2011-01-30 ZAS 0 - XUVENTUDE 1 |
XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
domingo, 30 de enero de 2011
TRABALLADA VICTORIA: ZAS 0 -- XUVENTUDE 1
sábado, 29 de enero de 2011
¡¡¡ULTIMA HORA!!!! ZAS --- XUVENTUDE ÁS 12,00 EN ZAS
domingo, 23 de enero de 2011
EXCELENTE O COCIDO DE VENRES E EXCELENTE O RESULTADO DE HOXE: XUVENTUDE 5 - CABANA 1
COCIDO 21--01-11 |
En canto o resultado de hoxe o mesmo que o cocido: excelente. Partido xogado en Cabana con pouca historia xa que o Cabaninter só aguantou os treinta primeiros minutos nos que inclusive mandou un trallazo ao poste. Xa sabemos que cando un equipo está en horas baixas non lle sae nada e por enriba a sorte non cae para o lado de un.
Despois de tirar ao poste eles, tres minutos máis tarde, sobre o 35 boa xogada de Vega pola banda que centrou e Joaquín cruzou moi ben a pelota. No minuto cuarenta nun despiste defensivo dos contrarios marcou Pallín un bonito gol pegándolle con efecto. Ao final da primeira parte 2-0.
Na segunda parte aos 10 minutos gol de Alberto de cabeza a saque de corner. Aquí acabouse o partido practicamente. Sobre o minuto 20 e 25 marcou Iván o cuarto e quinto gol. Acortaron eles distancias sobre o minuto 35. Partido xogado con moita deportividade por ambos equipos, intentando xogar o fútbol, sen patadóns.
A xornada deixounos poucas sorpresas e destacamos o triunfo contundente do Bergantiños contra o Nantón 0-4, co cal os de Carballo seguen ao fronte da clasificación e parece que xa non pensan abandonala. Gran campaña dos German-boys que están intratables e son o candidato número un a gañar a Liga na que permanecen unha vez máis invictos. Con respecto aos demáis resultados o Zas empatou co San Román, o Corcubión segue a súa escalada imponente, o Baio perdiu co Ponteceso, o Bértoa e Castriz fixeron taboas, e o Vimianzo practicamente sentenciou ao At. Milagrosa.
En Segunda o San Lorenzo e o Buño escapanse dos demás e son firmes candidatos ao ascenso.
Agora déixovos coas fotos do partido de Cabana.
XUVENTUDE 5- CABANA 1 |