XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 26 de mayo de 2008

O DOMINGO O BÉRTOA, ......outra vez.....aínda imos a soñar con eles...HORARIO: 10,30 DA MAÑÁN

O domingo tócanos xogar ¡outra vez! co BÉRTOA , xa nos dirán a hora....Así que despois da concentración do venres.......se conseguimos recuperar algún xogador aló vamos a vernos as caras outra vez, a ver se a quinta vai a vencida e damos a sorpresa, porque de perder xa está ben....pero en todo caso se é o último partido da tempada tampouco pasa nada......¡a divertirse o domingo!. O PARTIDO COMENZARÁ ¡¡¡OUTRA VEZ!!!! AS 10,30 DA MAÑÁN..así que toca madrugar outra vez e tamén tomar os callos para completar a dieta do viernes.

miércoles, 21 de mayo de 2008

DIETA PARA CURAR AOS LESIONADOS: O DIA 30 DE MAIO "CONCENTRACIÓN" NO LOCAL SOCIAL DE CANCES

Ante as numerosas lesións que sofren os nosos xogadores, a directiva co ánimo de recuperalos para o partido copeiro, e despois de diversas consultas cos máis prestixiosos equipos médico-deportivos, chegaron a conclusión de que a ÚNICA maneira de poder recuperar aos lisiados é mediante unha dieta proteico-macro-biotica-hiperhidratada de choque, e despois de exhaustivos estudos chegaron a conclusión de que había que concentrar a plantilla O DIA 30 DE MAIO NO LOCAL SOCIAL DE CANCES, Alí a partires da hora de costume (das 22,oo en adiante), comenzará o tratamento que consiste no seguinte: (vamos a ilustralo con unhas fotos) : de ENTRANTE:
de PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO: como terapia de HIDRATACIÓN: finalmente coma TONIFICANTES para fortalecer os músculos: O staff médico do clube resérvase o poder excluir ou incluir algún que outro medicamento dependendo da evolución dos pacientes.....O tempo estimado da terapia é......de unhas cuantas horas, e parece ser que só facerá efecto pasadas as dúas da mañán. (¡estes médicos....están tolos......!)

lunes, 19 de mayo de 2008

NORABOA AOS CAMPIÓNS BÉRTOA E CABANA, e tamén aos de CAMARIÑAS. HOXE OUTRO PALIZÓN BÉRTOA 7 -- XUVENTUDE 0

Antes de nada felicitar aos CAMPIÓNS: BÉRTOA E CABANA. Para nós finou este calvario, porque se chega a durar un pouco máis a liga, descendemos seguro. Xao dicía aquel "non mandei a miñas naves loitar contra os elementos", e a nós parece que no mirou un torto, o parte de guerra é desolador, porque temos un feixe de lisiados: en defensa: Pedro, Antonio e Ramón, no medio campo: Leo, Ricardo e Garcia, e na dianteira: Vega, Jorge e Milito (aunque este só participou en dous partidos), ou sexa que temos un equipo completo no dique seco. Hoxe fomos 10, e ísto é un dicir, porque realmente foron 9, así que o Bértoa volviunos a palizar sin piedade. De catro partidos que xogamos con eles gañaronnos os catro. Metéronnos 7, fallaron outros 14 e tiraron ao pau tres ou catro. Non hai que dicir que os BOMBONEROSBOYS (case todos "nenos " de treinta e poucos anos) non puxeron empeño. Aguantamos 25 minutos, pero cando abriron a lata (por certo con unha celebración estilo Fernando Alonso: "Toma" "Toma" "Toma", en fin .....sen comentarios..) todo foi un camiño de rosas para eles e en cinco minutos xa nos meteron otros dous máis. De ahí ata o final tocounos sofrir moito...pero moito....a goleada poido ser de escándalo, menos mal que unhas veces non atinaron, outras tiraron ao pau e outras parounas Cuba. Non lle deseo a nadie esa situación, sobre todo ante un equipo tan ambicioso e con tanto poderío físico e técnico coma este (senón se ten ambición nadie é campión), porque aínda que na segunda parte xogaron os non titulares, o que máis e o que menos tiña gaña de marcar....e eu comprendoo....sí...non sempre se gaña un título e por enriba na primeira participación. O que está claro é unha cousa, do mismo xeito que o Zas se deixou catro puntos con nós, se hoxe poideramos tamén ao Bértoa lle birlariamos os tres en xogo. En fin compañeiros isto acabou por sorte...... se se recupera a xente vamos a disputar a copa con todo o ardor do mundo, e senón se recupera, para ir con nove ou oito, e millor quedar na casa, ser palizado deste xeito non creo que sea a imaxe que máis favoreza ao equipo, como equipo, nin aos xogadores como xogadores......Un saúdo para todos. e repito NORABOA AOS DOUS CAMPIONS: BÉRTOA E CABANA por ser os campións e os de CAMARIÑAS polo seu merecido ascenso

