XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 9 de diciembre de 2011

ZAS 1 - XUVENTUDE 1, XUVENTUDE 2--PONTECESO 1

Os últimos resultados do equipo foron:


ZAS 1  - XUVENTUDE 1

XUVENTUDE 2--PONTECESO 1

Como podedes ver teño a páxina un pouco atrasada. Fai quince días xogamos en Zas e empatamos a un gol, parece que marcou García e que nos costou empatarlles porque marcaron eles primeiro.

O domingo pasado foron a xogar solamente 11, Chuspo, Manolo Sorribas, Malpica, Suso Villar, Pedro, Joaquín, Vila, Leo, Fidel, Angel e Garcia. O principio comenzaron dez e despois incorporouse Vila. E de significar que despois de varios anos sen gañarlle ao Ponteceso en Cances, por fin, este domingo pese a que xogaron solo once, sen cambios, e pese a que o campo estaba pesado, conseguiron gañar.  Para mín personalmente foi o triunfo máis importante de toda a temporada.

Fai uns partidos aparecían 18, 19 ou 20 xogadores, onte foron 11 e non precisamente os que máis minutos xogaron durante toda a tempada, por iso eu sosteño que foi a victoria máis importante, porque a maioria que xogou o domingo non está acostumbrada a xogar tanto tempo, pero pese a todo apareceron, dando unha mostra do seu compañerismo, e non  só iso, senón que conseguiron a victoria. Esperemos que o domingo haxa cambios.

No hay comentarios: