Hoxe tocou madrugar porque iamos xogar a Corcubión. Esta vez os compañeiros xogadores portaronse porque foron 17, algo nunca visto ata agora. ¿Será o efecto do liderato? Se é así é un un bó aliciente.
O partido non puido comenzar de millor xeito, aos 10 minutos marcou Iván tras recibir un gran pase e dentro da área cruzouna a o pao esquerdo do porteiro. Cinco minutos máis tarde Isidro marcou de cabeza un gran saque de corner lanzado por Joaquín. Ese sería o resultado final.
Que nadie pense que pese a ir gañando aos 15 minutos o partido foi fácil. Nin moito menos, porque aos 35 minutos os de Corcubión puxeron a proba a Oscar o novo fichaxe na porteria, que precisamente debutou con nós e que respondiu con dúas grandes paradas. Uns minutos máis tarde tocounos vivir o susto da mañán, porque nunha salida, Oscar recibiu unha plancha que nos fixo temer por la súa perna dereita. Afortunadamente non foi máis que un golpe.
No descanso 0-2, pero nós perdemos o control do partido, sobre todo no medio campo, no que Isidro se tivo que multiplicar para tapar os ocos que deixabamos.
Mediada a segunda metade tivemos dous libres indirectos dentro da área contraria que non aproveitamos e tamén dúas grandes xogadas nas que nos quedamos solos diante do porteiro, pero non acertamos.
Eles, agora con fútbol directo, intentaban poñernos en apretos e Domingos tivo un man a man contra Oscar que sacou novamente. Cara o final unha falta directa ao borde da área fixo que novamente Oscar se lucira salvando un gol seguro.
En resumen partido bronco, regularmente xogado pero que creo que gañamos merecidamente , sobre todo pola firmeza defensiva y pola pegada, porque nas tres primeiras chegadas marcamos dous goles.
O millor a presencia de 17 xogadores e os callos en Coristanco...jejejeje.....
En canto a xornada en primeira os dous favoritos S. Román e Bergan empataron, o Baio goleou o Bértoa, o Castriz gañoulle o Vimianzo, o Nantón o Camariñas e o Cabana ó Ponteceso
En segunda comandan a clasificación Corcoesto, San Lorenzo, Coristanco e Buño con seis puntos.
O VIERNES DIA 1 A HORA DE COSTUMBRE PRIMEIRA CEA DA TEMPORADA NO CLUB SOCIAL DO BAR FERGO DE CANCES. O MENÚ SERÁ O DE SEMPRE....ESPEREMOS QUE ACUDADES TODOS OS QUE POIDADES.
Agora déixovos unhas fotos do partido, perdoade a calidade porque son feitas con un equipo prestado:
6 comentarios:
Vai comenzo noraboa. Xa vexo que tendes organizada festa para o viernes. Nooooo se vos non perdedes o tempo e facedes ben. Celebrade o liderato o tempo que vos dure.......ah e coidado cos controles o viernes.....estes cabrons están en todas as partes
Alguen lle ten k dicir a xente de corcubion que non se vive desto. Xa non e o primeiro k retiran e non aprenden. Eso e o que hay k castigar e non as protestas
noraboa polo arranque
¿Alguén sabría dicir cal e o secreto ou as diferencias con anos pasados, pra este arranque tan exitoso desta tempada?
¿hay fichaxes relevantes ou qué?
Non creo que sexa unha cuestión de fichaxes, que efectivamente os houbo, pero tamén tivemos retiradas significativas que aportaron moito o equipo no pasado. O do arranque es unha cousa anecdótica, gañamos dous partidos, nada máis, e polo resultados estamos ahí, pero tamén está o Castriz que é un recien ascendido. Tranquilos que o tempo a de poñernos no noso sitio, de todos os xeitos antes de que nos quiten o liderato vamos a facer unha churrascada todos xuntos, que para nós e mais importante que o liderato.
Será importante para ti,"larpeirete"(no bo sentido da palabra).Noraboa!
O bertoa k o sepas ganou e vimianzo descansou
Publicar un comentario