Unha vez más o Vinculeiro foi un talismán para nós e conseguimos gañarlle ao Bértoa 5-1.
Goles: 1-0: Pallín, sobre o minuto 25. Así rematou a primeira parte, pero por casualidade porque no minuto 30 Gonzalo desaproveitou un penalti, que parou Chuspo. Nestes primeiros 45 minutos ademáis do gol e o penalti, nós tivemos outras dúas ocacións moi claras de García, una foi ao pao e outra quitouna un defensa cando xa estaba o porteiro batido. Pola súa parte o sempre perigroso Gonzalo tivo outra ocasión que novamente Chuspo despexou. Bonito fútbol de ataque nesta primeira parte.
Na segunda parte: minuto 10: 1-1 Gonzalo. Minuto 15, 2-1: Isidro despois de un lanzamento ao pao de Joaquín ao sacar unha falta directa. 3-1: Garcia minuto 19, 4-1: Joaquín de penalti, sobre o minuto 25, finalmente sobre o minuto 35 5-1 gol de Malpica.
Este segundo tempo foi máis trabado e houbo moitas faltas, ainda así nos tivemos unha triple ocasión para facer o 6-1 que mandamos ao pao, e eles cando remataba o partido tamén mandaron un cabezazo ao pao.
Os últimos 10 minutos tivemos que afrontalos con 9 xogadores porque o trencilla expulsou a Pallín por poñerse diante dun balón no saque de unha falta na portería deles, e xa tiña tarxeta, e tamén expulsou a Roberto Mella por mán e xa tiña outra tarxeta por unha entrada. A parte de isto vimos outras 4 tarxetas más. Xa no minuto 20 de partido tiñamos 4 ao lombo. Ao Bértoa enseñaronlle 3.
Victoria agridulce no que o millor foi o resultado e o pior as expulsións.
Personalmente penso que nós non temos sorte coas arbitraxes deste rapaz. Que eu me acorde nunca nos fixo unha arbitraxe medianamente decente. Non sei porque coño é pero os partidos con él sempre teñen que ter algo. E non é porque nós o teñamos de ollo, e supoño que él a nós tampouco, pero a verdade e que cada vez que nos asubía sempre ten que pasar algunha cousa rara...rara. Pese a todo teño que dicir que a maoiría das tarxetas foron xustificadas e que pitou na súa línea. Non tuvo influencia no resultado. Foi auxiliado nas bandas por Juan e José Antonio que "luciron" uns banderins modernos, funcionales e que pesaban pouco ¿a que sí? jejejejejeje.
Nos demáis encontros houbo poucos goles o Bergan e o Castriz empataron a ceros, o mesmo que o At. Milagrosa e o Porteño. O Buño perdiu pola mínima en Corcubion.
Quedan noventa minutos e nada está decidido.
E coma sempre unhas fotiños para recordor o evento:
XUVENTUDE 5- BÉRTOA 1 |
7 comentarios:
Lle podedes facer ficha d por vida a ese porteiro q tedes q vos esta salvando o cu en moitas ocasions... e si non mandadeo paqui q nos fai falta.
E pa donde cho mandamos?,Pa anonimolandia?
creo que os rojillos andan aboltos o outro dia seique o maximo mandatario largouse do campo.estes acabanse con dous resultados negativos je, je ,je...
que malos sodes carallo,o mandamais como vos decides ten cousas que atender,ademais de ir os Domingos o futbol,estades moi preocupados polo que fai ou deixa de facer,claro,eso quere decir que pouco tedes de interesante nas vosas vidas que tedes que atender as dos demais,jaja.Ah,e o que queira pasar dos 2 equipos terá que espabilarse,o empate pouco sirve,seguro que mais de 1 se estará fregando as mans se votan fora a quen xa sabemos,sobra decir o nome,¿a que si?
aqui soo se quere que gane o millor ;o demais son faltrucadas;deporte limpo,consideracion arbitral e boa vontade son as virtudes xerais deste campeonato ou non ledes os comentarios que facemos.je,je
dame a pinta de que SEJIDOR debe de ser un asalariado en remuneración económica ou en "especies" porque a defensa do citado é numantina. Tranquilo seguidor que non todos teñen a mente tan podrida coma tí, quita as orelleiras que non che deixan ver o panorama en todo o conxunto, jejejejeje, ou pon gafas tridimensionales que creo que lle fan falla. Os pantasmas disque existen pero nadie os viu.
Sejidor tamen vai os pinchos ohhhh....o que pasa que vai de incognito, coma nos blogs
Publicar un comentario