XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 30 de marzo de 2010

COPA: DIA 11 DE ABRIL, CORCUBIÓN -- XUVENTUDE

Onte ás 21,30 horas con unha puntualidade case que británica comenzamos a asemblea. Depois de pasar relixioxamente a pagar as sancións empezamos a desenrolar os seguintes puntos da orde do día. Unha vez máis, e é de agradecer, todo foi coma un tiro, decisións rápidas. A copa a "caida", e dicir, a verdadeira copa, partido de ida e volta con valor dobre dos goles en caso de empate. O primeiro partido é o día 11 e a final será en Castriz, equipo que se prestou a organizar a final o día 6 de Xuño. Que teñan sorte coa organización. A nós tócanos xogar o día 11 en Corcubión e o partido de volta será o 18. A esquerda, podedes ver o que deparou o sorteo de daceseisavos de final do que quedaron exentos cinco equipos para octavos. A dereita podedes ver as estatísticas que nos entregou a Asociación, na que constan as tarxetas, goles, etc, de cada xogador. Para poder velas millor pinchade nelas. Finalmente vamos a deixarvos, como case sempre unha reportaxe gráfica da asemblea de onte, na que houbo unha participación case do 100 por 100, isto parece millorar. ¡¡viva o fútbol de veteranos!!
ASAMBLEA 29-03-10

domingo, 28 de marzo de 2010

ACABOUSE.: XUVENTUDE 2 - ZAS 2

Acabouse esta liga. Só nos queda felicitar ao equipo do BERGANTIÑOS brillante vencedor desta tempada, así como aos dous equipos que lograron o ascenso de segunda a primeira: O Castriz brillante campión e o At. Milagrosa segundo, ambos na súa primeira participación. ¡¡¡¡Noraboa aos tres!!!
Nós pola nosa parte empatamos novamente a dous goles co Zas, nun partido do que no vou a facer comentarios......en fin
Aquí tendes os últimos resultados e as clasificacións definitivas:
JV.BERGANTIÑOS
2
2
ZAS
CORCUBION
6
1
CLUB DEL MAR
BUÑO
0
3
BERTOA
PONTECESO
3
3
BAIO
SAN ROMAN
4
1
VIMIANZO
BERGANTIÑOS
6
2
CAMARIÑAS
CABANA
0
3
NANTON
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
BERGANTIÑOS
62
26
19
5
2
75
15
2
SAN ROMAN
60
26
18
6
2
61
24
3
CAMARIÑAS
47
26
14
5
7
66
52
4
NANTON
44
26
13
5
8
67
43
5
JV.BERGANTIÑOS
43
26
12
7
7
62
47
6
CORCUBION
42
26
12
6
8
71
54
7
ZAS
36
26
10
6
10
55
49
8
PONTECESO
35
26
10
5
11
54
49
9
CABANA
* 33
26
11
2
13
63
75
10
BERTOA
30
26
9
3
14
74
72
11
BAIO
29
26
7
8
11
49
60
12
VIMIANZO
25
26
8
1
17
55
87
13
BUÑO
* 14
26
4
4
18
28
71
14
CLUB DEL MAR
9
26
2
3
21
28
110
SAN LORENZO
3
0
MALPICA
CASTRIZ
3
1
U.D.CERQUEDA
PORTEÑO
2
0
LEILOIO
SOFAN
1
3
AGUALADA
CORME
1
2
AT.MILAGROSA
CORISTANCO
1
1
DP.CARBALLO
DESCANSA
CORCOESTO
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
CASTRIZ
53
24
16
5
3
61
29
2
AT.MILAGROSA
51
24
15
6
3
46
22
3
CORISTANCO
44
24
12
8
4
58
33
4
CORCOESTO
40
24
12
4
8
47
41
5
U.D.CERQUEDA
35
24
10
5
9
42
37
6
SAN LORENZO
33
24
9
6
9
50
51
7
PORTEÑO
31
24
8
7
9
29
32
8
SOFAN
27
24
6
9
9
32
35
9
CORME
27
24
7
6
11
45
51
10
DP.CARBALLO
24
24
6
6
12
32
43
11
MALPICA
22
24
6
4
14
31
54
12
LEILOIO
21
24
4
9
11
26
44
13
AGUALADA
20
24
5
5
14
30
57

