XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 31 de marzo de 2008

CAIU O LÍDER E NÓS GAÑAMOSLLE AO BERGANTIÑOS 0 -XUVENTUDE 3

Caiu o líder. Era o único equipo invicto nas dúas competicións e caiu na casa ante os oleiros por 2-3. Xa o outro día en Cances estuvo algo froxo, tendo en conta todos os partidos que gañaron, que foron todos menos os dous empates connosco. O novo líder son os nosos veciños de Bértoa. ,Cando empezou esta liga eu xa dixen que estes iban en serio e así é. En canto a nós gañamos en Peisaco (como dín os de alí) a todo un Bergantiños, e por un resultado contundente 0-3. Non vos vou a facer crónica algunha porque eu non asistin ao partido, pero todo parece indicar que as fichaxes de última hora deron un resultado estupendo. Tanto Ricardo como Milito, éste con dous goles no seu estreno, parece que se adaptaron perfectamente ao equipo. A ver se se animan e veñen a partires de agora con máis asiduidade. Os que parece que están contentos coas novas chegadas son os "misteres" que xa teñen novos "motores" e estos non son diesel precisamente. Hai que agradecer a xestión inestimable de "Viliña" nestas dúas fichaxes e a tenacidade do delegado Romero para que se uniran ao noso equipo. Darlle tamén a benvida novamente a VEGA que reapareciu despois da súa grave lesión que o fixo pasar polo quirófano. E eu dende aquí non teño máis que dicirvos, soamente felicitar a todos os que colaboraron no triunfo do domingo e que se queredes mirar as clasifiacións acudide a páxina web do comité. Dexesarlle aos "lisiados" unha pronta recuperación.

domingo, 23 de marzo de 2008

DOMINGO DIA 30: BERGANTIÑOS-XUVENTUDE

Despois de una semana de "reflexión" e de "oración" para o domingo que ven xa temos liga outra vez, e de verdade que xa se botaba de menos, así aproveitamos e ímos a tomar os viñotes. Os nosos xogadores estiveron facendo "exercicios espirituales", e inclusive participaron activamente nas procesións, con un fervor inusitado. Na foto que se acompaña vense algúns deles "cargando" devotamente con un paso, e non escolleron precisamente o máis pequeno, non señor, estos homes comen touciño y teñen agallas e forza, ¡ver para creer!, a ver se se aínda lle quedan folgos para correr o domingo detrás dos xogadores do bergan. Esperemos que sí. ¡Ata o domingo compañeiros!

