Caemos por segunda vez no que vai de tempada. O San Lorenzo gañounos 3-1. Na primeira parte terminamos 1-1. No minuto 6 marcan eles o 1-0. No minuto 8 Josito vaise por velocidade da defensa, centra raso e Garcia acada o 1-1. O San Lorenzo empuxa e empuxa pero nos nas contras conseguirmos crear 4 ocasións claras de gol. A primeira, novamente Josito pola dereita consigue irse da defensa tira cruzado, o porteiro rechaza e Joaquin que seguía a xogada remata pero a pelota da no peito do porteiro. Minutos despois outro rechace do porteiro marrao Garcia. Josito entrando pola esquerda vaise novamente e tira por alto, o porteiro deles responde con unha gran parada. Eles tamén tiveron a súas ocasión, pero unha vez máis Chuspo encargouse de desbaratalas, primero con unha parada en dous tempos e despois arriscando con unha rastrera ante un dianteiro deles que se internaba pola esquerda.
O partido pintaba mal perdoamos moito e iso págase. No minuto 20 da segunda parte eles marca despois de sacar una falta desde o medio do campo, era o 2-1. Eles tiñan o control do partido, pero nós reaccionamos e Garcia primero e Isidro despois poideron acadar o empate. Finalmente o 3-1 prodúxose na xogada tonta da mañán. Sería o minuto 30-35. Falta que quita Chuspo un dianteiro deles estorba a xogada, para mín tarxeta por poñerse diante, a xogada sigue, facemos falta no lateral dereito. Quitase a falta pega no longueiro, na parte superior, a pelota elevase por encima do longueiro cae no campo xunto o pau esquerdo, Oscar que estaba en fora de xogo descarado só tuvo que empurrala. Xogada estraña moi estraña.
Perdemos por a máxima do fútbol é que se perdoas acabas pagandoo. Non fixemos un gran partido, non tivemos o control, pero creo que ata o terceiro gol fixemos méritos suficientes coma para non perder o partido.
As baixas no equipo foron importantes, pero os que xogaron hoxe fixeron o suficiente coma para non sair derrotados, por iso eu os felicito pola súa actitude e comportamento, os contrarios tamén xogan e hoxe foron detalles puntuais os que decantaron o partido para eles.
Chapeau para os que xogastes hoxe. Como decia Boskov: "fútbol é fútbol" e do mismo xeito que noutros partidos ao millor non merecemos gañar e gañaos, hoxe tocounes perder aínda que non o mereramos.
O domingo tócanos xogar co Corcubión así ánimo, como decia Obama na súa mensaxe electoral: YES, WE CAN, e eu añado "porque o fútbol non sabemos o que nos deparará o próximo domingo".
Hoxe non fun "aramado coa cámara" as fotos que vades ver foron quitadas co móvil, vaia por dios:
SAN LORRENZO - XUVENTUDE 11-12-11 |
13 comentarios:
Xa empezades como o ano pasado, a finales da primeira volta desinfladesvos
Eso e o q ti t crees!!!!!!!
Foi uha lastima o empate seria o mais xusto .
Para o de sempre a min o que se me desinfla e a gaita cando leo comentarios de ignorantes que so escriben pa tocar o carallo. Que carallo sabras ti....
Xa lle gustaria a moitos tar desinflaos como nos.....
sempre que perdedes culpa dos arbitros
cada un opina o que queira ainda claro está con educación pero bueno os arbitros,os goles que non se meten
os que se deixan de meter sempre o mismo en unha liga tan larga non se pode culpar os arbitros uns dancho e outros quitancho e asi a todos os equipos por igual non creo que todos os arbitros esten en contra do cances digo eu pero bueno cada un ve as cousas sempre do seu lado e eso o unico que leva e a non darse conta de outras que no futbol teñen tanta importancia como os fallos en fin como dixen en unha liga de tantos partidos cada un ponse no seu sitio......
O arbitro? Quen carallo dixo nada do arbitro ata agora? Neste partidilo, non vexo que no comentario se lle botara a culpa o arbitro. O QUE SI E CERTO AINA QUE VOS JODA A MOITOS E Q a este equipo cando xoga con rival directo JOOOODDEEEENOOOO, o ano pasado algun quedaria a 8 puntos, e este ano vai a cousa pola mesma senda. Aqui hai moito lambecarallas. Por certo que e eso de que a Asociacion de Veteranos non esta constituida? Esto e unha liga pirata?
esto vai pa O DACOLA:Quitase a falta pega no longueiro, na parte superior, a pelota elevase por encima do longueiro cae no campo xunto o pau esquerdo, Oscar que estaba en fora de xogo descarado só tuvo que empurrala. Xogada estraña moi estraña.
E O QUE PON O COMENTARIOS MAIS OUTRAS DE OUTROS PARTIDOS VAI REPASANDO EU NON O ESCRIBIN
Haber si vos qda claro q o cances nesta liga non se lle regalou nada o q temos e con meritos propios,e gracias a xente como suso,manolo,garcia,leo,o vila,javi,etc q m perdonen pero teñen unha edad e sigen xogando e disfrutando e cumplindo ata dos partidos o fin d semana q a min xa m gustaria a sua edad "con cariño" este ano a liga esta plagada d grandes eqipos... E moito mais igualada q o ano pasado asi q tempo o tempo q esto da moitas voltas.E m estou dando conta q a algun jodelle q o cances leve dous anos no mais alto!!!
Tes moita razon,este ano a liga e mais competida o cal lle da emocion ata o final xa que as duas ultimas o Bergantiños era un equipo superior o resto.
Chuspo, es Dios e o Carallo ¡¡¡
Dis ben o falar do exemplo que dan os xogadores que mencionas. Non sei se a xente se enterou de que contra o Ponteceso faltaron 7 xogadores que podría dicirse que son do equipo "titular", e aínda así gañouse. Este Domingo contra o San Lorenzo, tamén houbo un montón de baixas e fíxose un papel digno. Esto o di todo do grupo e a importancia de cada xogador dende o primeiro a o último.
Non pasa nada chavales. Nos seguimos ai ao noso rollo,pasalo ben no campo e tomar unhas encvherolas e puntoO
Chuspo ,teño que darche a razon a eses homes hay que facerlles un reconocemento, deven de ser dos mais veteranos da liga e ahi estan dando o callo.
rapaces que sodes uns rapaces que dira o mesmo os vosos anos.
saudos e aupa o cances.
Publicar un comentario