XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 22 de mayo de 2011

SEMIFINALES: XUVENTUDE 1--BERGANTIÑOS 3, MEDIO NOQUEADOS, O BERGAN TOMA VENTAXE

Antes de iniciar a crónica do partido, sempre desde o meu punto de vista, que ao millor pode  ser subxectivo para moitos, pero que ao fin e a cabo, é tal como eu o vexo, digo, que antes de nada, PEDIRLLES DISCULPAS AOS XOGADORES E DIRECTIVA DO BERGANTIÑOS polo lo incidente involuntario relativo a falta de auga nos vestiarios, cousa axena a nosa voluntade.

Do partido que dicir,  facendo o simil da actual tempada da fórmula 1 de coches na que Red Bull está intratable, na competición de veteranos da costa pasa o mesmo, o Bergan é un auténtico rodillo. Este equipo gaña aínda que non xogue ben. A calidade dos seus futbolistas e o saber estar no campo están a convertilos, hoxe por hoxe, en un equipo inalcancable para todos os demáis.

Este Bergan no é un equipo que enamore por lo fútbol que fai, pero é un equipo tremendamente efectivo. Extrapolando a cousa a niveles profesionais, para min é un equipo MOURIÑISTA, todo efectividad, un conxunto en todo o sentido da palabra, que vai desde o porteiro a calquera dos xogadores que están no banco.

Hoxe no Vinculeiro aproveitou a primeira oportunidade no minuto 4 e Victor marcou desde fora da área, con un tiro cruzado, o 0-1. Cando este equipo se pon por diante xa case que non tes que facer. Foi o primeiro e o único tiro que conseguiu meter entre os tres paus na primeira parte, pero chegoulle para ir ao descanso con 0--1. Sorprendentemente os nosos xogadores, aos que felicito polo partidazo que fixeron,  conseguiron abrir  un boquete na defensa contraria  e  tivemos tres claras ocasións de gol,  dúas deles dous man a man que non soupemos resolver ante un Rafa pretórico.

1-1 ALBERTO

Na segunda parte empatamos no minuto 10 por medio de Alberto que cabeceou un corner sacado desde a dereita da porteria de Rafa. Tivemos a ocasión de adiantarnos por medio de un cabezazo de Isidro que saiu lamendo o pau esquerdo, pero no estaba para nós. A partires de aquí Isidro, que dominaba o xogo aéreo en todo o campo,  case que non puido cabecear máis na área deles, porque teñen oficio e de unha maneira (agarrandoo) ou de outra (bloqueandoo ou desprazandoo) conseguiron neutralizalo. Como é costume nestes casos nas áreas so se lle pitan faltas aos dianteiros, e isto pasa  incluso  na primeira división, na que a permisividade cos defensas e total.

1-2 PEA
O partido escapousenos cando lle da o balón na mán a Moi. O árbitro pitou a falta que foi a uns 15 metros fora da área. Pea, una vez máis (lévanos marcado nos tres últimos partidos), conseguiu  un golazo por toda escuadra e Chuspo, pese a tocala, no puido impedir que entrara na portería. Aquí tendes una imaxen do gol que creo que o dí todo. Ante isto pouco podemos facer salvo felicitar o xogador pola súa execución, non así  pola súa celebración.

O 1-3 conseguirono nunha contra na que nos desboradaron pola dereita por velocidade e creo que foi Roberto quen marcou a porta baleira. O equipo nestes momento, ía o minuto 25, estaba a pasalo mal porque se descompuxo e acusou os goles. Conseguirmos refacernos e inclusive tivemos unha dobre oportunidade por medio de Bernardo que cabeceou ben pero Rafa atallou cos pés, o rebote botouno un dos nosos fora.

De aquí o final foi un querer e non poder, e eles a contra poideron marcar o cuarto, pero Isidro salvou debaixo dos paus.

En definitiva, bo primeiro tempo no que poidemos ir gañando 3-1, porque eles só tiraron no medio dos paus unha vez e foi gol, e no segundo tempo fixemos o que poidemos ante un grandísimo equipo.

Arbitrou Miguel, auxiliado nas bandas por Pillo e Iván, e creo que fixo un aceptable arbitraxe. Nós protestamoslle que non lle sacara tarxetas a Pea e a Chilín, por faltas reiteradas, aínda  que finalmente Chilín viu a amarella ao final do partido. Eles protestaron en imnumerables ocasión os foras de xogo que lle asubiaron. Polo demáis creo que foi un partido competido pero xogado con deportividade.

Agora só nos queda intentalo o domingo. A cousa está moi difícil, pero en fútbol nada e imposible, así que polo menos vamos intentalo.

