O domingo visitounos o Cabana, un dos equipos que aínda permanece invicto nesta liga. O resultado final 0 -0. Non foi un gran partido pola nosa parte, aínda que tivemos a primera ocasión con un tiro de Josito ao pau alá polo minuto 20 e outra clara de Bernardo uns minutos despois. O Cabana tamén tuvo a súa oportunidade por medio de unha falta que tirou Michel e foi dar en toda a escuadra. Pouco máis fixemos nós en ataque, e eles tampouco brillaron nesa faceta. O carrusel de cambios que tiña o noso equipo non axudou nada a que os xogadores colleran ritmo de partido, pero iso é un risco que temos que correr, o ano pasado tiñamos o mesmo número de xogadores e entre lesións e ausencias só iamos os partidos con trece ou catorce. De todos os xeitos enfrente tiñamos un equipo moi serio que apenas nos dou opoción de poder gañar o partido. A segunda parte foi máis do mesmo, centrocampismo e lixeira superioridade deles no centro do campo. No minuto 28 un centro chut desde a banda dereita levou o balón ao longueiro, sorprendendo a propios e extraños, foi a gran oportunidade deles, xuntos con unhas cuantas faltas ao borde da área. Pola nosa parte no minuto 40 Josito tuvo a millor ocasión, pero non pudo ser. Gustoume o Cabana porque sabe ao que xoga. O que non me gustou foi tanta "conversación" no campo. Moitas protestas por ambos lados. A veces criticamos aos árbitros pero teñen que telos cuadrados para aguantar tanta foliada. Somos insoportables..insoportables.
O positivo para os dous equipos e que aínda seguimos invictos e o Cabana non creo que vaia perder moitos partidos porque xogan moi, moi serios.,
E agora o reportaxe gráfico;
2 comentarios:
Noraboa polo puntiño acadado o domingo, xogamos contra un gran equipo.
esta liga de momento esta floxa... donde estan os bergan, s.roman, nanton , ponteceso, bueno pero asi e mais divertida sobre todo pos que antes xogaban pouco... pero veñen as choivas.
Publicar un comentario