XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 3 de octubre de 2011

XUVENTUDE 3 -- CASTRIZ 2

Estupenda mañán para xogar o fútbol . Visitou o Vinculeiro un dos equipos que máis se reforzou esta temporada o Castriz.
A primeira oportunidade foi  do Castriz nun mal entendido entre a defensa e o porteiro noso, ocasión que fallou un dianteiro deles, que dentro da área pequena mandou a pelota o longueiro cando só tiña que empurrala. Sobre o minuto vinte un balón que bota dentro da área, Isidro intenta cortala e pégalle a pelota no brazo esquerdo que o tiña pegado o corpo. Eles que xa habían protestado por case que todo, tamén protestaron esta xogada que o árbitro non estimou intencionada. Continua o partido o seu cauce e uns minutos máis tarde o propio Isidro, que a veces parece que ten uns muelles nas pernas, a saída de un corner que se quitou pola parte esquerda da porteria deles,  consegui elevarse por enriba dos defensores e estableciu o 1-0. O gol fíxolle dano os de Castris que empezaron a dubidar e só seis ou sete minutos máis tarde, un centro desde a parte dereita cabeceao Fidel en posición de ariete, adelantándose ao defensor: 2-0. Así rematou a primeira parte. Eles perdoaron e nos nas dúas ocasión que tivemos enchufámola.

Comenzou a segunda parte e xusto no minuto tres Isidro corta un balón na frontal da área nosa, métese nela coa pelota pegada no pe, un delantelo deles mete a perna, comete falta sobre él tirándoo o chan e inexplicablemente o colexiado Castro, pita penalti e segunda amarela para Isidro.  A xogada non merece máis comentarios, erro clamoroso do árbitro, e nós quedamos con dez xogadores. O penalti transformarono os de Castris e no minuto 3 da segunda parte 2-1.

A partires de aquí cambia totalmente o debuxo táctico do equipo, en punta queda un home vaciándose, e dúas líneas de catro tratando de controlar o aluvión de chegadas dos xogadores contrarios. Todo o mundo se puxo o mono de traballo e o Castriz tivo dificultades para superar a nosa defensa. No minuto vinte un xogador do Castris a altura do banquillo deles agarra un trallazo directo a escuadra, cando todos cantaban gol, aparece volando o noso Chuspo que saca unha mán increíble. Novamente calma excepto nunha xogada polo centro: un xogador deles deixa pasar a pelota, engana a defensa e outro delantero plántase diante de Chuspo, o tiro saiulle o centro da portería e novamente Chuspo sacou unha mán evitando o empate. A partir de aquí foi un querer e non poder. Eles desesperados xogaban o borde da ilegalidade, froito de eso no minuto 45, co tempo acabado un delanteiro  fixo unha falta intencionada a un defensa noso e viu a segunda tarxeta amarela e polo tanto a expulsión.

O partido tuvo algunhas interrupcións e o colexiado considerou que debía de prolongalo. No minuto 49 agarra JOSITO ACUÑA un balón a altura da línea media deles nadie lle entra e desde uns 25 metros lanza un trallazo que entra coma unha exhalación pola escadra da porteria contraria. Era o 3-1. O árbitro considerou que aínda quedaba tempo e eles conseguiron acortar distancias no minuto 54 con un tiro cruzada ante o que nada pudo facer o noso porteiro.

Gran partido o xogado por ambos equipos. Destacar a labor defensiva do noso equipo, que a pesar de quedar con dez controlaron os contrarios a base de sudor e saber estar no campo. Se algo lle sobrou o partido foi a "lingua", todo díos lle dou o pico, demasiado pico diria eu, demasiadas protestas nun partido disputado pero xogado con nobleza.

Agora as fotiños de sempre.

15 comentarios:

RAMBO dijo...

Alegrome que digas que todos lle deron o pico porque realmente e asi en todos os equipos e pasa porque os trencillas teñen moi pouca personalidade e incluso respetan mais os que dan patadas alevosas e insultan os contrarios que simplemente os que reclaman unha falta ou un fora de xogo por decir algo......

Un de CANCES dijo...

Alguén debería de decirlle ao árbitro deste partido como funcionan a cousas na liga de veteranos (quizáis algún compañeiro con experiencia). Independiente de graves errores de apreciación, o do peñalti de Isidro e de escándalo, non se lle pode ocurrir decirlle o porteiro que acababa de recibir un golpe, que se cambie por outro xogador para seguir o partido (sin haber porteiro suplente, coma na maioría dos equipos), tal cousa non se ve nin en 1ª división.

RAFA dijo...

ALEGROME POLA BOA RACHA QUE LEVADES OJALA GANEDES ESTE ANO ESO SERIA MOI BO PRA ZONA DE CARBALLO E ALREDEDORES.

RAFA dijo...

SOBRE OS COMENTARIOS ANTERIORES DE QUE O BERGAN E ASPIRANTE O DESCENSO SO DECIR QUE RESPETO A SUA OPINION PERO TAMEN DIGOLLES QUE O BERGAN ESTE ANO NON E UNHA SELECCION PERO SI UN EQUIPO QUE VAI COMPETIR A MORTE DENTRO DAS NOSAS POSIBILIDADES.

