XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 30 de noviembre de 2007

DOMINGO NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE-MALPICA

O domingo novo partido no Vinculeiro Stadium de Cances. O rival será o Malpica e como sempre comenzará as 11,oo. A ver si temos sorte e somos máis de 12 e non coma o outro día.
Por certo unha coñecida marca deportiva internacional estanos a ofrecer en exclusiva as "chanclas" que vedes na foto. O contrato é de varias decenas de miles de euros. ¡Eh solo son as chanclas!. As pernas cada un ten que poñer as súas. Se vos gustan o noso staff xurídico xa ten preparado o contrato para firmar con esa multinacional. Iso sí, creo que temos a obriga de promocionalas entre todos os equipos da liga. O do pañuelo pirata está a caer xa que estase a fabricar o invento na China (como case todo), así vamos a estar "bonitos": pañuelo pirata na cabeza e chanclas de diseño.
Ata o domingo.

lunes, 26 de noviembre de 2007

CORCUBIÓN 2 --- XUVENTUDE 2

O domingo fomos a Corcubión diezmados. Debido a diversas circunstancias o equipo chegou con 12 xogadores, co cal tivemos que xogar os cincuentóns case todo o partido. Pese a todo xogouse un aceptable partido. O Corcubión xogou ben a favor de vento, sobre todo nos primeiros 20 minutos, co seu fútbol clásico de combinación. Domingos marcou o 1-0 y nunha xogada desafortunada para nós, marcaron o 2-0 de corner directo, iso sí, axudado polo vento e o balón que aunque duro (era un mikasa) pesaba tan pouco que parecía un balón de praia. Nos últimos 20 minutos da primeira parte despertamos un pouco y xa empezamos a controlar o partido.
No descanso 2-0 y nos con 12......¡mi madriña o que nos podía esperar na segunda parte!.
Pois non, o equipo saíu coma unha moto. En cinco minutos empatamos 2-2. Primeiro un penalti de libro sobre Bernardo que trasformou "O pelat Sorribas", y a reglón seguido, case sen dar opción ao rival, unha gran triangulación, con pase final de Pardo a Jorge que por velocidade plantouse diante de porteiro y superouno por abaixo. A partires de aquí un toma e daca, con dúas moi boas ocasións nosas, e outra deles.
Resultado xusto, bo fútbol, campo moi bó, ¡noraboa aos de Corcubión por ese campazo! ¡lastima ese maldito vento!, comportamento excelente dos dous equipos e arbitraxe sen complicacións.
Seguimos loitanto para entrar entre os "cinco magníficos".

jueves, 22 de noviembre de 2007

O DOMINGO A CORCUBION: HAI QUE DAR O DO DE PEITO

O domingo desprazámonos a Corcubión para disputar un partido que pode ser importantisimo para nós. Caso de gañar daríamos un paso de xigante nas nosas aspiracións de meterse no "top ten" (si home, si, coma os do tenis), ese grupo de elite que terá a sorte de disputar a "ensaladeira de ouro" e gañar este torneo intercontinental da costa da morte. Claro que como os de San Román sigan por ese camiño vai a ver que facerlle una liga aparte. ¡Compañeiros baixade un pouco o acelerador que estades aburrindo o personal!
Non teño noticias de como quedou a despedida de Xaquín, tampouco teño reportaxe fotográfico sobre o evento. Supoño que algún ainda estará recuperándose.
Estamos ultimando os estatutos para convertirnos nunha asociación deportivo-cultural, esto último queda moi fino. Os que queiran ser socios fundadores que traian unha copia do DNI. Isto ten que estar listo antes de Navidad.
En fin, darlle a benvida a DAVIZINHO, o único que escribe comentarios neste blog, porque os demáis a verdade non participades un carajo. Sigue así DAVIZINHO, estou pensando seriamente en darche o cargo de redactor-comentarista dos partidos, porque insisto os demáis están muermos. Nin mandan fotos o correo-electrónico, ni fan comentarios, nin na de na........