sábado, 17 de mayo de 2008

E...AQUÍ ESTÁ O SORTEO DE COPA.....

Aquí está o sorteo da copa, todas a eliminatorias a UN SOLO PARTIDO EXCEPTO A SEMIFINALES. NON SE ACUMULAN AS TARXETAS AMARELAS DA LIGA. A final organizaa o CABANARSENAL no estadio Das Redondas, noraboa aos compañeiros de Cabana, sen dúbida será todo un acontecemento, lástima que coincida coas festas patronales de Cances (día de San Pedro) que nos impidirá acudir a este evento, salvo que tiveramos a desgracia de ter que xogar a final....os milagres tamén existen....

PREVIA

25/05/08

1/8

1 DE JUNIO

1/4

8 DE JUNIO

SEMIFINAL

15 Y 22 DE JUNIO

FINAL

29 DE JUNIO

Campeón
S.Román
Buño Bergantiños
Malpica
Nantón
Cabana
Vimianzo
Camariñas
Bértoa Xuventude
Corme
Sofán Zas
Corcubión
D. Carballo
S. Lorenzo
C. del Mar
Baio
Coristanco Ponteceso

viernes, 16 de mayo de 2008

¿ALGUÉN COÑECE A ESTE HOME?

Dende fai dous días as forzas de orde público están a investigar a presenza deste home por esta zona. Localizárono en varios establecementos de Baio e tamén de Cances (bueno aquí a verdade que só en dous: no Fergo e na de Manolo). O máis sospeitoso é que sempre leva o maletín con él e dín que conduce un deportivo roxo. ¿Coñeceo alguén? ¿Qué levará no maletín?. ¿Terá algo que ver co escándalo dos maletíns do que fala o blog do Cabana, e que ao parecer destapou o Atalaia News? O paparazzi que quitou a foto fixoo con un móvil da primeira xeración de cámaras pois non lle dou tempo de sacar a súa flamante Nikon, de ahí a súa calidade.........Se sabedes algo sobre él infomade ao número 5555-696969 é gratuito. ¿Será un maletin coma este......?