domingo, 16 de marzo de 2008

"DOCE HEROES": XUVENTUDE 2 - ZAS 2

Digo doce heroes, aínda que un participou pouco por lesión, porque un equipo que só faltando 5 minutos para comenzar o partido non tiña once xogadores, e entre eles dous xogadores de máis de 50 anos, prantoulle cara a todo un líder que non cedera máis que dous puntos e foi precisamente contra nós. E o de heroes, porque o lider só foi capaz de empatarnos pasados dous minutos do tempo regramentario, pese aos intentos do trencilla que nos pitou "millenta faltas" ao borde da área nosa e ninguna a favor. Empezamos gañando nos 1-0, gol de Rios, e empataron eles por medio do seu ariete Felipe. Ao descando 1-1, pero foi Bernardo quen puso o 2-1, e aos 41 minutos da segunda parte Pallín puido sentenciar o partido en un man a man co porteiro deles, que estuvo nesta ocasión acertado. No fútbol a máxima é que se perdoas despois págalo, e así sucedeu, cando pasaban dous minutos do tempo regramentario eles fan un saque de banda e nun despiste noso empatan o partido. Realmente tiña que ser así, porque aquí eu dixen moitas veces que íamos a loubar ou criticar aos árbitros, e o Sr.Paz un dos poucos "profesionales", hoxe moi sutilmente queimonos a faltas. Para mín, nefasto arbirtraxe precisamente porque él "é profesional" e non se lle poden perdoar cousas que a outros sí se lles poden perdoar. Personalmente dóeme a súa actitude porque estes colexiados, se queren saben pitar, pero vante machacando falta a falta, pouco a pouco, pero ao fin a a cabo vante machando. Se fixeramos unha estatística das faltas neste partido por cada falta que lle pitaron a eles a nós pitáronos 9, sobre todo na segunda parte. ¡Xa está ben, cojones, xa está ben, que non somos parvos!. A nós que no nos enseñan unha tarxeta por xogo violento, enséñanoslas por falar. ¡Isto é surrealista!. Pero en fin, parece como si nos mirara un torto, sáenos un partido mediocre e "cárganos o carro" coma o día do Bértoa, loitamos coma gladiadores contra todo un líder invicto, con un equipo diezmado polas lesións, e machácanos a faltas, e para máis "inri" con cinco minutos de desconto. A veces da gaña de mandar todo a tomar polo cú, porque parece que nos están tomando o pelo. ¡Claro, como non somos un equipo dos grandes, pasa o que pasa!. Un pouquiño de respeto, por favor. Que naide pense conseguir que desistamos, porque este equipo forma un grupo unido, pese a quen lle pese, e estoy orgullosísimo del, esto é máis ca un equipo de fútbol, e un conxunto de amigos. A nós no nos importa perder cando o merecemos, e merecemolo moitas veces, pero jodernos, por jodernos, non señor. Noraboa a todos, polo esforzo e actitude no campo, e porque é un mérito empatar co lider coas baixas que tivemos hoxe: Moises, Javier, Vila, García, Roel, Antonio, en fin ¡casí ná! Esperemos que pronto se recuperen algúns deles, penso que no próximo partido xa pode estar Vega ¡oxalá!, e tamén que se nos pase este mal sabor de boca. POR CERTO, ESTA CRÓNICA É UNA OPINIÓN PERSOAL, SE A ALGUEN LLE MOLESTA OU LLE PARECE SUBXECTIVA, XA SABE O QUE TEN QUE FACER: QUE RESPONDA OU NOS COMENTARIOS OU NO CORREO ELECTRÓNICO. O QUE ESTÁ CLARO E QUE O ÚNICO RESPONSABLE DELA SON EU, O ADMINISTROR DO BLOG: SINDO. ¡¡QUE TEÑADES TODOS UNHAS BOAS VACACIÓNS!! PARA VER OS RESULTADOS DA XORNADA E AS CLASIFICACIÓNS, POR FAVOR, PINCHADE NO ENLACE: COMITE DA LIGA. ASÍ EVÍTOME TER QUE COPIAR TODO. GRAZAS.

domingo, 9 de marzo de 2008

PALIZÓN: XUVENTUDE 1---BÉRTOA 5

Polo Vinculeiro Stadium pasou un apisonadora, o Bertóa palizounos sen compasión. Cada nos dimos conta xa tiñamos dous goles o lombo, e aunque conseguimos acortar distancias, nada máis comenzar a segunda parte, unha serie de xogadas desgraciadas fixeron que subira o terceiro o marcador, ainda así poidemos acortar distancias por medio de "Viliña", pero no era o noso día, e como eles non perdonan, nun errro noso meteronnos o cuarto y o quinto foi un regalo de colegiado, que lle caía a baba vendo como eles nos daban un baño. Así que "una manita", meteronnos "una manita", que jode, a ver se me entendedes, jode que te goleen, pero a verdade é que son un auténtico equipazo, o seu a seu dono, e os muchachos de Manolo Carracedo fan fútbol de alta escola, non teñen ningún torce-botas, saben o que fan, e ante tanta superioridad, só nos queda felicitalos, desearlle sorte e que proxima vez teñan algo de compasión, porque o fin e o cabo somos veciños. Isto sigue, os de abaixo van gañando y vanse acercando. O domingo ven outro equipazo, O Zas, esperemos que teñamos máis sorte que hoxe e que os goles de rebote os metamos nos. O do pito estuvo ben, fino, aunque o penalti que pitou e que foi o quinto gol, puido aforrar, porque o balón foi a mán, pero en fin "a can fraco todo son pulgas", e o partido gañarono eles porque son moito millores. A seguir sufrindo.

