Onte celebrouse en Cabana unha Asamblea extraordinaria con un único punto na orde do día:
-Contratar seguro de accidentes e responsabilidade civil.
A de onte foi un Asamblea, para min, moi constructiva, iamos ao que iamos. A Presidente do Comité: Modesto presentou a Victor especialista en Seguros e ambos estiveron arroupados na mesa por Sebas o presidente do San Román.
Victor presentou a súa proposta: SEGURO DE ACCIDENTES con cobertura ilimitada para os xogadores a un precio módico de 15 euros ano. O xogador que sufra unha lesión deberá de poñerse en contacto por teléfono, fax, ect e facerllo saber a aseguradora, ademáis debe de figurar na acta. A aseguradora farase cargo de ver ao lesionado nos centros que ten concertados. Ojo, so se fai cargo das lesións que se produzcan na actualidade, non das que teñan os xogadores con anterioridade. Tamén existe unha pequena cobertura para caso de morte ou invalidez permanente que se non recordo mal, consiste en unha indemnización de un 6000 euros. Además a aseguradora dispón de clinicas de fisioterapia, etc.
En canto a responsabilidade civil do comité e dos equipos por feitos acaecidos no desenrolo da competición, acordouse contratar unha póliza que cubra as eventuales reclamacións que alguien poida facer. Xa é sabido que algún aproveitado noutras ligas demandou xudicialmente a todo o mundo por unhas lesións sufridas durante o transcurso de un partido. Para evitar a este tipo de xente e cubrise as espaldas todo o mundo, por si acaso, estase a estudiar unha póliza de RESPONSABILIDADE CIVIL, que se contratará de inmediato
A ASAMBLEA por UNANIMIDADE dos presentes acordou:
1.- FACER OBLIGATORIO a contratración para a próxima temporada de unha POLIZA DE SEGUROS DE ACCIDENTES, que costará 15 euros por xogador, . Este ano é voluntario o equipo que a queira facer podea facer, pero non é obligatorio.
2.- CONTRATAR a mayor brevidade, en tanto en canto presenten as propostas as compañias de Seguros, UNA PÓLIZA DE RESPONSABILIDADE CIVIL que cubra as posibles reclamacións derivadas dos feitos acaecidos na competición, por si acaso alguién se lle ocorre demandar por calquer tontería. O obxecto desta póliza e protexer tanto as persoas que formen o comité, coma as directivas e xogadores dos equipos, xa que en caso de reclamación a xente "dispara" contra todo o mundo: Comité, equipos, xogadores, etc. . A contratación da póliza corre a cargo de todos os equipos. A título orientativo pode supoñer uns 30 ou 40 euros por equipo ou se cadra menos.
En definitiva, contrátase XA para este ano, unha POLIZA DE RESPONSABILIDADE CIVIL que pagarán os equipos.
Para o ano OBLIGATORIO que cada xogador contrate unha póliza de accidentes (non se diligenciará ficha ninguna senón se contrata o seguro). Precio 15 euros ano por xogador.
Esta tempada E VOLUNTARIO CONTRATAR a PÓLIZA DE ACCIDENTES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario