XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

jueves, 27 de diciembre de 2007

O PARTIDO CONTRA O VIMIANZO XOGARASE O DIA 6 DE XANEIRO DE 2008.

Según me informou o noso Tesoreiro: FACAL, despois de facer as oportunas xestións co Vimianzo, NON FOI POSIBLE CAMBIAR O PARTIDO e polo tanto XOGARASE O DIA 6 DE XANEIRO DE 2008 EN CANCES AS 11,00. Parece ser que os de Vimianzo, non tiñan xente suficiente para xogar o día 30 de Decembro, que era o máis normal, para así poder descansar dúas semanas antes de comenzar a liguilla polo campionato. Así que xogaremos o día de Reis. A ver se polo menos imos 11 non sea o demo que despois de entrar entre os "five ten" do Grupo B, non a vaiamos a "liar" (por non dicir outra cousa...xa sabedes ....) e non aparecemos xente suficiente a xogar. De todos é sabido que se non hai xogadores suficientes o partido suspéndese, e que tamén nos quitarán puntos, e aunque o resultado do partido e o de menos, tampouco é que vaiamos sobrados ¿ou non?.

lunes, 24 de diciembre de 2007

¡¡FELICES NAVIDADES A TODA A FAMILIA DO FÚTBOL VETERANO, E EN PARTICULAR AOS XOGADORES E COMPAÑEIROS DO XUVENTUDE BERGANTIÑOS

O XUVENTUDE BERGANTIÑOS: Deséxavos unhas felices Navidades a toda a familia do Fútbol de Veteranos da Costa da Morte: Xogadores, Directivos, Entrenadores, Xiadeiros, Árbitros, Organizadores........e a todas aquelas persoas que dalgún xeito estean ligadas con este invento maravilloso que o fútbol. A felicitación é sincera non coma a da foto...¡¡¡FELIZ NAVIDAD A TOD@S

domingo, 23 de diciembre de 2007

BERGANTIÑOS 4- XUVENTUDE 1, PERO VAMOS A ESTAR NA SERIE A

Quinto partido perdido e clasificación matemática para a SERIE A, onde seguramente as vamos a pasar canutas, porque a pesares da nosa voluntariadade, o noso equipo é limitado. Hoxe o Bergan palizounos e tivo outras catro ou cinco oportunidades de gol. É verdade que o primeiro gol foi precedido dun clamoroso fora de xogo, pero de tódolos xeitos vamos a ter un dura e servera experiencia na próxima competición, pero que nadie se engane, se nos queren gañar van ter que suar a camiseta, porque nun principio non vamos a ir de víctimas. A verdade e que non temos nada que perder e se somos listos (cousa que a veces non somos no campo) podemos sacar moito partido da presunta superioridade dalgúns equipos. De todas maneiras agora é cando se vai a ver a INOPORTUNIDADE de deixar xogar a xente de 30 anos anos en veteranos. O fútbol de veteranos e para veteranos non para rapaces de 30 anos que veñen de xogar de rexional ou de terceira división. Así espero que tomen nota as cabezas pensantes e poñan de unha maldita vez un límite de idade, sénón isto vaise a converter nunha bacanal.

jueves, 20 de diciembre de 2007

¡¡ANTENCIÓN COMPAÑEIROS DOMINGO O PARTIDO CONTRA O BERGANTIÑOS XOGARASE EN PAYOSACO AS 12,00!!

SÍ, SÍ, O PARTIDO XOGARESE AS 12,00 a.m. así que xa nos podemos olvidar dos "viñotes", xa recalquei outra vez (sempre a títuto personal, non no nome do clube), que xogar as 12 e INHUMANO. Home, eu comprendo o problema dos equipos que non teñen campo, pero tamén hai que pensar algo nos demáis equipos perxudicados. Esta competición é para divertirse, e xogar as 12 da mañán parece como pouco irracional. Creo que habería que argallar outras solucións, así que a pensar no que se pode facer. POLO DE PRONTO NON VOS OLVIDADES DE ISO....PARTIDO AS 12,00 EN PAYOSACO. ¡VÉMONOS!