lunes, 3 de marzo de 2008

NANTÓN 0 -- XUVENTUDE 0

Empate xusto contra os de Nantón. Dominaron máis eles, que máis que un campo parece que teñen unha "agra" enteira (¡que grandísimo é!), nembargantes as ocasións de gol foron poucas. Nada máis empezar Pallín poido poñer o 0-1 nun mágnifico servicio de cabeza por parte de Jorge, pero a pelota saiu rozando o pau. Eles tamén tiveron a súa ocasión que sacau espectularmente o no "Casillas-Cuba", moi ben, moi ben, cada día está máis seguro e iso notao o equipo. Na segunda parte dominio asfixiante deles pero só unha ocasión ao quitar un corner, que pegou traveseiro. Nos últimos cinco minutos, cando as forzas xa estaban esgotadas, dúas contras nosas poideron darnos a victoria. Primeiro "Pelat Sorribas" nunha das súas clásicas "cabalgadas" rompiu, unha vez máis (¡que velocidade ten o cabronazo!), a defensa contraria e plantouse na área, pero o porteiro deles estuvo moi fino e sacouna co pé. A segunda xogada de Pallín, con desmarque de Jorge, que arrastrou a defensa, e de novo "Pelat" entrou polo centro da área coma un bala pero o balón quedouselle un pouco atrás e non puido rematar. Destacar a estupenda labor defensiva de Pedro, Javi, Moi e Rios, e a de todo o equipo en xeral. Lástima eses pequenos "incidentes" derivados dos cambios e tamén da calentura que temos os xogadores cando competimos, pero que teremos que ir subsanando nun futuro. Xa todos somos maiorciños e sabemos o que temos que facer ¿ou non?. En canto ao do silbato, fíxoo ben Xosé Antonio, a pesares de dous fora de xogo que nos perxudicaron, nos que se quedou "enganchado" o número 4 deles, pero a verdade e que para un árbitro sin líneas é totalmente imposible ver este tipo de situación, así que eu desde este foro felicito a Xosé Antonio . Polo demáis seguimos de terceiros a "un mundo" (7 puntos do segundo e 10 do primeiro) dos dous de arriba que, por certo, teñen que visitar o Vinculeiro Stadium, primeiro o Bértoa e despois o Zas. ¡Que Dios nos colla confesados, comulgados e cambiados!. Ah! Pero que eles non se descoiden tampouco, non sexa que vaian a levar unha sorpresa, todos sabemos que no Vinculeiro pode pasar de todo, depende do día. En canto o grupo dous, seguen fortes o Vimianzo, líder, o Camariñas e o Cabana, que xa lle está soprando na caluga ao Camariñas, derrotado na casa polo Vimianzo. E sen máis rollo, que xa está ben, ahí tedes as clasificacións:
CLASIFICACIÓN GRUPO 1º.
  EQUIPOS
J
G
E
P
GF
CG
PUNT
DIF
1
ZAS
8
7
1
0
19
5
22
+14
2
BÉRTOA
8
6
1
1
20
10
19
+10
3
XUVENTUDE
8
3
3
2
11
10
12
+1
4
BAIO
8
3
2
3
12
14
11
-2
5
NANTÓN
8
2
4
2
7
6
10
+1
6
BUÑO
8
2
3
3
8
11
9
-3
7
CORCUBIÓN
8
2
2
4
11
12
8
-1
8
PONTECESO
8
2
1
5
8
16
7
-8
9
BERGANTIÑOS
8
1
3
4
3
9
6
-6
10
SAN ROMÁN
8
1
2
5
8
14
5
-6
CLASIFICACIÓN GRUPO 2º.
  EQUIPOS
J
G
E
P
GF
CG
PUNT
DIF
1
VIMIANZO
8
7
1
0
23
9
22
+14
2
CAMARIÑAS
8
6
1
1
16
12
19
+4
3
CABANA
8
5
3
0
22
15
18
+7
4
CORISTANCO
8
4
0
4
20
17
12
+3
5
C.DEL MAR
8
4
0
4
14
14
12
0
6
MALPICA
8
3
2
3
18
17
11
+1
7
SOFÁN
8
1
2
5
7
12
5
-5
8
CORME
8
1
2
5
12
21
5
-9
9
D.CARBALLO
8
1
1
6
6
13
4
-7
10
S. LORENZO
8
0
4
4
7
15
4
-8