XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 30 de septiembre de 2008

SEGUNDA PASADA: SAN ROMÁN 3 -- XUVENTUDE 0

Non levantamos cabeza. O domingo foi o San Román quen merecidamente nos derrotou 3-0. Aguantamos o que poidemos na primeira parte 0-0, pero na segunda barreronnos do campo. Non andamos nada finos e volvemos ao de sempre, regalamoslle dous goles tontamente. Pero insisto que foron superiores a nós. Parece ser que este ano non damos atopado o noso ritmo, pódenos a ansiedade, queremos chegar demasiado rápido a porteria e conseguimos o efecto contrario. Levamos CERO goles a favor e OITO en contra, con iso está todo dito. Somos un choio de carallo para os rivais. En fin, esto pinta mal.....moi mal.......así que eu recomendaría xogar sen ninguna presión, ao fin e o cabo non hai nada que demostrarlle a nadie. Tranquilide e ir preparándose para un "churrascote" porque a iso non nos gañan nin de coña ¡era o que nos faltaba que tamén non joderan en eso!

domingo, 21 de septiembre de 2008

UNA MANITA. FIXÉRONNOS UNHA MANITA

No campo das Eiroas tocou madrugar e as 10 da mañán empezou a tempada 2008-2009 e coma sempre chegamos xusto para comenzar o partido. Nada que obxetar a victoria do Bergantiños que nos pasounos por enriba, souberon aproveitar as súas oportunidades, aínda que nós tamén tivemos as nosas: dúas chegadas sós diante de Tasende nos primeiros 45 minutos poideron cambiar o rumbo do partido, pero como non era o noso día non marcamos. Na primeira parte 2-0. No comenzo da segunda parte tivemos un par de chegadas pero nunha contra deles e a súa vez nunha inxenuidade nosa, marcaron o 3-0 é ahí rematou o partido. Os últimos 15 minutos foron de pena, non é que o Bergan xogara un gran partido, porque a partires do minuto 20 da segunda parte xogaron os "que case que nunca xogan", pero fomos nós unha vez máis os que lle puxemos os goles en bandexa, . En fin, vendo os resultados no blog do Comité parece que o Bergan e o San Román comenzan fortes ¿acordádevos do comenzo do ano pasado?, pois iso.....que parece que este ano ........ toca sofrir. Creo que vamos ter que correr menos, xogar máis e tolear menos no campo, senón vannos a pintar a cara en todos os campos.
AH! e eiquí da queima non se salva nin Dios porque os partidos ganos o equipo...soamente o equipo.....e tamén os perde o equipo TODO EQUIPO NON SO UNS CANTOS. TODO O EQUIPO.

sábado, 20 de septiembre de 2008

¡¡¡¡¡EMPEZA A FUNCIÓN!!!!!!

Este fin de semán comenza a festa, empeza a función, os actores, directores e xulgadores xa están listos, así que SORTE PARA TODOS OS EQUIPOS (excepto cando xoguen con nós, je.je....), no, de verdade que SORTE PARA TODOS OS EQUIPOS, XOGADORES, DIRECTIVAS, COMITÉ E ÁRBITROS. Gañar e moi bonito, pero o importante é que nadie se lesione e sobre todo que impere a deportividade e non haxa que lamentar episodios de violencia en ningún campo. Enfados, calenturas e tensión xa sabemos que sempre as haberá, pero o importante e non sofrir lesións..Así que compañeiros de toda a liga o Xuventude dexésavos toda a sorte do mundo.....

jueves, 18 de septiembre de 2008

DOMINGO DIA 21 AS 10.00: XUVENTUDE --- BERGANTIÑOS EN CARBALLO: CAMPO DAS EIROAS (NO POLIGONO INDUSTRIAL)

Como non dispoñemos do noso Vinculeiro Stadium imos de prestado e disputaremos o primeiro partido de liga
NO CAMPO DAS EIROAS (Polígono industrial de Carballo:
campo de herba artificial o DOMINGO 21 AS 10,00)
dende aquí lle damos as grazas pola súa colaboración a ANTONIO, ao Bergantiños, e tamén ao Comité, porque como todo mundo sabe nós non estamos acostumados a xogar en campo prestado e por iso ao millor nos levou tanto bempo facer a xestión, iso sí, por se alguén o dubida foi todo feito de boa fé, sen enganos, que non é ese o noso estilo, non houbo "milongas" de por medio en todo este proceso, e aos que queiran ver pantasmas donde non os hai é un problema absolutamente deles e da súa cabeza. Nós non vamos a entrar na guerra de nadie contra nadie, e tampouco vamos a supeditarnos as intencións subxectivas de cadaquen. A intención do Xuventude de Bergantiños de Cances é a de colaborar e falicitar a labor para que esta competición saia o millor posible.
POLO DEMÁIS SO PEDIRLLES AOS COMPAÑEIROS QUE O DOMINGO ESTEAN VESTIDOS NO CAMPO DE XOGO AS 9,45 PARA VER SE PODEMOS QUITAR A FOTO DE INICIO DE TEMPADA E TODOS OS QUE TEÑAN SEGUNDAS OU TERCEIRAS EQUIPACIÓNS QUE AS TRAIAN, PARA PODER REDESTRIBUILAS.