XUVENTUDE 2 --- ZAS 2

sábado, 27 de marzo de 2010

ULTIMO PARTIDO DE LIGA: XUVENTUDE -- ZAS, AS 11,00 NO VINCULEIRO STADIUM

Esto está acabando. Coa excepción de quen van a ser os campións de ambas ligas, que non é pouco, todo o demáis xa está decidido. Sorte para os catro equipos implicados. Pola nosa parte tócanos xogar o último partido en Cances a hora de sempre, as 11:00, contra o Zas, se conseguimos os tres puntos, conservaríamos a cuarta posición, e senón seriamos quintos, o mesmo resultado que conseguimos o primeiro ano que se desdoblaron as duas ligas, o cal no está mal. A tempada para nós foi fantástica, sobre todo despois da nefasta campaña que fixemos o ano pasado. A incorporación de novos xogadores fixo que o equipo se fixera más compacto e máis forte. O adestrador tamén creo que ten algo que ver nesto. O ano pasado, e os anteriores, fomos un equipo ao que se lle facían goles con facilidade, pero este ano, con excepción das últimas pachangas, conseguimos estar entre os cinco equipos menos batidos. Noraaboa a todos os xogadores, entrenador e delegado, polo seu esforzo e por estar ahí domingo tras domingo. Vémonos mañán en Cances ás 11:00, e acordarse que hai cambio horario, así levantarse pola hora nova.........

lunes, 22 de marzo de 2010

DOBLE XORNADA: VIERNES E DOMINGO: DÚAS VICTORIAS

Como se dí por estos lares está todo o pescado vendido,.Coa excepción de saber quen será o campión, todo o demáis xa está arranxado. Os dous últimos clasificados son o Club de Mar e o Buño, e só falta saber quen será o gañador desta liga que se convertiu nun "duólogo" entre o Bergantiños e o San Román. A última xornada decidirá quen é o campión. Os demais só nos estamos a xogar pachangas, e nótase nos marcadores abultados producto da relaxación xeral dos equipos que non se xogan nada. A nós tocounos xogar venres contra o Vimianzo 8-4 e domingo contra o Club do Mar 1-4. Son os inconvenientes de ter partidos aprazados, e así algúns dos nosos xogadores case se converten en xogadores da "Premier League" e xogaron moitos deles tres partidos en tres días. Non estaría demais ter en consideración o de deixar unha xornada tanto na primeira coma na segunda volta para solventar estos partidos, ou como fan noutras ligas: xogar a copa o último domingo de cada mes, co cal se quedas eliminado tes un fin de semán libre. As donas seguro que o agradecerían, pero eso terá que ser decidido na asemblea, e son os delegados os que teñen a palabra. Vamos a ver cal é o formato que se acorda para xogar a copa. Espero que non sexa o fiasco do ano pasado, e que se volte a "copa de verdade" con eliminatorias a caida, porque senón esto vaise eternizar. Antes de nada felicitar ao Castriz que xa é equipo de primeira, queda pendiente a segunda praza, e a esperar a resolución do campionato en primeira no que un empate chegarialle o Bergantiños para proclamarse campión. Acabo de leer o primeiro comentario e doulle as grazas ao seu autor, porque efectivamente o At. Milagrosa tamén conseguiu o ascenso de categoria, felicidades, en especial a súa Presidenta Carmen Vila, conseguíchelo a primeira querida compañeira.¡¡Felicidades!! Agora unhas fotiños dos partidos do venres e domingo.
XUVENTUDE-VIMIANZO 19-03-10
FOTOS
CLUB DE MAR 1- XUVENTUDE 4, 21-03-10
DO DOMINGO:

lunes, 15 de marzo de 2010

AL ATAQUI...AL ATAQUI: XUVENTUDE 5 -- BERTOA 5

Partido loco. Na primeira parte 1-1, pero na segunda 8 goles algúns de moi bonita factura. Na segunda parte eles marcaron dous goles en tres minutos e poideron meter outros dous. Conseguirmos recortar, empatar e poñernos por diante, pero cando o ábitro esta silbando o final conseguiron empatar. Correcalles pachanguero na segunda metade, pero bonito, con golazos sobre todo os dous últimos, un por cada bando. Agora ahí están as fotos de rigor:
XUVENTUDE 5 -- BERTOA 5
O COMITÉ FIXOU DATA PARA O PARTIDO APRAZADO XOGARASE O DIA 19 DE MARZO AS 11.00 NO VINCULEIRO STADIUM DE CANCES XUVENTUDE -- VIMIANZO

