XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 27 de abril de 2008

PONTECESO 1---XUVENTUDE 2, PARTIDO MOI....MOI....DIFICIL...

Hoxe conseguimos doblegar ao Ponteceso no seu campo y gañamos 1-2 nun partido moi....moi difícil. Un gran Ponteceso necesitado de puntos apretounos dende o principio, nembargantes soupemos aguantar as súas embestidas e Pallín, nun alarde de calidade, puxo o 0-1 con unha preciosa "vaselina" (non sei se se escribe así pero todos entendedes). A partires de ahí comenzamos a xogar millor e o controvertido, pero eficiente, Pelat Sorribas desquiciou a defensa contraria nunha das sús internadas, provocando un penalti que tansformou o sempre talentoso : Joaquín. Co partido de cara tivemos un dos nosos clásicos baixóns e o Ponteceso marcou un gran gol. Descanso 1-2. Na segunda parte empezamos coma case sempre "medios dormidos" e dimoslle dúas ocasións de gol que eles non aproveitaron, porque unhas veces fallaron e outras veces foi Cuba no seu "campo maldito" o que lle impediu que lograran marcar, por iso a foto de hoxe vai dedicada a él.. porque neste campo eu sei que sofriu moito e hoxe fixo un partidazo, ao mesmo tempo quitouse o mal fario que o perseguia neste Pinguel. A partir do minuto vinte o partido tornouse bronco, o que dou lugar a uns "incidentes" que xamáis se deberían de producir nun torneo de veterans. Eu dende este humilde foro invito a reflexionar as "cabezas pensantes" sobre a idoneidad de facer unha liga tan competitiva, e tamén a que den as ordes oportunas aos árbitros para que teñan man firme con aqueles que teñán comportamentos antideportivos, senón isto vaise ir ao carallo.....tempo ao ....tempo. O día que por desgracia haxa "un accidente" con algún lesionado grave (e todos sabedes de que falo, que non son precisamente patadas) veremos que o camiño que collemos non é o axeitado. Lamentar as múltiples lesións que houbo no equipo producto na maioría de problemas musculares e desexar a súa pronta recuperación . Coma sempre se queredes ver a clasificacións ir ao enlace do Comité. Unha vez máis convídovos a participar neste blog, porque senón e moi aburrido...facede comentarios, mandade fotos ao correo eléctronico, ou facede algo porque se non hai participación e millor eliminalo.¡VEÑA COÑO QUE ISTO É PARA PASALO BEN!

sábado, 26 de abril de 2008

¡¡¡¡¡¡FELICIDADES!!!!!!!! PARA ROBERTO E A SÚA DONA

¡¡¡¡¡FELICIDADES!!!!! PARA ROBERTO Y MÁIS A SÚA DONA, POR SER PAÍS POR SEGUNDA VEZ.....SE NON ENTENDIN MAL SON OS FELICES PAIS DUN FUTURO FUTBOLISTA.

miércoles, 23 de abril de 2008

BAIO 1---XUVENTUDE 3, CON UN HAT TRICK DE PELAT SURRIBAS

Quinta victoria nesta segunda fase da liga que nos serve para remontar postos e ao mesmo tempo poñer o gol-average a favor noso con respecto aos de Baio. Mañán infernal na que caian "chuzos de punta", xa facía anos que non se xogaba con tanta auga. O fermoso e grandísimo campo do Baio tornouse nunha piscina na segunda parte. O partido púxosenos ben xa na primeira parte, na que conseguimos marcar por dúas veces, ademáis de realizar un xogo bonito, con poucos regates, con pases case que o primeiro toque. Uha moi boa primeira parte na que marcou O PELAT SURRIBAS que parece remocear outra vez na súa posición de dianteiro centro. A segunda parte foi deslucida poque o campo era un charco, así que patadón pa diante. Conseguiron eles acortar distancias nun erro noso, e foi outra vez o PELAT o que conseguiu o terceiro gol e o seu primeiro "hat trick" da tempada (iso sí tuvo a delicadeza de non levarse o balón para a casa, je..je..). A partir de aquí poidemos golear aos de Baio que se foron para arriba, pero unhas veces porque non tiñamos o punto de mira axustado, e outras veces porque en fin....que queres que vos diga.......(non se pode xogar con orelleiras, porque impiden ver aos compañeiros desmarcados) o certo é que ao final eles poideron acortar distancias, xa que o trencilla no tempo de desconto pitoulles un penalti (deses que se inventa cando lle parece que xa todo está feito y tamén para quedar ben con todo dios), pero tirarono fora. Así que poñemos algo de terra de por medio co Baio e Bergantiños. O domingo outro partido importantísimo en Ponteceso, se gañamos alí case que estaremos "salvados", así que ..........a dar o callo......

viernes, 18 de abril de 2008

ESTAMOS ENCALLADOS: NOVA DERROTA: CORCUBIÓN 4--XUVENTUDE 3

O mesmo que o barco da foto nós estamos encallados, con só 4 victorias non é fácil manter o tipo. Os demáis equipos apretan os dentes, supoño que polo medo de baixar ao grupo B, e nós permanecemos estancados. É verdade que as lesións son moitas e o equipo anda mermado de efectivos, así que pacencia e a seguir loitando. O domingo temos un rival directo coma o Baio e hai que dar o dó de peito, con seis ou sete puntos seguro que estamos salvados, ánimo que a isto ainda lle falta moito.

domingo, 6 de abril de 2008

DERROTA MERECIDA: XUVENTUDE 1 --SAN ROMÁN 3

Una vez máis o Vinculeiro atragantousenos e perdemos merecidamente cos de San Román 1-3. Parece que non damos aprendido a xogar contra este equipo porque sempre non fan o mesmo, dous ou tres faltas ao borde da área chéganlle para gañarnos sen moita dificultade. Se a ese lle engadimos que correron moito máis ca nós, con iso está todo dito. Partido para olvidar, un desastre en todos os aspectos. Non é campo este noso do Vinculeiro para practicar fútbol de pase, aquí todos sabemos que hai que ir ao corpo a corpo, porque pretender controlar o balón e impensable nas condicións en que está o cesped, pero nos xa o sabemos e por iso tiñamos que ter ventaxe sobre os equipos visitantes. En fin, a ver se se van recuperando os lisiados, porque hoxe había polo menos media ducia deles vendo o partido (lástima de foto, iso que tiña a cámara no estadio). Tranquilidade, pero iso sí, sin durmirse, porque estamos todos nun pañuelo. Se queredes ver os resultados e a clasificación pinchade na web do COMITE.