Agora déixovos con unas fotos do partido.
XUVENTUDE 1 - BERGANTIÑOS 3
Na outra semifinal o At. Milagrosa gañou en Buño 0-1. Mirade que retorcido é o fútbol que nos pode deparar unha final Bergantiños, o campión e primeiro clasificado da primeira división, co último, o At. Milagrosa. Cousas veredes ...Sancho....cousas veredes.

27 comentarios:

aficionado dijo...

a verdad é que son superiores;pero hay que facer que mordan o polvo.Aupa Xuventud.

un curioso dijo...

eu penso que a elimitoria xa está resolta. O Xuventude non gaña por tres goles de diferencia en Paiosaco, nin locos. Outro doblete dos de Carballo

un neutral dijo...

Penso que o partido cando o Cances se puxo 1-1 o adestrador do Xuventude fixo cambios que descompuxo o equipo ,eso e que en 6 minutos o bergantiños marcou dos goles.
Tamen temos que reconocer que o bergan e moito bergan.

zuuummmmmmmmmm dijo...

bo traballo fotógrafo. non é fácil coller así as instantáneas.

discrepo dijo...

O Bergan non ten rival nesta competicion, siguen a reforzar o equipo e haber o que faran po ano que ben,seguro que fichan competencia o porteiro que por pouco regalan a copa.Coido que logo teñen os seus problemas porque todos queren xogar,sempre falan de hay uns anos estaban ahi perdendo ,pero de aquel equipo non queda ninguen, e os que quedan non xogan e iso está ahi. Asi que en todos lados cocen fabas ademais da feira das fabas de ponteceso.Inda asi aupa Bergan.

Anónimo dijo...

A foto do voso porteiro e espectacular vo traballo sindo

Anónimo dijo...

Se o noso amigo discrepo, esta intentando picar o porteiro do bergan que o deixe moi tranquilo,porque a cabeza non para.

Anónimo dijo...

Eu tamen penso que o señor discrepo do carallo pasouse dous pueblos,compañeiros do seu equipo escriben nos blogs pero ningun metiu tanto a pata nonbrando persoas e a min estas cuchilladas pola espalda non me molan pizca.

Anónimo dijo...

Vexo que tes moito sentidiño discrepo,ocultando o nome teu, e non decindo as cousas a cara. Pero mira por donde o domingo xogan en paiosaco as 11 da maña,animate e acercate e dillo a cara . Penso ben antes de ir e se vas tate caladiño e portate ben e se compañeiro respetuoso que xa vas na hora .

discrepo dijo...

eu no me meto co porteiro do bergan,so digo que non ten suplente e por iso por pouco quedan fora da copa.

esteeee dijo...

eu sinceramente tamén o o entendo así, creo que non se entendiu ben o comentarios.

discrepo dijo...

de todas formas e despois de darlle alguna que outra volta os comentarios dos anonimos coma min,o mellor non seria mala idea que nos identificaramos todos... bueno millor o que hay que facer é queimar a baraxa. Vientos

Anonimo coma vos dijo...

Fai tempo que a cachelada esta de anonimos sobra

RAFA dijo...

Tranquilos compañeiros eu penso que non entendestes moi ben a discrepo,ten razon ,casi se tira acopa cando me operaron porque non habia outro porteiro fichado,por outro lado alegrome saber que teño coñecidos que me defenden pero penso que estan equivocados esta vez.Pidoche disculpas de parte deles.Penso que donde te engañaches foi nos que antes perdian todo pois logo dos poucos que quedan son titulares case siempre.Outra cousa mais e decir que o partido deste domingo en cancesfoi o que mais me gustou pola sua deportividade,unha apreta forte para Sindo e os seus colaboradores polo traballo que fan.Tamen quero felicitar os meus compañeiros de equipo polo bo encontro que fixeron ante o Xuventudeque ten un equipo que vai dar moito que falar.Un saludo moi forte pra todos que me conocen,chao.

Outro dijo...

Isto parece unha fotonovela venezolana...Trátase de fútbol...

sejidor dijo...

CURIOSO....
Non hai que tirar as bombas antes da festa,que o mellor chove e suspendese todo.Tes que ser un pouco mais humilde,que despois leva a culpa o mellor o que non a ten,como pasa casi sempre.

xogador do Bergantiños dijo...

SINDO:
Ti dis que pediron os do Cances tarxetas pra varios xogadores do Bergan polas reiteradas faltas,(creo que tes razón eneso),que en todo caso serian amarillas,nada mais,pero que me dis da tarxeta ROXA que lle perdonou a Isidro na 2 parte?¿Sabes cal foi o motivo de que a merecese de sobras?Pois que ese xogador dixolle o arbitro que se fose a tomar polo cú,así,textualmente,e diante da sua cara.E xa viches en que rematou eso,en solo 1 AMARILLA,pa que logo digan tamen que o Bergantiños ten de man os arbitros,cada dia dudo mais deso.O que sí que vexo e que teñen moi pouca personalidade,e as veces teñen o que se merecen,(que non se lles axude por parte dos xogadores).A semana anterior en Castriz,un dos seus xogadores dixolle a Juan(arbitro),que era un enano de mierda,e tamen se saldou co mismo castigo,solo amarilla,asique..........xa me contarás,cada quen solo mira pa sí mismo,e mas facil ver o fallo nos demais.Saudos

CALPITAS dijo...

