XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 31 de octubre de 2011

PRIMERA DERROTA DE TEMPORADA: NANTÓN 1 - XUVENTUDE 0

Máis tarde ou más cedo tiña que chegar a primeira derrota, e foi hoxe en Nantón. Hai uns campos que non se nos dan nada ben e o de Nantón e un deles, que eu me acorde solo empatamos alí unha vez e gañamos outra, as demáis foron derrotas, algunha delas unha auténtica "chosca".
Cando cheguei xa empezara o partido, vin ao equipo ben plantado, xogando a pelota, conseguindo dar varios pases de lado a lado, pero con moi pouca profundidade. En vintecinco minutos moita posesión, xogamos no campo deles, pero pouca efectividade. Creo que solamente foi un tiro por dentro da portería, un disparo de Pallín desde fora da área, os demáis todos por fora. Pola contra eles nin se asomaban a nosa área. De todos os xeitos o dominio e o control do partido era do Xuventude, pero.........chegou o minuto 34, sacamos non sei si unha falta o un corner, e claro subimos a rematar, eles todos amontonados na área despexaron como poideron, a pelota caiulle a Lilo que lanzou un pase por alto, o dianteiro deles gañouñe as costas a nosa defensa y con moito campo por diante encarou a Chuspo que na súa saída derribouno. Penalti e expulsión. Expulsión xusta nada que reprocharlle ao árbitro, claro que o primeiro que me veu a memoria e que se fora ao contrario o millor so sería penalti e amarela, acordeime nese intre de  algún que outro partido en Payosaco o ano pasado que marcou o devenir da liga, mesma xogada dous criterios distintos. A partir de aquí e ata o final da primeira parte eles empurraron e meteronnos no noso campo ante o noso desconcerto, e nós mentras intentando reestructurar as lineas.
A segunda parte empezou con nós millor colocados e con ánimos de ir polo empate pese a ser un menos,  arriscamos con unha defensa de tres e otra vez controlomos o partido con eles metidos no seu campo, pero faltou profundidade  e quizás sobraron balóns largos, altos e tanto xogo polo centro. No minuto 12 o árbitro expulsou a Rei por protestarlle reiteradamente sobre unha presunta agresión a Lilo (comedia pura a deste xogador), como xa tiña unha tarxeta Gerardo botouno. É certo que as protestas persistiron por parte do xogador pero non e menos certo que o xogador máis polémico do partido Lilo e o que pedia a gritos a tarxeta xa que fixo non menos de 8 faltas na primeira parte e protestou os 45 minutos,  zafaba sin siquiera mostrarlle unha amarela. A partir de aquí cos dous equipos con dez, non soupemos aproveitarnos do desconcerto deles, e insistimos en facer xogo directo,  e polo centro, unha e outra e outra vez, cando a banda dereita deles estaba completamente desprotexida, pero esta vez non soubemos leer o partido.  Xogamos case sempre no campo deles xa que nesta parte só tiraron unha vez a porta. Pola nosa parte tivemos dúas moi....moi claras. Josito nunha baldosa regatea a un defensa e na área pequena cruza en exceso a pelota. A segunda foi tamén de Josito, balón largo, gáñalle a espalda a defensa e sobre a saida do porteiro chuta, pero o guardamenta fai unha expléndida parada, corria o minuto 34. Desde aqué ata o final foi un querer e non poder. Chegamos a área deles pero non resolvemos, creo que aínda que xogaramos outros 90 minutos non seriamos capaces de marcar un gol. No estaba o día para nós e eles, hai que reconocerllo, souperon xogar as súas bazas.
En definitiva partido ben xogado pero falto de profundidade e definición, outra vez será, o  bó é que  o que máis e o que menos deixouno todo no campo, e ese todo nalgúns momentos  foi moito e a veces moi bó. Quizas fora un dos partidos nos que levamos máis tempo a iniciativa pero o fútbol é así de caprichoso.
Agora as fotiños de rigor:

3 comentarios:

cascarilleiro dijo...

no se que me da que estais empezando a perder la liga porque a pesar del arbitraje del pollo mecanico la temporada es larga y buenos o malos arbitrajes los sufren todos los equipos.....

un de cances dijo...

no ayer non perdemos por culpa do árbitro, ayer perdemos porque non fomos capaces de marcar...e por errores infantiles nosos

un que dijo...

si solo forades a perder ese partido non teriades problemas para ganar a liga je je je .