SEJUNDO dijo...

ESTOU DACORDO CA TUA CRONICA DO PARTIDO, QUIZA CHE SOBRA QUE O PRIMEIRO PENALTY QUE PEDIU O CASTRIZ POR MAN DENTRO DA AREA PEQUENA QUE TI DIS QUE A TIÑA PEGADA, O MELLOR SEJOUCHE O SOL PORQUE EFECTIVAMENTE A TIÑA PEGADA O HOMBREIRO PERO A MAN ESTA 50 CENTIMETROS SEPARADA O TRONCO. POLO DEMAIS TOTALMENTE DACORDO, INCLUSO CO DO PICO DE TODOLOS XOGADORES E ALGUN DOS QUE ESTÁN POR FORA.

DIXIT dijo...

Sejundo vai o oculista, ou debes de sufrir de cataratas, a cincuenta centimetros tiña a raia da porteria o voso dianteiro cando a botou contra o largueiro, de iso non vos lamentabades no descanso, non, só do penalti que non pitou o árbitro. ¿e o que vos pitou qué? E a expulsión que vos perdou o lateral esquerdo qué? e a lingua quen lle empezou a dar? De ser un equipo tranquilo e que daba gusto xogar con vós, estadesvos a convertir nin equipo con ANSIEDADE e por iso o protestades TODO, TODO. Tranquilos que tendes equipo suficiente para conseguir algún título..non vos poñades nervisosos como o domingo, por ese camiño non ides moi lexos. E os de fora podendelle dar a lingua, os que non poden son os xogadores, porque un árbitro normal expulsaria a media ducia, tamén os do banquillo que foron os que comenzaron a fuliada.

sejundo dijo...

non fai falta que te enfades dixit, eu don a miña opion igual que ti deches a túa sobre os partido, ou é que solo a podes dar ti?. Xa dixen que estaba dacordo con todo agas o do penalty. Con respecto a da ansiedade tamen che dou a razón, polo demaís felicitarvos polo victoria e o partido xogado e espero que a ningún dos dous equipos non nos toquen mais arbritaxes destes. NON TE MOSQUEES QUE ESTO E VETERANOS

cascarilleiro dijo...

tranqui rafa no te pongas nervioso que con la calidad que tienen los 4 carrozas que teneis ahi si los ayudais un poco los mas jovenes igual os salvais asi que mucho animo

CALPITAS dijo...

ESTOS CATRO CARROZAS COMO TI LLE CHAMAS TEÑEN MOITO FUTBOL NAS SUAS BOTAS E DA GUSTO VER COMO XOGAN A PELOTA.DAN LECCIONS DE FUTBOL TODOLOS DOMINGOS E OS MAIS NOVOS TEMOS QUE APRENDER DE ELES.SOBRE OS COMENTARIOS DE DARLLE O PICO, A MAYORIA DOS XOGADORES DANLLE O PICO,SIEMPRE E CANDO NON HAXA INSULTOS OU MENOSPRECIOS NON TEN PORQUE SER A MORTE DE NADIE POIS SALEN MOI RELAJADOS E ISO AS MULLERES AGRADECENO O CHEGAR A CASA PORQUE A RESPOSTA AS MULLERES SIEMPRE SON SI CARIÑO,O QUE TI QUEIRAS CARIÑO VALE CARIÑO E A TRANQUILIDAD NA CASA VALE MOITOS CARTOS JE,JE,JE,JE.

O ADMINISTRADOR: SINDO dijo...

SEJUNDO son o ADMINISTRADOR gracias polo comentario, gústame que opinedes sobre os partidos e tamén sobre as crónicas que fago, e gustame tamén que discrepedes sobre elas, pero a resposta a DIXIT é para él, eu non me meto neses fregados, bastante teño con manter viva esta páxina, xa que as outras van cerrando pouco a pouco. Sorte que co equipazo que tendes non vos va a facer falta.

RAMBO dijo...

Estou de acordo en todo con calpitas o que pasa e que sempre hay algun cascarilleiro que si non se mete con alguen non esta a gusto,por certo moi inxenioso co tema das mulleres...

Outro dijo...

Calpitas, controla esa tranquilidade.

sejundo dijo...

para Sindo:

Sinto a confusión, e agradezo a túa correpción, anímote a que sigas co traballo da paxina e agradeceriache se puxexes un enlace a pagina dos veteranos do castriz: castrisveteranos

O ADMINISTRADOR: SINDO dijo...

faltaría máis Sejundo. Non sabía que tiñades páxina, home iso avísase xa somos poucos así que agora mesmos intento poñer o enlace. Sorte e saudos desde Cances.

cascarilleiro dijo...

a rambo y a calpitas, a ver si os parais a leer con un poquito de atencion y aprendeis a interpretar las cosas antes de darle al pico.vale