lunes, 17 de diciembre de 2007

XUVENTUDE 2 - DEPORTIVO CARBALLO 2. E LEO CONSEGUIU MARCAR

Primeira final e....primeira decepción. No VINCULEIRO STADIUM, nunha mañán xeada, con unha parte do campo como se fora unha pista de xeo, non fomos capaces de gañarlle ao Deportivo Carballo. No minuto 44 da primeira parte sacaron unha falta e marcaronnos o 0-1, iso sí, coa colaboración inestimable do colexiado (este ano non temos sorte con él: en tres partidos non fomos capaces de gañar ningún) Na segunda parte LEO ¡por fin! recibiu en pase en profundidade, plantouse diante do porteiro e fusilouno por abaixo. Uns minutos máis tarde o mesmo LEO internase na área e zancadilleano. Penalti que transforma Pelat Surribas, despois dun rifirafe co porteiro contrario. Cando xa estaba o partido baixo control, unha xogada a contra deles, termina con un gran tiro de España dende a vertical esquerda da nosa área, e Cuba a pesares de tocar o balón non consigue detelo. Resultado cecais xusto e mal fúltbol no VINCULEIRO. Lástima porque o victoria daríanos automáticamente a clasificación entre o "top ten", e poderiamos xogar máis relaxados. En definitiva, o positivo do partido foi o bó partido de LEO e o seu primeiro gol coa camisola azul, que non será o último, ben seguro, e a súa recuperación despois do "pinchazo" en Nantón. Para o domingo, partidazo en PAISACO contra o Bergan, un puntiño veríanos como Dios....e clasificación segura. Ademáis xa empezamos a recuperar xogadores: Xoaquín regresou da súa lúa de mel e parece que en "bo estado físico"...je....je.... e domingo parece que xa calzará as botas. A ver se tamén podemos contar con Xavier que está a pasar un momento familiar complicado ¡animo Xavier!. Tamén ánimo a Vega coa súa lesión. E para hoxe nada máis......

jueves, 13 de diciembre de 2007

PRIMERA FINAL: XUVENTUDE - D. CARBALLO

O domingo novo partido no VINCULEIRO STADIUM ás 11.oo contra o DEPORTIVO CARBALLO. É unha das tres finais que nos quedan para conquerir a clasificación entre o "top ten", ese invento infernal que se fixo este ano (espero que sexa o último) no que os cinco primeiros de cada grupo clasificanse para disputar o título, e os otros cinco xogan unha liguilla para ascender dous. A nós fannos falta neste momento 5 puntos, se é que non pincha o Vimianzo, ao que recibiremos en Cances no último partido. Así que se queremos xogar "cos elixidos", xa sabedes o domingo levantarse da cama e a xogar, xa que últimamente vamos 12 ou 13, e así vai a ser que non............

domingo, 9 de diciembre de 2007

DERROTA EN NANTÓN: NANTÓN 2- XUVENTUDE 0

Hoxe o Nantón derrotounos 2-0 nun campo en moi bo estado, pese as choivas. O partido terminou 0-0 na primeira parte na que o equipo local tivo a posesión, pero sempre controlado, sobre todo por Vila, fántástico como sempre como medio defensivo (¿cántos kilómetros recorrería?), pero non tiveron nin unha ocasiónde gol, por contra nos tivemos una e media, e digo media, porque unha foi de verdade, Pallín aproveitou un pase en profundidade e plantouse na área, escorado a dereita, pero o balón no quiso entrar e saiu pegado o pau; e media. porque o mesmo Pallín saiu do noso campo e cando se ía só cara a portería o árbitro pitou fora de xogo. Na segunda parte continuou a mesma historia, moito control deles, sobre todo nos primeiros quince minutos, pero nada de efectividade. O partido rompiuse cando o Nantón sacou un corner sen perigro, despexamos, recolliuna na línea media un xogador do Nantón, mandouna cara a parte dereita de nosa defensa e cando Ramón quixo ir a pola pelota, cruzouse o árbitro facéndolle unha "placaxe" que lle impediu chegar ao balón, e o delanteiro aproveituou para mandar a área un pase raso que un dos seus compañeiros materializou. Pasados uns minutos, roubaron una pelota na nosa defensa e sentenciaron o partido. En resumen, no partido de hoxe foi superior o Nantón sobre todo en dominio, pese a que nos estrelamos un tiro no pau e tivemos inclusive co 2-0 algunha que outra ocasión.
Hoxe volvemos a ser 13, porque Leo nada máis saír lesionouse, pero pese a todo, a actitude do equipo foi magnífica. Esperemos recuperar a xente importante que nos falta para a segunda parte da liga....e sobre todo manter este espíritu de equipo, porque así espérannos moitas tardes de bó fútbol, a veces e tan importante a actitude coma os resultados.
De todos os xeitos temos que seguir luchando se queremos entrar non "top ten" porque o Vimianzo gañou hoxe en Cabana 0-4 e quedan 9 puntos por disputar. Dependemos exclusivamente de nós.
Que sepades que xa teño os estatutos da ASOCIACIÓN DEPORTIVO-CULTURAL XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS DE CANCES feitos. Nun principio van ir nove como membros fundadores e directiva provisional. Teñen que firmar os estatutos, a acta fundacional, e traer unha copia do DNI os siguentes: Tino, Manolo Rodríguez, O Vasco, Facal, Luis de Áurea, Luis "O Míster", "Pelat Sorribas", Sindo e Manolo Sorribas. Isto, insisto, é provisional e ten como fin formar a Asociación, despois poderá celebrarse unha Asamblea para elixir nova DIRECTIVA. Por favor, a ver si o domingo que ven podemos ter todo listo.
FELICIDADES AOS AMIGOS DE DO SAN LORENZO POR ACADAR O SÚA PRIMEIRA VICTORIA, ESTABA VISTO QUE ERA CUESTIÓN DE TEMPO, O SEU XOGO E OS RESULTADOS ASÍ O FACÍAN PREVER. Esta é a grandeza do fútbol, a semán pasada o D. Carballo derrotou o líder e esta semán perdiu co colista. Non hai enemigo pequeno e aquí todo o mundo sabe o que ten que facer coa pelota.