martes, 13 de mayo de 2008

DOMINGO 18 DE MAIO ÚLTIMO PARTIDO: BERTOA -- XUVENTUDE EN PAIOSACO AS 10,30 HORAS

DOMINGO AS 10,30 HORAS PARTIDO CO BÉRTOA EN PAIOSACO. Este foi o comunicado que me fixo o adestrador do Bértoa, así que aínda que teñamos que madrugar un pouquiño máis, compensámolo despois cos callos na feira. Ao parecer os dous que disputan o título non van xogar a mesma hora..... é tampouco algúns involucrados no descenso.......eu sinceramente non entendo nada....de nada..........en fin......"allá cada uno". Nós ao noso...a xogar.....e a disfrutar da feira.... e dos callos, do pulpo.... vamos aproveitar que agora xa se rematou a "champions" e nada de dietas nin caralladas.....Bueno,, ainda falta a copa......e o festorro final que por certo non ten data. A ver se espabilamos "cabezas pensantes" que despois de tanto sofremento ben merecemos un churrascote para celebrar que xogaremos para o ano na elite...así que a poñerse as pilas........porque vexo que o de celebralo NA FONTE DO PICHO non tuvo aceptación....je...je.. Por outra banda o VENRES 16 DE MAIO AS 21,30 HORAS NO CENTRO CIVICO DE MALPICA (ALÍ NO VENTORRILLO ONDE ESTÁN AS ESCOLAS) ASEMBLEA XERAL, co seguinte orde do día: 1ª Apertura de la Asamblea por parte del Comité. 2º Pago de sanciones Liga 3º Información final de la Liga a falta de una jornada 4º Tema de acumulación de tarjetas y otros 5º Estudio y aprobación de los candidatos a organizar la final de Copa 2008 6º Sorteo de Copa. 7º Todos los equipos tienen que estar al corriente de pago antes de empezar la otra liga. 8º Ruego y preguntas.
E como dicía o outro ....."sobre isto non teño máis que dicir"......
Por certo aquí que nadie faga comentarios eh, non sea que vos vaian a quedar os dedos tullidos de tanto escribir. Se é moi fácil, pinchades en comentarios, escribides o que sexa (menos insultos e menosprezos) e senón queredes poñelo nome, inventádeo o poñede anónimo. Joder que aburrimiento......Vou a ter que cerrar o chiringuito ...ou ¿será que e un blog aburrido? Igual teño que cambiar de estilo.....vamos a ter que estudar phothoshop......e .....veña leña o mono..
ULTIMAS NOVAS: No blog do Comité dí que o periodo de inscripción de equipos alárgase ata o 29 de junio......(isto publico para ......xa sabes quén.......así que o novo equipo do "barrio do Hospital" ainda ten tempo de sobra para anotarse). O equipo de investigación desta publicación despois de árduas pesquisas tivo coñecemento de que xa hai CATRO equipos novos dispostos a entrar na liga de fútbol veteran da costa....e non son de moi lonxe...De confirmarse a noticia e despois de alargar o período de inscripción vaia ser difícil que naide perda a categoría na "champions" así que todos tranquilos...

