O fútbol é un deporte singular, algúns dín que é un estado de ánimo. Onte en Ponteceso non podemos dicir que practicamos o millor fútbol da tempada nin moito menos, pero en contra do que nos sucediu moitas veces este ano maldito, conseguimos o triunfo. Non é que maltrataramos a pelota, pero houbo partidos nos que fixemos moito millor fútbol e sin embargo perdemos. Comenzamos con retraso e igual nos veu ben porque de todos é sabido que nós quetamos o xustiño. A historia do partido podese definir en querer e non poder. Na primeira parte o Ponteceso foi polo partido e tuvo máis posesión da pelota pero case que non conseguiron chegar con perigro, eu solo anotei unha chegada de Mouzo só ante o noso porteiro, partindo de un claro fora de xogo, que estrelou a pelota no largueiro, e un centro desde a dereita que ningún dos seus dianteiros acertou a rematar. Pola nosa parte outras dúas: unha de Pallín ante o porteiro que éste lle sacou, e outra doble primeiro de Vega que se plantaou diante do porteiro pero conseguiu sacar a pelota que caiu nos pés de Suso e rematou fora. Na segunda parte o mesmo que na primeira. eles teñen máis posesión, pero non sei se foi debido a que estaba O Pelat Surribas no banquillo (de todos é sabido que en Ponteceso sempre lle saen bos partidos e coas súas galopadas preocupa a defensa contraria) o certo é que decidiron adiantar a defensa case que ata o medio campo, é nós empezamos a facerlle moito dano polas dúas bandas. Antes de marcar xa García tuvo un man a man contra o porteiro e o rechace mandouno Suso ao pau dereito da porteria deles, pero a insistencia deste noso xogador tuvo o seu premio e marcou un bonito gol, con regate incluido no área. Eles achuchaban e nós a contra chegamos con claridade. Outro tiro o largueiro por parte de Suso e finalmente xogada de Vega que dribla ao defensa e centra para que Garcia ben desmarcado marque de cabeza a porta baleira. A partir de aquí eles empuxaron e tiveron a súas oportunidades sobre todo a balón parado ao borde da área, xa que quitaron unas cinco o seis faltas na frontal, pero non tiñan o seu día (e de eso nós sabemos un rato largo este ano). Final do partido no que sinceramente creo que ganamos con xustiza porque dispuxemos de más oportunidades e máis claras. Esta vez hai que darlle un dez a a actitud defensiva de todo o equipo que incluso fixo algunha falta táctica no medio do campo, cousa rara en nós. Xa sei que seguramente será unha sorpresa para os outros equipos, dada a nosa clasifiación, pero repito unha vez máis houbo varios partidos nos que xogamos bastante millor e saimos derrotados, por iso digo que o fútbol é caprichoso. Quedannos catro partidos e o noso obxectivo é disfrutar desta primeira división, aínda que por outra banda, tal como están as cousas igual nos vemos involucrados no asunto do outro descenso, xa que nos quedan catro partidos: Bértoa, Baio, Camariñas e Cabana e todos están na "pomada" do descenso. Así que van ser todos os partidos moi...moi difíciles e seguramente tensos.
O partido do Bértoa estamos intentando xogalo un viernes pola noite (igualito que na Fórmula 1 jejeje...e sería o ideal) pero temos dificultades para que nos deixen un campo porque a maioría dos equipos entrenan ese día, no caso de non conseguir campo teríamos que xogar un sábado e iso é unha jodienda porque serían dous partidos en doce horas. Por outro lado, aunque desgraciadamente nós xa non nos xogamos máis que a honrilla, non queremos perxudicar nin alterar a competición porque hai equipos que estan a xogar a permanencia.
Agora unhas fotiños do evento de onte. Xa sabedes: pinchar nela e despois en presentación de diapositivas. Ah! e para o ano como non participedes máis no blog pechoo e a tomar por saco porque perdou máis horas ca ....d.....e prestade atención a foto número 17 na que Vega está ante o porteiro, pinchade na lupa que está arriba a dereita para ver a foto ampliada e mirade o que se ve........¡un 10 para o fotógrafo.......! ¿ou non?....jeje.....iso sí non se recolleron os goles......foi a emoción...jajajaja.