XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 26 de septiembre de 2011

CAMARIÑAS 1 -- XUVENTUDE 3

Nova   victoria a domicilio, esta vez, contra un sempre difícil Camariñas. Partido duro nun campo que a mín me pareciu que botaba  moi mal a pelota e que impedia que os  xogadores lograran combinar con precisión.
O marcador abriuse no minuto 36 da primeira parte. Sacamos un corner e despois de unha serie de rechaces, Alberto conseguiu poñer o 0-1, que quizas fixera un pouco de xusticia, xa que foi o Xuventude o que más veces se acercou a área contraria. Así rematou a primeira parte.

No minuto 18 da segunda parte conseguiron empatar eles despois de unha xogada desafortunada pola nosa parte, con un fallo en cadena, que permitiu a un dianteiro deles recortar a Chuspo e poñer o 1-1 no marcador.

Volta a empezar,  non nos viñemos abaixo e seguimos apretando en busca da victoria. O  segundo gol chegou no minuto 38. Sacamos unha falta  desde o vértice esquerdo da área deles e Alberto de cabeza marcou o 1-2. No minuto 44 chegou o 1-3 Isidro penetra na área e cruza o balón ao segundo pao por donde entraba Ramón que rematou sen oposición.

Creo que foi unha victoria xusta, aínda que moi traballada porque o Camariñas pelexa os partidos ata o final.

Agora as fotiños de rigor, que as disfrutedes:

lunes, 19 de septiembre de 2011

XUVENTUDE 3 -- BAIO 3

Partido de ataque o disputado polos dous equipos. Na primeira parte o Baio nos primeiros 35 minutos non nos viu diante e froito do seu excelente xogo metiunos un 0-3  en menos que canta un galo. O primeiro gol deles foi digno de primeira división, un tiro co exterior do pé que se foi cerrando cara a porteria e ante o que nada puido facer Chuspo. A partires do minuto 35 da primeira parte comenzamos a xogar millor e chegamos un par de veces, pero o gol non caiu da nosa parte.
Comenzou a segunda parte e o equipo arriscou: tres defensas, o medio do campo máis poblado y sobre todo non nos precipitamos. Comenzamos a chegar con perigro. No foi ata o minuto 15 aproximadamente en que marcamos o primeiro gol. Foi un penalti pitado por Gerardo. Esto dounos alas e empuxamos cada vez máis. Conseguimos o segundo gol nunha xogada que eles marcaron en propia meta. Este segundo gol dounos aínda máis alas e estivemos a punto de empatar nunha salida en falso do porteiro deles, pero un defensa salvou debaixo dos paus. Sobre o minuto 32 conseguirmos empatar. Foi un xogada ben levada con pase de Pallín a Vega que dentro da área dalla a Malpica que entraba libre marcaxe e con un dereitazo pegado ao pau conseguiu o que nadie pensaba, levantar un 0-3. A partires de aquí puxémonos un pouciño acelerados y por querer ir polo partido case que nos marcan eles, xa que nos conlleron en dúas contras, que finalmente salvaron os defensas.
Partido bonito xogado por ambos conxuntos ao ataque. Este Baio coas novas incorporacións, pode dar moitas sorpresas.
Agora as fotiños de rigor, que dito sea cada vez son menos, por iso de non aburrir ao persoal.

martes, 13 de septiembre de 2011

PRIMEIROS TRES PUNTOS: BERGANTIÑOS 0 -- XUVENTUDE 1

No campo anexo das Eiroas enfrentámonos os domingo o Supercampionisimo das dúas últimas tempadas: O BERGANTIÑOS. Partido clásico de comenzo de temporada no que se nota a falta de rodaxe de case todos os xogadores. O millor de todo foi sin dúbida o resultado 0-1. Regular partido con moito centrocampismo e imprecisións froito destes comenzos en que as pernas aínda non van como a cabeza quere.
Na primeira parte 0-0. Nós tivemos a millor ocasión nun excelente desmarque de Josito que se plantou diante de Rafa, pero este fixo unha magnífica parada e o balón petou no poste. Achuchamos e xogamos máis tempo no campo deles, pero as ocasións claras foron poucas. Eles fixeron dúas contras perigrosas e iso foi todo o seu balance ofensivo nestes cuarenta cinco minutos.
Na segunda parte marcamos no minuto 14. Centra Vega e remata de cabeza no segundo pau Malpica. A partires de aquí empezamos a aturrullarnos, a poñernos inquietos, cometemos algúns erros debido tamén a que eles empezaron a apretar e pasamos algún que outro apuro, coma por exemplo no minuto 82 que nun centro desde a dereita foi rematado por un xogador deles e a pelota pegou no longueiro. Antes Chuspo quitou un mán a mán con outro dianteiro deles.
O dito o millor foi o resultado. O día era propicio para gañar, ou o domingo ou nunca, porque o Bergan que se presentou nas Eiroas tiña pouco que ver co equipo campeón do ano pasado (podedes ver as fotos do equipo). Segue a ser un gran equipo con xogadores impresionantes: Lucho, Urbieta, Pea, Joaquín, Fran, Rafa, Cándido, etc. pero faltaballe medio equipo do ano pasado. Non por iso e menos importante a victoria porque pese as ausencias segue a ser un grandísimo equipo, con xogadores de moito oficio que non se poñen nerviosos e saben o que teñen que facer no campo, fano sencillo e eficaz.
Felicitar a todos e cada un dos xogadores do Xuventude polo esforzo realizado e porque o partido non foi fácil.
Agora coma sempre que vai aos partidos déixovos coas fotos que saquei (esta vez menos para non non vos aburrades, jeje).

viernes, 9 de septiembre de 2011

BERGANTIÑOS--XUVENTUDE, DOMINGO ÁS 11:00, NAS EIROAS (CARBALLO)

Comenza a temporada e tocounos nin máis nin menos que o supercampeonísimo: O Bergantiños, ao que felicitamos polos triunfos acadados o ano pasado, xa que non tivemos oportunidade de facelo antes.

O domingo XOGAMOS EN CARBALLO no campo DAS EIROAS as 11:00.

Como podedes ver o Bergan cambiou o escenario dos seus partidos, polo menos neste domingo.

jueves, 8 de septiembre de 2011

MEMORIAL FACAL 2011.

O sábado 3 de setembro celebramos o MEMORIAL FACAL 2011. Agradecerlle de forma significativa a presencia da súa familia, representada nesta ocasión pola súa filla MARIA LUISA e pola súa irmán ROSA. Gracias, moitas gracias, sabemos que é un acto largo, e tamén sabemos o esforzo que fixestes para poder acudir.
Agradecerlle tamén a os dous equipos invitados: o equipo da chave A PIPA, de Bértoa, e o equipo de fútbol de veteranos do PONTECESO pola súa presencia e participación nun evento coma este que non ten outro propósito que lembrar a un dos fundadores dos equipos de Chave Fergo e do Xuventude de Bergantiños de veteranos: José-Luis García FACAL.
Tamén agradecerlle a Miguel Calvo por tocar una peza musical durante o minuto de silencio, o árbitro que pitou o partido de fútbol: Luis, e a todos e cada un que de un xeito ou outro contribuiron na celebración do Memorial.
A novidade deste ano foi que houbo dous partidos un de chave nun campo habilitado a tal fin, e un de fútbol. Foi un acto sinxelo no que o final do mesmos os participantes compartiron uns pinchos para recuperar forzas.
Aquí vos deixo todas as fotografias que saquei. Tal e como as saquei:


VIDEO DO MEMORIAL
MEMORIAL FACAL 2011