lunes, 15 de septiembre de 2008

ACABOUSE A PRE-TEMPADA

Onte rematou a pre-tempada con un novo "bolo" en Malpica. Malpica 2- Xuventude 3. Un partido divertido xogado como debían de xogarse todos os partidos de veteranos, fútbol para divertirse que de eso se trata, de divertirnos. Unha vez máis fomos case que xustos, en espera de que a xente se recupere. Os novos fichaxes empezan a adaptarse, así que todo listo para o pistoletazo de saída. O domingo tócanos os Bergantiños, o partido non se poderá xogar en Cances porque o Vinculeiro Stadium, o pobre, aínda está convalecente polas reformas efectuadas, así que vamos a ver onde xogamos.

jueves, 11 de septiembre de 2008

SAN LORENZO 3 --XUVENTUDE 2. E O DOMINGO PARTIDO EN MALPICA CONTRA O MALPICA AS 11,00

O domingo xogouse en Coristanco outro "bolo" contra os amigos do San Lorenzo, o resultado foi 2-3, pero iso é o de menos, o importante e ir rodándose e sobre todo ir probando novos compañeiros que se unen a este equipo. Como sabedes temos un feixe de lisiados: Richard, Moi, Antonio, García, e algunhas baixas de compañeiros que ao parecer este ano non van a xogar, así que necesitamos incorporar nova xente. Parece que recuperamos a Manolo Surribas e tamén a Fernando, pero de todos os xeitos a tempada a longa e necesitamos reforzos, así que todo o que poidades aportar para unirse a nós será benvido, xa sabedes hai que joder aos amigos porque os outros non se deixan. E seguindo coa preparación: O DOMINGO 14 AS 11,00 (HAI QUE ESTAR ALÍ 20 MINUTOS ANTES) PARTIDO EN MALPICA CONTRA OS DE MALPICA...Así que a madrugar que isto agora xa non para...O día 21 empeza a liga así que a desperezarse.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

AS MEDIDAS DE GRACIA PUBLICADAS NO BLOG DO COMITÉ

Acabo de ver o correo electrónico particular, o do noso club e asemesmo acabo de ver no blog do Comité a publicación das "medidas de gracia". Como o Comité non admite comentarios no seu blog, vounos a facer dende aquí. As medidas esas de gracia xa se sabían que existían, sairon pola tele antes da Asemblea do xoves. Nesa asemblea votouse que as sancións do ano pasado continuaban vixentes, e ao ser a asemblea soberana, eu personalmente, creo que hai que respectar a decisión tomada. ¿A qué ven agora esta historia das medidas de gracia se xa esta decidido pola asemblea?. De verdade que as veces non entendo por qué se está a revolver o que non se debe de revolver, ademáis xa é sabido que canto máis revolves máis cheira. Que eu saiba non estamos federados, e non nos afecta para nada iso, é máis, na maioría das asociacións de veteranos non se segue o reglamento da federación a rajatabla senón que se modifican certos artículos, sobre todo os referentes as conductas antideportivas que causen lesión por medio de violencia, aplicándose non as sancións que constan no reglamento senón sancións exemplarizantes que conlevan en ocasións a expulsión da competición por largos períodos de tempo e inclusive por tempo indefinido, todo isto previa aprobación da asemblea general que é quen en definitiva decide cómo, cando e cal é a forma da competición.
¿Hay algún interés en modificar a decisión da asemblea? Espero que non. Non sei para que nos complicamos tanto, a veces o exceso de información e contraproducente porque da lugar a debates que non teñen razón de ser e que por enriba crean confusión.
Dada a suspicacia que existe entre todos nós ven se pode entender que estas "medidas de gracia" adoptadas pola Federación revocan a decisión tomada na asemblea, e os equipos podriamos aproveitarnos de esa confusión, nembargantes espero que impere a cordura: O votado votado está. ¿Por qué quere o Comité que haxa unha nova votación sobre as famosas medidas de gracia?.Todo o que se aparte do decidido na asemblea será pisotear a soberanía da misma. Ollo con estas caralladas que xa bastantes liortas armamos ............sin que agora se pretenda dicidir novamente sobre o decidido, e MOITO MENOS VOTAR VIA TELEMÁTICA porque entonces o Comité está arrogándose unhas competencias que só lle corresponden a Asemblea Xeral, e sen ánimo de ofender parece unha auténtica metedura de pata por parte do Comité.

martes, 2 de septiembre de 2008

2º TEST DE TEMPADA: O DOMINGO 7: SAN LORENZO-XUVENTUDE EN CORISTANCO AS 11,00

O domingo día 7 de setembro novo test no camiño de preparación para la competición de este ano. No campo da ROCHEIRA EN CORISTANCO, enfrentraremonos os amigos de Verdillo, o noso campo de momento non está listo para xogar.
DOMINGO 7 DE SETEMBRO
SAN LORENZO-XUVENTUDE
AS 11,00 EN CORISTANCO.
ULTIMA HORA: Pinchade no enlace do COMITÉ DA LIGA e alí
podedes consultar o CALENDARIO DEFINITIVO DA LIGA. Xa
lle entregarei a cada un unha copia.

lunes, 1 de septiembre de 2008

PRIMEIRO TEST: LEILOIO 1 - XUVENTUDE 1

O domingo as 11 da mañán empezou a pre-tempada para nós con un amistoso contra os de Leiloio, novos na competición. O resultado foi de empate a un nun partido no que se notou o parón de dous meses. Nada que destacar salvo al famosas "agujetas" que seguramente temos todos hoxe. Conseguirmos xuntar 11 xustos, debido a que algúns aínda seguen lesionados, outros non poderon acudir por motivos familiares e outros forón de bodorrio, así que xustiños, xustiños. O domingo novo partido amistoso para ir meténdolle minutos ao corpo, porque senón non damos arrincado.