Nova victoria a domicilio, esta vez, contra un sempre difícil Camariñas. Partido duro nun campo que a mín me pareciu que botaba moi mal a pelota e que impedia que os xogadores lograran combinar con precisión.
O marcador abriuse no minuto 36 da primeira parte. Sacamos un corner e despois de unha serie de rechaces, Alberto conseguiu poñer o 0-1, que quizas fixera un pouco de xusticia, xa que foi o Xuventude o que más veces se acercou a área contraria. Así rematou a primeira parte.
No minuto 18 da segunda parte conseguiron empatar eles despois de unha xogada desafortunada pola nosa parte, con un fallo en cadena, que permitiu a un dianteiro deles recortar a Chuspo e poñer o 1-1 no marcador.
Volta a empezar, non nos viñemos abaixo e seguimos apretando en busca da victoria. O segundo gol chegou no minuto 38. Sacamos unha falta desde o vértice esquerdo da área deles e Alberto de cabeza marcou o 1-2. No minuto 44 chegou o 1-3 Isidro penetra na área e cruza o balón ao segundo pao por donde entraba Ramón que rematou sen oposición.
Creo que foi unha victoria xusta, aínda que moi traballada porque o Camariñas pelexa os partidos ata o final.
Agora as fotiños de rigor, que as disfrutedes:
6 comentarios:
Este ano parece ser que a consecucion do titulo e mais aberto a mais equipos.¿A quen vedes favoritos?eu o Baio
Estou de acordo, pero o San Román sempre vai a estar ahí, o Corcubión creo que está moi forte, e sobre todo, segundo se oe por ahí o San Lorenzo ten un equipazo, e despois estará o equipo sorpresa o ano pasado foi o Xuventude, quen será este ano o equipo sorpresa?
o bergan
campeon San Roman,sorpresa Castriz y descienden Buño,Vimianzo y Camariñas o Bergan
O Ponteceso
sin lugar a duda o ponteceso
Publicar un comentario