domingo, 11 de mayo de 2008

UNHA MANITA E......MENOS MAL...XUVENTUDE 0 ---- NANTÓN 5

Hoxe o final non se puido quitar a foto porque soamente aparecemos nove xogadores no VINCULEIRO STADIUM, e xogamos oito pola lesión de Ramón, así que os de Nantón golearonnos facilmente. A propósito, este invento-bodrio de liga tan competitiva en veterans fai que a adrenalina a veces nos saía polas orellas, e o normal e que o contrario te machaque se pode, tanto psicologicamente, como físicamente, e se che poden marcar vinte goles non quedan en quince, pois ben, neste deporte, aínda quedan caballeros-deportistas que ven o fútbol de veterans como un pasatempo, un deporte no que todos vamos a gañar, pero que cando o rival polas circunstancias que sexan está diezmado, como nos pasou a nós hoxe, non te machaca, limítase a cumprir coa súa obriga que é a de gañarte, pero sen humillarte. Por iso hoxe O EQUIPO DE NANTÓN E TODOS OS SEUS XOGADORES, E DIGO TODOS SEN EXCEPCIÓN, TIVERON UN COMPORTAMENTO SUPERDEPORTIVO COS NÓS E DENDE ESTE FORO EU PERSOALMENTE, E FÁGOME PORTAVOZ DE TODO O EQUIPO, QUEROOS FELICITAR POR SER UNS AUTÉNTICOS DEPORTISTAS que saben entender isto coma un deporte para divertirse. ¡GRAZAS POLO VOSO COMPORTAMENTO!. Cando saíamos do campo o meu benquerido Romero, o noso super-delegado (¿qué sería de nós sen él?) fíxo unha apreciación que a mín me pasara desapercibida, en todo o tempo que durou o partido non saiu nin un só balón do recinto, cando o normal é que haxa que ir a buscar as leiras colindantes dez ou viente, con iso está todo dito: O Nantón veu a xogar o fútbol, a gañar o partido que era a súa obriga, e dadas a circunstancias puido meternos unha goleada de escándalo se apretaran un pouco, pero só se limitou a xogar e gañar. Porque unha cousa é que che gañen por oito ou dez goles tendo once xogadores cada equipo, e outra cousa é xogar contra o contrario que só ten oito xogadores. Só por xogar con equipos coma este que saben entender o obxectivo desta liga, só por existir un equipo así, vale a pena seguir xogando ao fútbol ainda que teñas os anos que teñas. Polo demáis desexarlle aos resto dos compañeiros unha pronta recuperación e a ver se podemos quitar a foto "oficial" noutra ocasión...e.. que o domingo xuntemos once....... porque para nós non é un partido importante, pero para os de Bértoa sí, e nós non queremos dar lugar a suspicacias, o que teña que gañar que o gañe no campo. Sorte ao Bértoa e ao Zas ..que gañe quen o mereza. Agora vamos a mostravos una fotos nas que algúns dos nosos disfrutan da "sauna" que temos instalada nos vestiarios......ahí estamos na nosa saaaaaallllllsaaaa...je....je.

martes, 6 de mayo de 2008

¡¡¡¡¡ANTENCIÓN!!!!! O DOMINGO ÚLTIMO PARTIDO DESTA CHAMPION EN CANCES, ASÍ QUE: ¡¡¡¡¡FOTO OFICIAL!!!!!

MIRADE QUE BONITO E O ENTORNO DO NOSO VINCULEIRO STADIUM, LÁSTIMA NON FACELO UN POUQUIÑO MÁS GRANDE.....E SITIO AINO....AINO......E SENÓN BÚSCASE.....
O domingo xogamos o último partido desta liga no noso benquerido VINCULEIRO STADIUM (para o ano que ben non o vai a coñecer ninguén), e como o das fotos xa me dixestes moitas veces que daba mal fario, ata agora non saquei ninguna, pero como nós o obxectivo xa o cumprimos, o domingo "FOTO OFICIAL" DO EQUIPO, e FOTO INDIVIDUAL DE CADA UN DOS XOGADORES, DIRECTIVOS, ADESTRADORES, E SE APUNTA ALGÚN ESPECTADOR TAMEN SAE (total para os que temos) así que procurade ir ben afeitados e peinados, e por suposto duchados, ¡ah! e durmide para non sair cos ollos coma potes, porque eu aínda non aprendin a técnica que usan os nosos colegas de Cabana no seu excelente blog (felicitacións compañeiros da gusto visitalo), así que o que queira sair guapo que non ande por ahí de troula..e a ver se estamos vestidos dez minutos antes do partido para que haxa tempo de sacar o reportaxe como dios manda. Outra cousa, parece que as "cabezas pensantes" deste equipo están a argallar unha "festa-jolgorio" para despedir a tempada, así que xa podemos ir rascando o bolsillo e "poñernos o día" xa sabedes de que falo: "money, money" porque senón vamos ter que ir ao fiado e non están os tempos para iso, ademáis o noso crédito nalgúns sitios e máis ben limitado .......je....je.. . Bueno de todos os xeitos fontes non oficiais ainda me sopraron fai pouco que as arcas do club estan medio cheas, seguro que coa venta dalgún dos xogadores estrela na próxima tempada estarán a reventar (hai varios equipos detrás das nosas "estrelas"), e non vaiades a pensar que isto non vai en serio, por un deles xa me ofreceron a mín só en concepto de comisión: catro xamóns de pata negra, tres caixas de Rivera del Duero, e unha caixa de cigalas das grandes (eu xa aceptei agora se él non firma e problema del), pero é lóxico o tipo fixo unha progresión este ano que deixou perplexos a todos, incluido a él mesmo. Se tendes ofertas.....xa sabedes........hai que informar o club porque as claúsulas de recisión son "top secret" e están pechadas nunha caixa de máxima seguridade nunha entidad bancaria que por suposto non vou a dicir aquí...Ei,..vexo que todo dios vai a celebrar neste fin de tempada, nós tamén podíamos celebrar quedarmos en primeira, así que por non ser menos que os demáis podiamos ir a FONTE DO PICHO que a fonte máis representativa de Cances, hai que falar cos responsables para que lle poñan o andamiaje (para protexela) e na última xornada vamos a celebrar a fonte, só nos falta falar con Antonio para que nos leve no seu histórico Bus-Land-Rover descapotable.....sería a ostia....