jueves, 6 de diciembre de 2007

HOXE O ESTRELA FOI O EQUIPO: CABANA 1 - XUVENTUDE 3

A estrela foi o equipo porque soupo sofrir os 35 primeiros minutos. O Cabana con un xogo de combinación, nada de patadón, presionou e dominou estos primeiros 35 minutos, nembargantes non tivieron ocasións de gol. Ao contrario, nos últimos 10 minutos fomos nós os que poidemos poñernos por diante. Quique Pardo por dúas veces poido finiquitar o partido, pero uhna vez o largueiro e otra o porteiro deles "o gato da trabe" impediron que nos fóramos ao descanso con ventaxe no marcador.. Na segunda parte, gol de Antonio a saque de corner e empate deles que seguian apretando. A partir do minuto 15 da segunda parte empezamos a combinar e tivemos ata sete ou ocho ocasións de gol que non materializamos debido aos postes e a actuación do porteiro deles. Despois do 1-2 de penalti transformado por "Pelat Sorribas" poidemos golear, xa que eles foronse para adiante e chegamos con facilidade. Sentenciamos o partido nunha grandísima xogada de Leo (¡vaya partidazo!) que aproveitou un erro deles nunha falta e despois de cruzar case todo o campo nunha contra perfecta, cando os defensas lle sairon, pasoulle a Quique Pardo quen machacou a porteria contraria.
Conseguise así o obxectivo importantísimo dos tres puntos, que nos poñen a oito do sexto, pero o máis importante é que este equipo empeza a entender que o fútbol xógase con "cabeza", sofrimento e xogo de conxunto . A clasificación entre os "dez magníficos" parece maís cerca.
O negativo é que fomos otra vez 13 e que en algunhas fases do partido dámoslle demasiado ao "pico", así que menos "leria" e máis concentración.
A ver se empezamos a recuperar xogadores para a segunda fase.
O DOMINGO CONTRA O NANTÓN AO PARECER EN NANTÓN.

lunes, 3 de diciembre de 2007

E A ESTRELA DO DOMINGO FOI: CUBA. XUVENTUDE 1 - MALPICA 0

E a estrela do domingo foi sen lugar a dúbida CUBA, o noso porteiro, que o parou todo. Partidazo o librado polo noso cancerbeiro, inconmensurable. Dos ou tres man a man, unhas palomitas, unhas estiradillas....en fin...nin un só titubeo. Por iso na victoria acadada contra o Malpica (1-0) o verdadero heroe foi CUBA. O partido foi mais ben froxiño pola nosa parte. No primeiro tempo dominamos máis e tivemos máis ocasións que eles, pero na segunda parte San Cuba librounos dunha derrota que non sería nada inxusta, dado que o Malpica tuvo fases nas que nos dou unha boa malleira de fútbol. Pero este deporte e caprichoso e bastou unha gran mañán do noso porteiro e tamén recolocar un pouquiño a posición no campo, para meter estes tres puntos tan importantes no saco. Ainda así, pese a non facer un bo segundo tempo, poidemos sentenciar se Bernardo tivera atinado nun remate dentro da area que repeliu o pau. O dito, " chapeau" para o cancerbeiro. A seguir así. O XOVES 6, vamos ao campo das Redondas de Cabana a enfrontarnos ca nosa besta negra O CABANA (pasounos por enriba na primeira volta (1-7 ) e xa nos diron varias marimbas, sobre todo en Cances ). Se gañamos ese partido temos un pé metido entre os cinco primeiros case seguro. Así que .......ollo, ademáis como poderedes apreciar no seu divertido blog (felicidades por él) teñen fichaxes galacticos de última hora e veñen de gañar en Corcubión. FELICITAR AO SAN LORENZO POR HABER ACADADO O SEU PRIMEIRO PUNTO, SEGURO QUE NON SERÁ O ÚLTIMO NESTA PRIMEIRA FASE. MERECÍADELO POLO XOGO REALIZADO ULTIMAMENTE.

A ESTRELA DO SÁBADO FOI: XAQUIN

A estrela do sábado foi sin lugar a dúbidas o noso benquerido XAQUIN. Cambiou de estado civil e casou. Por iso, por dar ese paso tan importante na súa vida, para todos os integrantes de este equipo a estrela do sábado non foi nadie más que XAQUIN. ¡¡FELICIDADES PARA TÍ Y PARA A TÚA DONA!! ¡QUE PASADES UNHA BOA LÚA DE MEL!!. Ah! Aló adonde vaias, non gastes todas as túas enerxias, que ainda nos queda moita liga por xogar este ano. Xa é sabido que o "jet lag" e condenado, non hai máis que ver aos xogadores do Madrid e do Barcelona cando viaxan por esos mundos, chegan tan esgotados que as pernas non treman deles.... ESPERAMOS A TÚA PRONTA INCORPORACIÓN. Un forte abrazo de todos, para os dous.