de Javier, perfecto tanto en técnica como velocidade.

Ata o final eles intentarono pero sin sorte.

Chegamos así a nosa TERCEIRA SEMIFINAL de copa. Na primeira contra o Ponteceso, estábamos clasificados pero unha xogada desgraciada no minuto 93 deixounos fora. Esa ano gañoulle o Buño o Ponteceso. Na segunda caemos contra un gran San Román, pese a que perdemos alí 1-0, en Cances díronnos un repaso de cuidado 1-5. Agora xogamos a nosa terceira, a ver si a terceira é a vencida. Non vai a ser fácil tócanos xogar contra o millor equipo dos últimos anos: o BERGANTIÑOS. Se queremos ter algunha opción debemos de estar TODOS e ben concentrados, teremos que xogar ao 120 por 100. Os favoritos son eles por un marxe amplo, nós non temos nada que perder porque a temporada creo que foi excelente: terceiros na liga, en donde tivemos opción ata os últimos 4 partidos, e semifinalistas de copa ¿alguén o ía pensar cando empezou esto?.

Noraboa aos outros tres semifinalistas: O Bergan que empatou en Castriz e pasa polo valor doble dos goles, ao At. Milagrosa que despois dos sinsabores da liga está a facer un gran competición de copa, e os nosos veciños de Buño que lograron eliminar ao finalista do ano pasado o Corcubión, na tanda de penaltis. Sorte.

Agora coma sempre unhas fotiños do partido en Paiosaco.



4 comentarios:

un de aquí e de acolá dijo...

uhmmmmmmmmmmmm, vexo que xogades a semifinales por terceira vez pero tocouvos un oso moi duro de roer. Sorte que vos vai facer falta

aficionado dijo...

O Bergan tampouco anda moi fino,parece que a gasolina acabaselles a todos,esto parece que dura xa moito,uffffffff.De todolos xeitos,estes tampouco fixeron tan mala temporada,asique....o que poidan conseguir a maiores seria a guinda.
Que haxa sorte e a disfrutar do pouco que queda desta tempada

Anónimo dijo...

a verdad que o Bergan ten pouco gas, porque se o chega a ter non sei donde estaria, ainda que o domingo chegoulles de carallo.

aficionado dijo...

E certo o do Bergan,se viches este ultimo tramo de liga estarás dacordo de que esta liga estaselles a facer moito a moitos equipos,claro que eles o mellor teñen mais calidad ca maioría e notase menos pero.....o caso e que non se lastimen,jejejeje.A ver como remata a copa o Cances,que esta tempada estubo moi ben,non teñen nada de que queixarse,¿a que non?Saudos e a darlle o arreón final