BUENOOOOOO, EMPEZAO SABROSO DOS PARTIDOS.Eu sempre volvo coma en navidad,sejidor estas moi equivocado cos anonimos non son quen ti pensas.Sobre o partido non temos que queixarnos ningun dos dous,foi un partido de cousillas pos dous pero nada fora do normal.AUPA XUVENTUDE.

SINDO dijo...

Eu creo que digo que pedimos tarxeta por falta reiterada, iso nunca é roxa directa que eu saiba. En canto o de Isidro ¿eso foi cando lle pitaron unha falta en ataque dentro da vosa área non? Si lle chamou eso merece a tarxeta roxa, si señor, pero tamén hai que reconocer que en cada xogada que el ía rematar a xente estaba colgada del para impedirlle que rematara de cabeza ¿non é verdade?. Polo demáis non creo que fora un mal arbitraxe. O de "darlle o pico" dámoslle todos si os árbitros aplicaran o regulamente por este motivo acabariamos os equipos con 5 ou 6, e de verdade creo que é a línea a seguir, ser intransixentes con "darlle o pico" e coas patadas mal intencionadas, porque é a única maneira manter un pouco o orden no partido. Eu xa dixen que a labor deles (dos árbitros), pese aos seus erros, e impagable, poucos estaríamos dispostos a pitar. Eu polo menos non. AH! e creo que gañastes ben, sobre todo na segunda parte. E con iso non teño máis que dicir (jejejeje famosa frase de D. Manuel)

Cances da a sorpresa ... dijo...

Cuidado coa alineación do PELAT este Domingo. Por primeira vez na tempada, ten que xogar ofensivamente de maneira obrigada. PELIGRO ¡¡¡

un de carballo dijo...

Esta vez non hai quen vos salve con tacticas de SORRIBAS ou sin tacticas.
Podedes xojar todos de dianteiros.
Tranquilos todo se acaba, e vos se fini............

Anónimo dijo...

Pa o de Carballo supoño que serás do Bergan en máximo en unha semana vós tamén acabades así que non sei por que tanto se fini

xogador do Bergantiños dijo...

Pa UN DE CARBALLO:
A verdade e que te pasas un pouco cos comentarios,non hai que menospreciar a nadie,e ti polo camiño que levas...........

xogador do Bergantiños dijo...

SINDO:Estou casi dacordo contigo,amigo meu,solo que o motivo de que non pite unha falta anterior non da pé a que o xogador teña que protestar desa maneira tan despectiva,¿non crees?
No tema de non deixarlle rematar,en eso tes razon,pero se lle deixas xa te imaxinas o que pode facer Isidro,que de cabeza vai moi,moi ben,(pa rematar,do resto as veces.......).Esperemos que o partido de volta teña os mismos derroteiros en canto a deportividade.Saudos

SINDO A TORO PASADO. dijo...

vouche a contestar a toro pasado porque xa é luns, en Cances ese día non só lle dou o pico Isidro, algún dos teus compañeiros, dirixiuse ao liner e acordouselle da nai, e a parte de iso, relacionouna con que desempeñaba OFICIO MÁIS VELLO DO MUNDO, e fixo non unha soa vez, todo eso porque o linea lle estaba a pitar os fora de xogos a Victor que vive permanentemente en fora de xogo, pero claro vamos a facer presión e se se acojonan e non pitan millor que millor. Querido amigo non hai máis xordo que o que non quere ouir. AH! Noraboa pola pasada que nos distes o domingo. Supoño que non estaredes ningún deles lastimado, salvo que resbalarades e caerades mal porque o que son as botas dos contrarios nin se vos acercaron. Repito noraboa pola eliminatoria.

Anónimo dijo...

carallo!!! como se pon esto,vamos pra casa

ROJILLO HASTA LA MUERTE dijo...

oe oe oe oe oe oe oe oe oe oe nesta liga soo existe nestes intres un campeon O BERGAN... TRAN QUIS QUE ALGUHA VEZ VAN PERDER; o MALO E QUE NON SE SABE CANDO...OE OE OE OE OE... MENUDO EQUIPAZO ESO QUE XOGAN O TRAN TRAN.PERO TRANQUILOS POR PONIENTE O POR ORIENTE ALGUNS FAN CABALAS...