domingo, 4 de mayo de 2008

CUMPLIMOS O OBXECTIVO: BUÑO 2---XUVENTUDE 2

Cando se inventou este bodrio de liga (non entendo porque non se fixo un só grupo), e digo a título persoal, nadie daba un céntimo porque nós poideramos conservar a categoria, e eu teño que confesar que tamén tiña as miñas dúbidas, e non pola calidade dalgúns dos xogadores, senón porque nas situación comprometidas, a pesares de xogar ben, dábamos a impresión de ser un equipo débil psicológicamente, de feito ainda creo que somos un equipo que recibimos máis goles dos que deberíamos, pero finalmente conseguimos o obxectivo final que era conservar a categoría. Hoxe nun partido que tivemos dominado na primeira parte e que conseguimos ir gañando 0-2, unha vez máis sofrimos esos 10 minutos "tontos" e os oleiros empataronnos. De todos os xeitos quero felicitar a toda a plantilla porque independientemente do posto que logremos creo que fixemos unha gran campaña nesta "champión league", pero aparte do resultado quero felicitar a plantilla por ser unha piña, por ser amigos, colegas, o como queirades chamarlle, se de algo estou orgulloso neste equipo é que despois de terminar o partido todo o mundo, salvo raras excepcións, quedan a compartir un ratiño cos seus compañeiros, e iso non o fan todos os equipos, por iso por ser unha boa xente vale a pena xogar no Xuventude porque é millor ter bos compañeiros que conseguir títulos. ¡Gracias a todos por ser como sodes!

viernes, 2 de mayo de 2008

DOMINGO AS 11 NO VINCULEIRO STADIUM outra vez: XUVENTUDE---BUÑO

Atención compañeiros o domingo volvemos ao noso VINCULEIRO STADIUM, que según uns filtracións que chegaron a esta redacción parece que vai a ser REMODELADO, o infiltrado ainda non nos puido pasar toda a información, porque tiñaa toda nun pen-drive (ou como se diga, sí eso que sustitui os disketes) e ao parecer botouno na lavadora e ....claro....jodiuse o invento, así que os planos e o diseño virtual que nos traía foron pola tubería abaixo...en fin......de todos os xeitos parece que se vai a cambiar o cesped, seguramente con tepe dese traído dende europa central, so hai que colocalo e a xogar,.....je..je.... En fin que VOS ACORDEDES DE IR A A XOGAR A CANCES, NON A BUÑO, ASÍ QUE AS 11,00 DA MAÑÁ NO VINCULEIRO. Ah! e despois da semaniña tan movida, nos despachos, nos blogs, en case que todos os lados, o domingo en vez de auga haberá uns bocois de 200 litros de tila para cada equipo, non vai ser o demo, ademáis así non haberá problemas no momento de pasar o control anti-doping porque o tilo (como din os do outro lado do mar) non é susbtancia dopante. Durmide ben.......e tila ou tilo....moita tila.....