XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 9 de octubre de 2011

VIMIANZO 0 -- XUVENTUDE 2

Mañán soledada en Vimianzo. Hoxe fomos un montón de efectivos. O partido comenzou co noso control, nos primeiros 15 minutos o Vimianzo apenas pasou do medio de campo, estaban  pertrechados atrás e fiaban o seu ataque a velocidade do seu delantero centro, e a Litos. A pesar do dominio non conseguimos crear ocasións claras ata o minuto 25. Josito fixo un gran desmarque e cruzou a pelota cara o pau dereito da porteria deles, pero a pelota pasou lamendo o poste.

No minuto 34 eles diron un primeiro aviso con unha xogada en profundiade que non conseguiron rematar. Uns minustos despois fixero a xogada máis importante da primeira parte. Un delantero deles consigue burlar a nosa defensa e plántase diante de Chuspo, pero unha vez máis Chuspo resolvio o un contra un quitando unha mán prodixiosa, vese na foto de rodillas despois do paradón. De aquí o final seguimos apretando pero non estivemos atinados,  nin tampouco creamos grandes ocasións.

Reanudouse a segunda parte con eles a favor do vento que viña por rachas, e iniciaron  otro partido,  balóns largos buscando ao seu dianteiro centro que nos creaba problemas pola súa velocidade, e que ademáis estaba apoyado por Litos que siempre é un perigro. Sobre o minuto 18 un balón que perdemos nós no medio do campo colleo Litos, avanza e cando está cerca da área lanza un auténtico chutazo, todos viamos a pelota dentro, todos menos o noso porteiro Chuspo que consegui tocala coa punta dos dedos e desviouna contra o pau, da no pau e sae rebotada cara o outro pau. Foi a millor e a última oportunidade que tiveron eles na segunda parte.
Nós seguimos o noso, intentando xogar, controlando, pero no eramos capaces de profundizar. Sobre o minuto 27 falta ao borde da área deles, encárgase de quitala Josito Acuña e a pelota cólase pegada ao pau, botándo antes da línea, co cual fixo inútil o esforzo do guardameta. De aquí o final todo seguiu igual,  ata o minuto 38 en que unha gran xogada entre Pallín e Josito, despois de unha pared e dentro da área  Josito marca o segundo gol. Xogada bonita e moi elaborada. De aquí o final unha gran oportunidade de Vega a centro de Josito que lle bota mal e manda a pelota por enriba do longueiro.

Victoria merecida porque controlamos o partido e eles que xogaban a contra  só chegaron en dúas ocasións, aínda que ocasións moi perigrosas que se encargou Chuspo de desbaratalas con dúas magníficas intervencións.

O domingo descansamos, e dicir, non xogamos partido oficial, pero XOGAMOS ÁS 11:00 UN PARTIDO AMISTOSO CONTRA O MALPICA EN MALPICA.

Agora as fotos de rigor:

11 comentarios:

Cascarillas dijo...

Vou dicir unha cousa,das xornadas q van disputadas en todos ou case todos os comentarios q levo leido neste bog un dos artifices d este bo comenzo q levades e gracias as actuacions do boso meta e un equipo q aspira a estar arriva coma bos non pode depender dun solo home e ainda menos do porteiro.Q si non fora por el creo q non estariades donde estades.Ainda non vos vin xogar este ano...
Q teñades sorte este ano,e que vos dure moito tempo ese porteiro q tedes

disque dijo...

Teñen un porteiraso,un delanteiraso un sentralaso ,un estremaso etc etc,etc.etc...........a e un entrenadoraso, bueno e decir o que fai os cambios.je je je je je je ..................

Anónimo dijo...

O porteiro tamén xoga,e no caso do Cances,ten un moi bo

dinque si dijo...

bufff, que ligasa esto e un coñazo, parece de terceira, ai perdonade non hai terseira.

Anónimo dijo...

disque ti non sabes o que e conpetir nin as chapas

unxogadorcalquera dijo...

o dos partidos aplazados acaba ca liga.oubo moitos problemas con eso,e ahora un dia si e outro tamen.eu non digo que non se aplacen,pero que se diga por que.un dia vai pasar que se queira aplazar un por causa mallor,e abera problemas,tempo o tempo

Anónimo dijo...

Algun parece k esto e de profesionales pois son veteranos

Anónimo dijo...

Algun parece k esto e de profesionales pois son veteranos

Anónimo,claro dijo...

Estamos no século XXI.Algún,bastantes,a ver se repasades algo oda escola.Menos mal que firmamos con anónimo.

mata dijo...

Saudos : Comprobo que o enlace que puñeches para o blog do Castris de Veterans non funciona. Penso que debe ser por que en vez de Castri(z), nos chamamoslle Castri(s). Se podes correxir o enlace penso que xa vai funcionar. Moitas Gracias e un saúdo de Mata.

Anónimo dijo...

Agora que o levades cojonudamente, resulta que FALADES menos.