XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 28 de octubre de 2007

OPORTUNIDADE PERDIDA: VIMIANZO 2- XUVENTUDE 2

Hoxe en Vimianzo escapousenos unha oportunidade de ouro para afianzarnos na parte alta da tabla. Despois de ir gañando 0-1, con catro o cinco oportunidades de marcar o segundo, non só non marcamos, senón que nos marcaron eles dous goles en cinco minutos. O primeiro deles nun clamoroso fora de xogo que o trencilla de turno no viu, a pesares de que o dianteiro do Vimianzo, estaba por detrás da defensa cinco o seis metros; o segundo un regalo noso, coma case sempre. A segunda parte, co marcador en contra, foi de total dominio noso, e a decir verdade poidemos gañar folgadamente, pero unha veces a precipitación (non sei porque temos que chegar tan rápido a portería contraria) e outras veces o individualismo levounos a que rematara o partido con empate. Repito ¡lastima da ocasión perdida!. Gustoume o Vimianzo que deu un salto de calidade no se xogo. O campo non me desagradou, pero para ser de última xeración creo que os hai mellores.
En fin, o domingo comenza a segunda volta e vamos a ver se seguimos sumando puntos...¡esto está que arde!
NON SERÍA MALA COUSA IR PROGRAMANDO OUTRA CONCENTRACIÓN ¿QUÉ VOS PARECE? A ÚLTIMA DOU OS SEUS FROITOS: 5 PARTIDOS, 9 PUNTOS....

miércoles, 24 de octubre de 2007

O DOMINGO A VIMIANZO E ¡OLLO! CAMBIO DE HORA

O domingo 28 de octubre saída a Vimianzo e NON VOS OLVIDEDES QUE HAI CAMBIO DE HORA. HAI QUE RETRASAR O RELOXO UNHA HORA, ASI QUE CANDO VAIADES PARA A CAMA, SE É QUE IDES, NON OLVIDARSE DE RETRASAR O RELOXO, a ver se algún chega con unha hora de adelanto e está de pasmón na porta do campo.

lunes, 22 de octubre de 2007

XUVENTUDE 1 - BERGANTIÑOS 1

O líder levouse un punto do Vinculeiro Stadium que non mereciu. Aos 15 minutos tivemos un penati ao noso favor, que parou Tasende, nembargantes o árbitro enganouse porque ademáis da falta debía de ser expulsión. O porteiro do Bergan tirou na área a Bernardo cando este, despois de recortar cara o centro da porteria, ía a marcar gol. Ao final da primeira parte, nun novo regalo noso, adiantaronse os de Carballo, e mediada a segunda parte Pardo, nunha das súas xenialidades, mandoulle un chupinazo que se colou a rentes do pau dereito, e así poidemos empatar. Imparable o tiro desde fora da área, despois de dous recortes ao defensa. Nos últimos minutos os de Carballo pedían a hora.....Un puntiño para cada un e todos a tomar as cervexas....Isto sigue Por certo a directiva está a valorar a posibilidade de que a partir do próximo partido saimos a xogar estilo "Ronaldinho Gaucho" ,co pañuelo na cabeza tal como está na foto Vila, que serviu de modelo, máis ca nada para protexer as ideas. Tamén se está a estudiar de comprar uns "tabarrabos" para non ensinar as vengozas por esos campos (algúns pantalóns non teñen "bragueta") e para iso un dos nosos (non vou a dicilo nome) deleitounos hoxe con un modelo interesante, creo que llo trouxeron de "Paris", lástima non poder quitarlle un foto.
E a ver se vos animades a facer algún comentario.

domingo, 14 de octubre de 2007

DEPORTIVO CARBALLO 0 - XUVENTUDE 1

Sigue a boa racha e hoxe no campo da Rocheira en Coristanco acadamos un triunfo laborioso. Partido moi igualado con unha primeira parte na que ambos equipos chegamos pouco, unha oportunidade clara para cada equipo: un man a man que resolveu ben o noso porteiro Cuba, e unha oportunidade de Leo que saiu rozando o poste. Xogouse neste primeiro tempo a un gran ritmo. Na segunda parte, co xogo máis pausado, conseguimos marcar nunha gran xogada iniciada por Vila, con pase a Pardo e centro de este que rematou Jorge. Tres puntos importantes para o caldeiro xa que o domingo que ven no noso VINCULEIRO STADIUM recibimos, nin máis nin menos, que o lider do grupo: O BERGANTIÑOS.

lunes, 8 de octubre de 2007

XUVENTUDE 4-NANTON 0

Excelente partido do Xuventude que gañou a un poderoso Nantón 4-0, con goles de Vega (2) o segundo un "golazo" case desde o centro do campo, e Pallín (2). O partido quedou sentenciado na primeira parte (3-0) e esta vez a eficacia foi de case un cen por cen. Tres tiros, tres goles. Outras veces temos que tirar cincuenta veces para meter unha, pero o domingo tiñamos o santo de cara. ¡Que siga¡

sábado, 6 de octubre de 2007

E O DOMINGO O NANTÓN

O domingo tócanos o Nantón, ou a "metralleta" como xa lle alcuman algúns. Isto é debido ao número de goles que lles marcan aos rivales. Levan 23 goles a favor en cinco partidos, e parece que os seus delanteros máis que disparar "ametrallan" a portería contraria. Así que todos atentos por que estes podennos facer un descosido se non estamos concentrados. As 11,00 horas, HORA NORMAL, non as 10 ou as 12, que unha non da tempo de espertar, e a outra non da tempo de tomar os viños, no VINCULEIRO STADIUM de Cances medirémonos contra este temible rival. ¡Que dios non colla confesados e a eles tamén!

viernes, 5 de octubre de 2007

MALPICA 2-XUVENTUDE 2

O domingo, despois da frustación de ver a Alonso escartado contra o muro, e da concentración do venres que, todo hai que dicilo, resultou todo un éxito: moito exercicio físico, sobre todo de cóbado, moito exercicio de canto y finalmente unha malleira impresionante no plano físico nunha paisaxe paradisíaca como é a pista das escolas de Cances da Vila, que durou ata ven entrada a madrugada (que llo pregunten aos músicos), xogamos en Malpica as DEZ DA MAÑÁN, hora a todas luces indecente para levantarse, máxime cando hai unha concentración por medio. O resultado acadado foi Malpica 2-Xuventude 2. Puido ser outro se o ártitro non picara nun "penalty teatrero" deses que acostuman a facer algúns dos delanteiros que militan nesta liga de veteranos. Algúns pintan a mona tanto da que sexa aos 30 anos, coma aos 40, como aos 50, da igual con tal de acadar un bo resultado. ¡Despois queixanse se lle dan nas canelas!.