sábado, 13 de marzo de 2010

martes, 9 de marzo de 2010

BAIO 1 -- XUVENTUDE 1

Partido sen moita historia no Platas Reinoso, no que cecais o máis destacable foi a estrea por parte do noso Xavier da súa nova equipación..¡¡¡Xa iba sendo hora de que che comprara o equipo un equipación!!!!. Mirade que contento está .....Empate xusto. Na primeira parte eles tiveron máis o balón pero apenas crearon perigro. Nós xogamos bastante regular, perdemos moitos balóns e só chegamos un par de veces. A xogada más perigrosa foi por parte de Fidel que lanzou ao pau desde fora da área.
Na segunda parte máis do mesmo, ata que marcaron eles no minuto 30-35. Sobre o minuto 40 empatou o Pelat Sorribas e a partires de aquí tivemos varias ocasións claras que desperdiciamos. O sexa un partido sen moita historia.
Con respecto a xornada, o tan esperado encontro entre os dous millores equipos da competición: Bergan e San Román, quedou nun 0-0. Vése que o que máis e o que menos tiña medo a perder. Contaronme que excepcionalmente neste partido pitaron TRES ÁRBITROS: un principal Isidro ( o Colina do campionato, parece ser,....jejejeje, e dous líneas: Rama e Gerardo) o que en certo modo me sorprendiu, o mesmo que me sorprendiu que non se publicasen no blog o nome dos árbitros que dirixian este domingo os partidos. Con respecto aos demáis encontros o Cabana goleou ao Club del Mar, o Bértoa gañoulle ao Zas e sale do perigro de descenso, o Vimianzo perdiu co Corcubión, o Camariñas sigue a súa racha imparable e gañoulle ao Buño que segue en postos de descenso, e Nantón e Ponteceso firmaron tablas.
En Segunda divisón tamén se xogou un partido importante para os postos de ascenso. O At. Milagrosa e Castriz, primeiro e segundo, tamén firmaron tablas, pero estes non tiveron tanta sorte coma os de primeira e tiveron que conformarse con UN SOLO ÁRBITRO............son che cousas do fútbol.........así que siguen na loita xunto co Coristanco para acadar dos postos de ascenso. Destacar que o Malpica volve a gañar e que o Agualada estálle collendo o tranquillo e goleou o San Lorenzo-
Agora como case sempre déixovos coa reportaxe fotográfica do partido de Baio:

viernes, 5 de marzo de 2010

CAMBIO DE HORA: BAIO -- XUVENTUDE AS 12,00

Acabo de enterarme agora mesmo despois de mirar o correo electrónico do club, a instancias de un compañeiro, que o partido do domingo xógase as 12,00 da mañán. Chamei o representante do Baio e sí efectivamente confirmoume que se xogaba as 12,oo.
BAIO -- XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS
CAMPO: PLATAS REINOSO DE BAIO
DOMINGO 7 DE MARZO
HORA: 12:00

jueves, 4 de marzo de 2010

DOMINGO 7: BAIO --- XUVENTUDE

O domingo dia 7 tócanos xogar en BAIO á hora de costumbre: 11. Quedan catro partidos, a nós un máis que é o aprazado, así que a liga case que está finiquitada. Para o ano xogaremos en primeira división, que era o obxectivo primordial.
Con respecto aos resultados da xornada anterior destaca a goleada do Bértoa ao Club de Mar por 0-11, que xunto coa derrota do Buño fronte o Nantón, fai que o equipo de Carballo tome un respiro importante. O San Román gañoulle ao Cabana pola mínima e o Bergantiños gañou en Ponteceso, co cal o domingo na Porta Santa en Paiosaco podería decidirse más de media liga, porque se gañan os "rojillos" poranse a 5 puntos e se gañan os "azuís" serían líderes con un punto por enriba. Partido de infarto, sorte para ambos e que se vexa un bo partido de fútbol. Polo demáis o Camariñas, que gañou en Corcubión, xa se convertiu no equipo revelación por excelencia e marcha disparado no terceiro posto. Ollo que este equipo pode ser o xuiz da liga posto que deberá de disputar os dous últimos partidos co San Román e Bergantiños, respectivamente, casí nada. Nos postos de descenso o Club de Mar xa o consumou e o Buño se non espabila ándalle cerca.
Na segunda división sigue a loita entre At. Milagrosa, que é o líder, o Castriz e o Coristanco, que se xogarán as dúas prazas de ascenso. E de destacar que tanto o At. Milagrosa coma o Castriz son novos nesta liga e están facendo as cousas moi ben.