Antes de rematar as crónicas da tempada vou FELICITAR AO BERGANTIÑOS polo ben que nos gañou nesta eliminatoria. Mereceron pasar, son mellores e ante iso non temos nada que facer, salvo intentalo para outro ano e con outros argumentos. NORABOA.
Tamén quero FELICITAR ao AT. MILAGROSA pola brillante campaña realizada na copa. Noraboa e sorte
A eliminatoria xa se decidira o domingo pasado en Cances, pero de todos os xeitos intentámolo. O mister decidiu arriscar e saimos o campo con 3 defensas: Pedro, Alberto e Moi, dous medios: Isidro axudando a defensa e Joaquín intentando organizar, Pallín de media punta e nas bandas Bernardo e Roberto, arriba Manolo Sorribas e Vega. Presionamos ata quedar sin alento, e incluso xogamos certo tempo no campo deles. A defensa adelantada case que no centro do campo supuxo que eles incurriran unha e outra,e outra vez en fora de xogo, pola contra ao asumir riscos tamen chegaron un par de veces con facilidade diante de Chuspo. Nunha fallaron un gol cantado que pegou no largueiro. Así aguantamos ata o minuto 35 máis ou menos. Aquí xa morreu o conto. O trencilla desde o circulo central estimou que Chuspo lle fixera penalti a Ambrosio, pitouno e enseñoulle a tarxeta o noso porteiro. Marcou Victor o 1-0. Non tuvo o mesmo criterio cando Isidro, unha vez máis, foi derribado na área deles.
O final desta primeira parte o mister puxo a catro defensa e reaxustou o equipo. O cansancio xa empezaba a facer mella nalgúns xogadores, e o gol acabou de matarnos.
Na segunda parte pintamos o ridículo. Empezamos coa caraja habitual deses 15 minutos que non sabemos nin onde estamos. Máis que un equipo fomos unha banda, cada un xogou a seu aire, donde quixo e como quixo, bueno o de xogar e por dicir algo. O segundo gol cainos nunha perdida de balón no campo deles, atrás quedaron solo Suxo e Alberto, e como eles non son tontos colliu a pelota Victor foise por patas e 2-0. A partir de aquí o único que fixemos foi divertir aos contrarios. No banquillo deles xa estaban os pesos pesados, Chilin, Pea, Alexo..todo dios o pasou en grande, xogadores, directivos, aficionados, todos, a superioridade era tan manifiesta que nós por corriamos coma polos sen cabeza detrás deles. Poideron meternos 10 goles sin despeinarse, era tal a facilidade que lles demos que incluve un xogador deles nos metiu dous "pases de peito" sen tocar a pelota. Cando eu me tuven que marchar do campo ibamos perdendo 6-0. O resultado fina foi 6-1. Desde logo os contrarios non sufriron moito para golearnos porque por non meter nin metemos o pé, se algún contrario se lesionou foi porque resbalou e caiu. Sintoo por Chuspo, para min quizas o millor porteiro da liga, porque debiu de desesperarse vendo como as hordas do Bergantiños chegaban ante él sin que nadie o impedira. Pero nós somos así todo bondade.
Pitou Gerardo, asistido nas bandas de José-Antonio e Juan. Sen comentarios porque de onde non hai non se pode quitar.
Pitou Gerardo, asistido nas bandas de José-Antonio e Juan. Sen comentarios porque de onde non hai non se pode quitar.
Esta non era a imaxen coa que debiamos despedir esta tempada pero o fútbol é así, de todos os xeitos gracias a todos os xogadores polo esforzo realizado, e tamén polos resultados acadados, foi un ano moi bó....si señor.
TAL E COMO PROMETIU O PRESIDENTE O 18 DE XUÑO TEREMOS A CEA-BAILE NO CENTRO SOCIAL DE CANCES. NUN PRIMEIRO AVANCE CONTAMOS CON TODOS OS XOGADORES, DIRECTIVOS, COLABORADORES, e algo moi importante, esto tamén inclue AS MULLERES, NOIVO/A, ETC, ECT.. HABERA QUE CONFIRMAR A ASISTENCIA E DICIR CANTOS VEÑEN, PARA PODER FACER A CEA. O MENÚ NON O SEI.
TAMÉN PODERA ASISTIR XENTE QUE NON ESTEA VINCULADA A ASOCIACIÓN, PREVIO PAGO DE 12 EUROS. Seguirei informando.
Agora coma sempre unhas fotiños para recordar:
BERGANTIÑOS 6 - XUVENTUDE 1 |