domingo, 18 de noviembre de 2007

DOMINGO 18, PARTIDO SUSPENDIDO CONTRA O CABANA. MOTIVO: DESPEDIDA DE XOAQUÍN

Despois de vencer aos de Verdillo por 9-2, que ao parecer diron máis traballo do que que reflicte o marcador, as mentes pensantes de este equipo anunciaron que éste domingo 18 quedaremos sen partido. O motivo: o noso benquerido e estiloso mediocampista XOAQUIN cásasenos e creo que toca despedida este fin de semana. En previsión a que os que acudan a este evento seguramente quedarán non estado lamentable, decidiuse suspender o partido contra o Cabana. Ben feito......¡Que o pasedes ben e acordarse de regresar antes do domingo 25! Ao noso querido compañeiro que decidiu dar ese paso tan importante na súa vida, desexamoslle toda a felicidade do mundo. E A VER SE TRAEDES ALGUNHA FOTO DO FESTORRO (que se poida publicar, claro....) para colgar no blog.

domingo, 4 de noviembre de 2007

MERECIDA DERROTA. BÉRTOA 4- XUVENTUDE 0, ¡E GRAZAS..!

Derrota sin paliativos na Porta Santa de Payosaco. O Bértoa tomounos a medida e gañou os dos partidos en Cances 0-1 e hoxe 4-0. E digo grazas, porque si apretaran un pouco podian facernos un descosido. Este noso equipo e como o "pupas" cando vamos perdendo algunhas veces volvemonos "tolos", parece como se nunca xogáramos ao fútbol. Todos para adiante, e claro, os contrarios aproveitan, xa nos pasou contra o Cabana. Unha cousa e perder porque sale un mal partido, pero outra é regalarlle os goles o contrario. De tódolos xeitos na primeira parte (1-0) xogouse ben, e se o árbitro fose coherente coas xúas decisións, o partido tomaría outro rumbo. Se se pita unha man fora da área do porteiro, non se lle enseña a tarxeta amaela, enséñaselle a roxa, porque o noso dianteiro estaba alí, ou senón non se lle enseña nada. Temos mala sorte este ano con este árbitro, xa en Malpica se enganou e esta vez ou ben no é falta ou sea é hai que expulsar o porteiro. Na segunda parte poidemos empatar, pero tanto Bernardo como Pardo non acertaron a metela a pelota na portería. A partires do segundo gol do Bértoa, total superioridade deles que nos perdoaron unha goleada. O motivo e o de sempre, a xente tolea a queremolo facer todo, pois non, cada un ten que xogar no seu posto e facer o seu traballo, e non tirarse a desbandada como se fai sempre. Noraboa a Bértoa que repito na segunda parte pasounos por enriba como se fora unha apisonadora.POLO MENOS ESTABAN BOS OS CALLOS ¿OU NON ...?

viernes, 2 de noviembre de 2007

O DOMINGO 4 EN PAYOSACO AS ¡¡¡10,15!!!

¡¡ATENCIÓN!!! o domingo xogamos en Payosaco contra o BÉRTOA as 10,15 da mañán, sí, sí, non vos frotedes os ollos estades vendo ben XOGAMOS as 10,15 horas, iso quere decir que debemos de estar no campo polo menos as 9,45 horas. Con todos os meus respectos para os compañeiros da organización: tendes que tomar medidas urxentes contra todo isto. Valorase o traballo que realizades, pero tendes que poñer fin a estos despropósitos. Unha liga de veteranos é para disfrutar dela, non para sofrir por culpa de ela. Lamentoo moito polos equipos que non teñen campo, pero o que non se pode facer e levantar aos xogadores as 8,30 da mañán para xogar un partido de fútbol de veteranos, isto é contra-natura, e tampocou se poder teminar un partido as 14,oo horas. Haberá que chegar a unha solución porque isto non debería de seguir así. Se xogamos os domingos o horario normal é o dás 11 da mañán, e non ás 10 ou ás 12. Que conste que esto é unha crítica personal miña, como administrador do blog, non ten nada que ver co equipo.
O mellor nestes casos cecais sería coller a parella, ir a cear, a bailar, botarlle unhas copas, e despois de tomar o chocolate con churros, de seguido ir xa dereito a xogar, iso sí, antes de facelo pasar por lo cardiologo, non vaia a ser o demo.......
Bueno compañeiros, o dito, QUE TOCA DIANA AS 8 DA MAÑÁ así que deixalle o chollo que teñades pendente para outra hora.¡¡Vémonos......as 9,45 a.m"!! en PEISACO. (O bó é que é feira e podemos tomarlle os "callos").